O planeta está en perigo e nós, como GARDAS DO ESPAZO, temos a misión de salvalo. Xa estamos acreditados para comezar esta nova MISIÓN.
A través dunha aproximación científica, o alumnado explorou a orixe do cosmos, a evolución da vida na Terra e a composición do sistema solar. Este período estivo centrado en fomentar a curiosidade científica, o pensamento crítico e a capacidade de investigar.