A relatividade de Galileo permitiríanos averiguar a velocidade coa que se despraza a Terra polo espazo.
Para elo, teríamos que medir a diferenza de velocidades en diversas direccións.Isto foi feito por Michelson a finais do século XIX, obtendo un resultado negativo, que se repite actualmente cada vez que usamos o GPS para determinar a nosa situación cun erro moito menor que os 3 km debidos ao desprazamento terrestre.
Debemos escoller:
Ou ben a Terra non se despraza, ou ben a relatividade galileana non é correcta.