E TI DE QUEN VÉS SENDO? é unha viaxe colectiva que afonda na nosa identidade persoal e local a través do coñecemento do patrimonio cultural, oral e material de Marín e Galicia. Ao longo deste percorrido, o alumnado conecta coas súas raíces, historias persoais e co patrimonio que nos rodea, descubrindo como todo isto conforma a nosa identidade e fomenta unha mirada respectuosa, crítica e comprometida coa diversidade e a comunidade.
"Sentinelas do legado:
coñecendo o pasado, construíndo o futuro"