Coa chegada do decembro iniciamos os nosos proxectos interniveis cargados de ilusión e emoción. O novo eixe de interese non podía ser outro que o Nadal, unha época chea de maxia, encontro e aprendizaxes compartidas. Durante estas semanas de decembro desenvolvemos dous obradoiros nos que o alumnado tivo a oportunidade de colaborar e crear:
A través da cociña exploramos, experimentamos e desenvolvemos habilidades ao tempo que compartimos tempo, conversa e ilusión con un resultado inmellorable, as nosas galletas de Nadal.
A través dos Kapla e Lego levamos a cabo propostas libres e tamén guiadas seguindo as instruccións para dar forma ao Nadal.
O outono chega á Laxe e con el iniciamos o noso segundo proxecto en Infantil: "Froitos do Outono". Unha oportunidade única para descubrir os segredos desta estación por medio da observación das nosas árbores e as súas follas e froitos.
A través de experiencias sensoriais, receitas e plantacións, exploraramos texturas, sabores, cores e aromas que nos ofrece a natureza máis próxima.
A nosa primeira parada foi ao marmeleiro que temos no patio de primaria. Comprobamos que estaba cheo de marmelos a piques de caer. Observamos as súas cores, formas e cheiros, e descubrimos como a natureza cambia co OUTONO.
Aprendemos que os marmelos serven para facer marmelada, e investigamos sobre o que precisamos para preparala: froita, azucre e moito agarimo.
Visitamos o noso marmeleiro
Recolectamos marmelos
E preparamos a nosa colleita
Coñecemos os marmelos
Lavámolos
Cortamos un a un
Elaboramos a receta
E degustamos
Continuando coa exploración da nosa contorna, descubrimos que o patio de infantil conta cun robusto carballo. A partir de aí iniciamos unha pequena investigación sobre as landras: falamos de onde veñen, que precisan para medrar e por que son tan importantes para os animais e para os bosques.
Grazas ao conto “O carballo con botas” de Anxo Moure, comprendemos a importancia de coidar as árbores e respectar a natureza. Inspirados pola historia, decidimos facer a nosa propia plantación de carballos.
Con moita ilusión, plantamos as landras recollidas no patio, co compromiso de coidalas e observar como medran día a día.
Recolectamos landras polo patio
Descubrimos o “O carballo con botas”
Plantamos as nosas landras
Regamos unha a unha
Esta semana, os Sentinelas continuaron a súa aventura para seguir coñecendo o outono galego. Para iso, vivimos unha proposta moi especial: a nosa aula converteuse nun bosque máxico, cheo de cores, sons e arrecendos que nos axudaron a redescubrir esta estación tan especial.
As follas crocaban, arrecendos de auga e pedriñas, cores cálidas e froitos apetecibles convidaron a tocar, ulir e observar. A través dos sentidos, os nenos e nenas exploraron, compararon, clasificaron e expresaron o que sentían, traballando así a observación, a linguaxe, a atención e a expresión sensorial.
Foi unha proposta coa que desfrutamos moito, na que os elementos naturais presentados ofreceron situacións de aprendizaxe significativas para coñecer, preguntar e crear.
INSTALACIÓN DO OUTONO: OBSERVAR, EXPLORAR E CREAR
Continuando as actividades do noso proxecto sobre os Froitos do outono, preparamos unha proposta que combinou a observación, a creación libre e o xogo sensorial. A través dunha instalación artística, os sentinelas puideron descubrir e identificar os elementos característicos desta estación, promovendo a sorpresa e a curiosidade e facilitando que unha participación libre e significativa.
Nun primeiro momento (Fase de Observación), identificamos cores, formas, tamaños e texturas, aprendendo a nomear e comparar os elementos do outono: follas, troncos, paus, landras, pinas, millo... A continuación (Fase de Exploración), manipulamos e combinamos libremente os materiais deixando voar a creatividade e fomentando a autonomía, a expresión artística e a sensorialidade. E finalmente, (Fase de Recollida/Reflexión), os Sentinelas escolleron os elementos que querían recoller e fixeron unha valoración sobre aquilo que máis lles gustara.
SAÍDA: FINCA DE BRIZ
O broche final ao proxecto Os froitos do outono, culminou coa saída á Finca de Briz, onde os sentinelas puideron observar, experimentar e achegarse a súa contorna máis próxima de xeito significativo.
Entre risas, carreiras e momentos de calma, aprenderon que cada estación nos regala novas sensacións e oportunidades para explorar.
Os máis cativos remataron a súa primeira semana no cole cunha nova aventura: saíron en busca das vides por Marín. Así iniciaron o proxecto da VENDIMIA, unha viaxe sensorial que os convida a descubrir as tradicións, raíces e historias que seguen vivas na nosa contorna.
Ao longo do proxecto "A VENDIMIA", realizamos diversas actividades que nos permitiron descubrir distintos aspectos relacionados coas UVAS:
Mergullámonos no método artesanal do pisado da uva.
Visitamos o supermercado para coñecer os diferentes tipos de uvas.
Probamos novos sabores.
E creamos a nosa viña artística.