ACTIVIDADES QUE PODEMOS FACER:
INFORMACIÓN:
O taller de estimulación da linguaxe oral pretende ser un elemento dinamizador do desenvolvemento da linguaxe e das capacidades cognitivas d@ nen@ achegando os elementos necesarios para a estimulación dos ditos procesos. Creando na aula un espazo para favorecer ambientes comunicativos que desenvolvan a linguaxe e utilizando o xogo como estratexia de intervención e como elemento motivador.
En cada sesión traballaremos:
- exercicios de expresión oral
- exercicios de articulación
- exercicios de sopro
- exercicios de praxias bucofonatorias
- exercicios de discriminación auditiva
- exercicios de ritmo
- exercicios de respiración
- exercicios de relaxación