O concepto clásico de relatividade foi establecido por Galileo para poder xustificar o modelo heliocéntrico de Copérnico.
Unha das obxeccións que se lle facían ao heliocentrismo era o feito de que non se note o movemento da Terra arredor do Sol.
Para xustificar este feito, Galileo propón que todos os observadores inerciais deben percibir as mesmas leis físicas, engadindo ademais a noción intuitiva dun tempo absoluto.
O concepto de relatividade clásico pode ser presentado mediante unha pregunta realista para producir un debate nas aulas.