Un Nadal máis, visitamos aos nosos maiores nas residencias de Marín. Con moita ilusión preparamos panxoliñas, xogos e manualidades e recibimos algún que outro agasallo pero, sobre todo, desfrutamos de momentos cheos de agarimo e aprendizaxe CONECTANDO XERACIÓNS.
Grazas a Saraiva, Afapo, Residencia do maior e Centro de día por facelo posible.
Esta actividade enmárcase no programa de Centros Referentes na modalidade de Proxectos de Inclusión Educativa (PIE) - CONVIVENCIA da Consellería de Educación.
Con motivo da celebración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, o nosos sentinelas realizaron unha acción de APRENDIZAXE-SERVIZO moi especial: elaboraron e entregaron taboleiros de comunicación con pictogramas en diferentes establecementos de Marín para facer a contorna máis accesible a todas as persoas.
Dentro do PDI “Sentinelas do legado”, o alumnado converteuse en verdadeiros sentinelas da inclusión, promovendo valores como o respecto, a empatía e o dereito universal á comunicación.
Grazas aos comercios colaborades pola súa acollida e compromiso. Xuntos construímos unha localidade e comunidade máis ABERTA e INCLUSIVA.
Esta actividade enmárcase no programa de Centros Referentes na modalidade de Proxectos de Inclusión Educativa (PIE) - CONVIVENCIA da Consellería de Educación.
No marco da nosa campaña "FRONTE A VIOLENCIA DE XÉNERO, A VALENTÍA É O PRIMEIRO", os nosos sentinelas saíron ás rúas para compartir moito máis ca unha pulseira: compartiron unha mensaxe de apoio, compromiso e tolerancia cero ante calquera forma de violencia de xénero.
Tamén veu a luz o videopoema creado por unha das nosas sentinelas. Un traballo cheo de sensibilidade, forza e compromiso, do que nos sentimos profundamente orgullosas/os.
Esta actividade enmárcase no programa de Centros Referentes na modalidade de Proxectos de Inclusión Educativa (PIE) - CONVIVENCIA da Consellería de Educación.
O martes 11 de novembro celebramos no cole o noso tradicional Magosto cargado de aprendizaxes e convivencia grazas a toda a comunidade educativa, á Asociación Juan XXIII e a nosa ANPA.
Ben cedo, as familias voluntarias comezaron a asar as castañas que o alumnado foi traendo ao longo da semana. Tras a merenda compartida, chegaron os xogos populares.
Grazas a colaboración da Asociación Juan XXIII o noso pavillón converteuse nunha mostra de xogos tradicionais galegos elaborados no centro ocupacional dentro do obradoiro de carpintería. En grupos internivel fomos coñecendo unha a unha as diferentes propostas enriquecendo o noso propio PDI e promovendo unha experiencia inclusiva e colaborativa.
Esta actividade enmárcase no programa de Centros Referentes na modalidade de Proxectos de Inclusión Educativa (PIE) - INCLUSIÓN da Consellería de Educación.
Entre sustos e risas, o SAMAÍN trouxo á Laxe uns obradoiros emocionantes, cheos de contos arrepiantes, experimentos misteriosos, maquillaxe terrorífica, decoración de cabazas e ata unha sala sensorial.
Foi unha xornada chea de imaxinación, creatividade e diversión, na que o cole se encheu de cores, luces e sons que fixeron desta xornada unha auténtica festa do outono.
Grazas ás familias e á ANPA pola vosa colaboración e implicación, sempre dispostas a participar.
9 OUTUBRO
No marco do Festival Internacional de Ilusionismo de Marín, o noso alumnado gozou dunha xornada chea de ilusión e sorpresas coa visita do mago Óliver. Un espectáculo divertido e participativo que encheu o cole de imaxinación e sorrisos.
Esta semana abrimos as portas a un novo curso. Iniciamos un novo camiño que traerá ilusións, retos e aprendizaxes compartidas. E con el chega tamén a pregunta que acompañará aos nosos "SENTINELAS DO LEGADO" durante todo o curso: E ti, de quen vés sendo?
O reencontro veu acompañado pola música de Fentos e frouma, unha banda sonora que nos fala do que fomos… e do que queremos seguir sendo.
Foron días de acollida, de presentacións, de dinámicas de grupo e de pequenas actividades que nos axudaron a coñecernos mellor e a poñer en marcha esta viaxe común que agora comeza e da que daremos boa conta a través desta xanela. Benvidas/os!