O 5 de xuño do 2025, coincidindo co Día Mundial do Medioambiente, celebramos a III Mostra Laxeira. As nosas familias acompañáronnos neste día tan especial no que demos a coñecer o noso Proxecto Documental Integrado "Gardas do Espazo" e culminamos con éxito a nosa misión. Foron meses cargados de aprendizaxes e emocións. Grazas a toda a COMUNIDADE educativa por facelo posible.
Todo listo para a nosa III Mostra Laxeira que terá lugar o 5 de xuño no CEIP Plurilingüe da Laxe.
Participarán todas as aulas expoñendo as diferentes propostas e accións que conformaron o noso PDI ao longo do Curso 2024-2025.
Anotádevos no formulario. Agardámosvos!