PROXECTO - "OS CASTELOS"
Comenzamos o proxecto preguntándonos que sabemos sobre os Castelos e que queremos saber, para iso, facemos un remuíño de ideas e apuntámolas nunha cartulina que recortamos en forma de Castelo e que posteriormente
colocamos na cortiza.
Outra das actividades que estamos a facer é ambientar as entradas das aulas.
... e despois de moito traballo...
Mirade como transformamos as aulas nun Castelo.
Traballo de mesa:
Xa que estamos traballando os castelos e aproveitando os recursos que nos ofrece o noso entorno, fomos todos a visitar o castelo de Andrade que temos cerquiña do colexio onde puxemos en práctica todo o que estivemos a aprender este trimestre.
Algúns nen@s xa foran cos seus pais, se queredes curiosear un poco sobre isto podedes facelo no noso blog ou ... premer aquí