Os días 23 e 24 de maio de 2018, un grupo duns 20 alumnos e alumnas de 1º e 2º curso participaron de xeito voluntario nunha experiencia didáctica.
O obxectivo da mesma era comprobar a vialbilidade de presentar o fenómeno relativista da dilatación temporal dun xeito xeométrico-visual (xunto cunha introdución á transformación de Lorentz) en dous periodos lectivos de hora e media.
A seguir podes ver a secuencia de diapositivas empregada.
Os códigos situados na esquina superior dalgunhas diapositivas remiten aos correspondentes exercicios da ficha de traballo do alumnado que tamén se presenta nesta mesma páxina.
A seguinte serie corresponde a un engadido realizado para visualizar un proceso de aceleración indefinida que remata coa pregunta de se será posible acadar un certo limite (a velocidade infinita no caso galileano e a velocidade da luz no caso relativista).
Nos dous casos, a imposibilidade deriva da conservación da superficie espazotemporal (e esta á sua vez, da linealidade de calquera transformación entre SRI e da isotropía espacial).
As observacións realizadas durante a intervención didáctica foron moi positivas, tanto pola receptividade do alumnado como pola facilidade coa que estes conseguiron resolver problemas diversos no breve periodo asignado.
Os resultados dun test final serán contrastados cos obtidos previamente nunha proba inicial para comprobar a eficacia da aprendizaxe acadada por cada alumno/a.