Terra esférica

A comprensión e integración da xeometría do espazotempo constitúe un desafío intelectual para a Humanidade comparable ao que no seu momento supuxo a xeometría esférica da Terra, con todos os paradoxos que conleva para o sentido común:

-Haberá lugares nos que chova para arriba

-Marchando nunha dirección e continuando sen desviarte, acabarás regresando polo outro lado

-Para onde vai a auga dos mares da parte de abaixo?

-Haberá seres que teñan os pés na cabeza (antípodas)

-Onde queda o mundo sobrenatural?

Gal_Tema_gT

Actualmente, estes paradoxos seméllansenos case infantís, posto que recibimos unha instrución continuada sobre o modelo xeométrico da esfera terrestre, mais sen dito modelo sería unha tarefa moito máis complexa (unha esfera, por exemplo, pódese describir mediante fórmulas da trigonometría esférica, mais iso non sería de moita utilidade para entender, por exemplo, as estaciós do ano, os distintos climas terrestres, as viaxes dos descubridores, etc.

Do mesmo xeito, cabe agardar que algún día as cuestións e paradoxos da xeometría do espazotempo, de gran relevancia para a comprensión do mundo actual, cheguen a ser ollados cunha visión xeométrica doada. Estas páxinas pretenden contribuir nese camiño.