Aparece agora tamén un límite para a velocidade relativa entre sistemas de referencia: esta non pode ser igual ou superior á velocidade da luz.
Interprétase ás veces este resultado de xeito erróneo, dicindo que Einstein postula que non pode haber velocidades maiores que a da luz.
Esta formulación é incorrecta por ser demasiado xeral, xa que nada impide que existan velocidades supralumínicas ou incluso infinitas, sempre que non correspondan con ningún sistema de referencia.
Calquera partícula ten sempre un sistema de referencia asociado (respecto do cal a partícula está en repouso).
Por iso, o que di a teoría da relatividade é que non é posible que unha partícula viaxe a velocidades superiores á da luz.