Hoxe, no noso Laxeverso, conmemoramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Unha xornada adicada á convivencia, ao respecto e á sensibilización pola igualdade de dereitos.
Littlegospel acompañounos con "El viaje de Jasir", un contacontos musicado que nos levou por diferetes lugares, épocas e emocións a través da música góspel.
Tras a actuación, comezamos a crear a nosa apócema simbólica da paz, engadindo un pouco de sorrisos, apertas, esperanza, empatía, agarimo...tan necesarios para construír a paz día a día.
Co arrecendo a galletas e postais, a BIBLIO despediu o último Laxeverso do ano en comunidade.
Grazas a nosa ANPA Fonte do Peso por regalarnos a fermosa historia de O CARTEIRO QUE NON SABÍA LER de Susana Peix e uns obradoiros moi especiais no que lembramos que o mellor regalo non se envolve senón que se comparte.
Hoxe, celebramos o Día da Infancia en comunidade a partir do álbum ilustrado "GLOBO VERMELLO" de Iela Mari . Unha historia sen texto que nos invitou a unha viaxe chea de transformacións.
Para unha ocasión tan especial contamos co profe Alejandro, que nos sorprendeu cun divertido taller de malabares, lembrándonos a importancia da creatividade e do xogo na infancia.
8 PLANETAS = 8 LAXEVERSOS
Unha viaxe irrepetible polo universo dos contos sostibles, compartidos en comunidade.
O resultado: un resumo cheo de aprendizaxes, emocións e reencontros que deixan pegada.