Esta presentación foi preparada atendendo ao convite recibido do profesor de Matemáticas da ETS de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo, Dr. Iván Area, para dar unha charla ao alumnado de 1º curso relacionada cos aspectos visuais da relatividade, incidindo na xeometría hiperbólica como a base para ditas visualizacións, e incluindo unha referencia ás formulacións xeométricas da Grecia clásica (Elementos de Euclides), as cales estaban dotadas dunha gran forza explicativa e expositiva.
Recentemente ten sido publicada unha tradución ao galego desta magna obra clásica.