Para resolver o dilema entre a relatividade galileana e o comportamento das ondas electromagnéticas, podemos construir unha nova transformación do espazotempo, na cal o tempo absoluto é substituido por un novo absoluto: a velocidade da luz polo espazo, que debe ser a mesma en calquera sistema de referencia no que se mida.
Este principio, ao contrario do tempo absoluto (que é puramente intuitivo) está baseado en resultados experimentais, e a sua formulación xeométrica implica a conservación das diagonais dun cadrado unitario no espazotempo.