Neste primeiro trimestre, os Sentinelas do Legado tamén están inmersos no contexto “Saboreando”. Un percorrido polos sabores de Galicia para descubrir a riqueza gastronómica da nosa terra.
A través deste contexto, o alumnado desenvolve competencias clave como: a competencia social e cidadá, ao coñecer e valorar os produtos, receitas e tradicións culinarias galegas como parte do noso patrimonio cultural; a competencia en comunicación lingüística, ao recoller, organizar e compartir información sobre os diferentes sabores, elaboracións e receitas; o sentido de iniciativa e espírito emprendedor, ao planificar e presentar as súas propias propostas gastronómicas.
PETISCOS
FILLOAS
Os Sentinelas do Legado de 2º ciclo xa están inmersos no contexto “Roteiro histórico”. Unha apaixonante actividade de investigación sobre os lugares emblemáticos de Marín.
A través deste proxecto, o alumnado desenvolve competencias clave como: a competencia social e cidadá, coñecendo e valorando o patrimonio local; a competencia en comunicación lingüística, ao recoller e compartir información; a competencia dixital, mediante o uso de ferramentas de busca e presentación; e o sentido de iniciativa e espírito emprendedor, ao organizar o seu propio roteiro histórico.
Unha viaxe no tempo e no espazo que, sen dúbida, traerá grandes aprendizaxes e descubrimentos.
A través dunha metodoloxía activa baseada en preguntas reais, recollida de datos e reflexión conxunta, compartimos coñecementos, experiencia e valores, fomentando o autocoñecemento, a cooperación e o respecto.
🚶♀️🚴♂️ Coincidindo coa Semana Europea da Mobilidade, o alumnado de 3º ciclo traballou no contexto matemático as MEDIDAS.
Foi unha oportunidade para achegarnos á nosa contorna máis próxima, aprender a movernos con conciencia e aplicar conceptos matemáticos como:
📏 medición de distancias
📐 planificación de percorridos
📊 recollida e análise de datos
Seguiremos informando dos seus avances!