Comeza a súa andaina un novo espazo para os amantes das letras e da creatividade! No Letre-Laxe reunímonos durante as horas de lecer para aprender técnicas de lettering, caligrafía e outros estilos artísticos de escritura.
Ademais de practicar a escritura artística, o alumnado participante terá a oportunidade de explorar diferentes estilos e materiais, e de desenvolver proxectos propios no marco dun grupo colaborativo.
Unha oportunidade perfecta para aprender, crear e socializar nun ambiente creativo e aberto.