BENVIDAS E BENVIDOS A UN NOVO CURSO CHEO DE ILUSIÓN, AVENTURAS E, POR SUPOSTO, MOITAS LECTURAS!
Na Biblio Laxeira xa estamos a punto: os estantes están listos, os libros agardan con impaciencia e nós temos gañas de compartir convosco moitas novidades lectoras. Acompañádesnos?
XA ESTÁN AQUÍ AS RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA ESTE NADAL.
"BIBLIO LAXEIRA" DESÉXAVOS UNHAS VACACIÓNS CARGADAS DE HISTORIAS POR DESCUBRIR!
Xa está a disposición de toda a comunidade educativa o recuncho da "Biblio Laxeira" dedicado ao PDI deste curso: “Sentinelas do legado: coñecendo o pasado, construíndo o futuro”.
Nel atoparedes unha coidada selección de libros que nos axudarán a descubrir e valorar o noso patrimonio cultural, histórico e natural, ao tempo que reflexionamos sobre como podemos construír un futuro máis consciente e sostible.
Animámosvos a pasar pola biblioteca, explorar este novo espazo e deixarvos inspirar polas lecturas e propostas que nos convidan a ser verdadeiros Sentinelas do noso legado.
LEO-LAXE: RECOMENDACIÓNS E NOVIDADES
SETEMBRO: ACOLLIDA
OUTUBRO: OUTONO
OUTUBRO: SAMAÍN
NOVEMBRO: 25 N - Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres
NOVEMBRO: MES DA CIENCIA en galego nas bibliotecas
DECEMBRO: Día Internacional das Persoas con Discapacidade
XA ESTÁN AQUÍ AS RECOMENDACIÓNS LECTORAS E DE XOGOS PARA O VERÁN.
"BIBLIO LAXEIRA" DESÉXAVOS UNHAS VACACIÓNS CARGADAS DE HISTORIAS QUE CONTAR!