Para comprender a formulación xeométrica da teoría da relatividade é esencial entender as características do espazotempo.
Podemos velo como unha especie de telón de fondo no cal cada magnitude física (espazo, tempo, velocidade, masa, enerxía, temperatura, campo eléctrico, etc) representa un determinado rol xeométrico.
O conxunto destas magnitudes e as relacións entre elas conformarían unha especie de "obra de teatro" da física, de características visuais mais tamén dinámicas.