Problema_Realista

SOLPOR PERMANENTE

• Unha compañía aérea promociona un dos seus voos mediante o seguinte reclamo:

• “Poderás gozar dunha posta de Sol permanente”

• O avión pasa por Islandia xusto na hora do solpor.

• A fermosa visión da posta do Sol preséntase aos ollos dos pasaxeiros como unha postal inmóvil.

• Pensas que é posible que esto suceda?

Frases desequilibradoras

• John di: Fíxate, Betty, o avión voa tan rápido que consigue que o Sol non se dea posto por detrás do mar.

• Betty responde: Non, o Sol non se move. En realidade, o que acontece é que a Terra está rotando por debaixo de nós, que estamos parados no espacio.

• John, sorprendido, contéstalle. “Como que estamos parados, se os motores do avión están funcionando?

Modelos explicativos:

Xeocéntrico:

Avión e solpor (fronteira entre o día e a noite) desprázanse sobre a superficie terrestre.

Heliocéntrico:

A Terra rota por debaixo do avión e o solpor, inmóbiles co Sol.

Debate entre os dous modelos:

Modelo Mixto:

Móvese o avión e móvese a Terra.

E móvense coa mesma velocidade, se non non podería velo (o solpor permanente)

O modelo mixto (alternativo) tenta conciliar duas nocións aceptadas comunmente mais que resultan contraditorias de seren incluidas nun mesmo esquema explicativo:

-O avión móvese, porque os vemos pasar polo ceo e tamén porque os seus motores non deixan de funcionar, senón cairía ao mar.

-A Terra móvese porque foi algo que nos ensinaron na escola.

O problema xurde cando fuximos de aceptar a esencia da relatividade:

AS EXPLICACIÓNS DOS FENÓMENOS FÍSICOS SON IGUALMENTE VÁLIDAS DESDE CALQUERA SISTEMA DE REFERENCIA.