aprendemos

Comezamos o proxecto preguntando na asemblea

que sabemos? e que queremos saber?

acerca dos oficios artesáns.

EMPEZAMOS A INVESTIGAR ...

Localizamos a unha señora que vive en Taboada e que hai anos facía cestos con palla de avea.

Produciunos certa curiosidade e decidimos ir entrevistala.

Previamente na aula deseñamos as preguntas e este foi o resultado:

(Se queredes ver a entrevista podédela atopar no noso blogue "Aula de ilusións".)

Emilia vive en Taboada e ten 93 anos.

E estes son algúns dos cestos

que facía hai algúns anos. prema aquí para acceder ao blogue e obter máis información.

Por outra banda poñemos en marcha o libro viaxeiro para que as familias acheguen o seu "gran de area" e desta forma, implicalos no traballo que levamos a cabo na aula.

https://sites.google.com/site/recursoseducativosandrade/home/infantil/proxectos/oficios-artesans/aprendemos/Diapositiva1.JPG?attredirects=0
https://sites.google.com/site/recursoseducativosandrade/home/infantil/proxectos/oficios-artesans/aprendemos/Diapositiva2.JPG
https://sites.google.com/site/recursoseducativosandrade/home/infantil/proxectos/oficios-artesans/aprendemos/Diapositiva3.JPG
https://sites.google.com/site/recursoseducativosandrade/home/infantil/proxectos/oficios-artesans/aprendemos/Diapositiva4.JPG?attredirects=0
https://sites.google.com/site/recursoseducativosandrade/home/infantil/proxectos/oficios-artesans/aprendemos/Diapositiva5.JPG?attredirects=0
https://sites.google.com/site/recursoseducativosandrade/home/infantil/proxectos/oficios-artesans/aprendemos/Diapositiva6.JPG?attredirects=0
https://sites.google.com/site/recursoseducativosandrade/home/infantil/proxectos/oficios-artesans/aprendemos/Diapositiva7.JPG?attredirects=0

(Para velo mellor premer na imaxe).

Podedes seguir todas as vosas achegas no blogue de infantil.

Tamén miramos en internet para ver que atopamos acerca do tema:

- Artesáns do eume (páxina interesante que nos fala de diferentes artesáns da zona, en que consisten os seus oficios...).

- Algún artigo:

https://sites.google.com/site/recursoseducativosandrade/home/infantil/proxectos/oficios-artesans/aprendemos/diario.png
https://sites.google.com/site/recursoseducativosandrade/home/infantil/proxectos/oficios-artesans/aprendemos/vozgalicia.png

( Se queredes ler os artigos só tedes que picar neles.)

https://sites.google.com/site/recursoseducativosandrade/home/infantil/proxectos/oficios-artesans/aprendemos/---.png
https://sites.google.com/site/recursoseducativosandrade/home/infantil/proxectos/oficios-artesans/aprendemos/Opinion%203.png?attredirects=0

- En pax. interesantes, podedes investigar polos diferentes enlaces que atopamos na rede e que nos poden ser de utilidade.

Buscamos en youtube información sobre o liño e a la, xa que na visita ao Museo etnográfico imos ver aparellos relacionados con estas dúas materias primas.

- Vídeo sobre a fabricación do liño recollido de youtube: O Grupo Taranis presenta á Asociación de Mulleres San Bartolomeu, de Insua - Vilalba (Lugo), onde nos mostran o proceso completo que seguen desde a semente do liño, ata a fabricación de prendas de roupa.

Reportaxe gravada durante a Feira Medieval de Vilalba (Lugo) no ano 2010.

-Vídeo sobre o proceso da la: Podemos ver o proceso dende que se obtén do animal ata que chega ás nosas mans.

- Esquema do proceso da la. PDF recollido de: lalanaes.com

https://sites.google.com/site/recursoseducativosandrade/home/infantil/proxectos/oficios-artesans/aprendemos/0001.jpg

ELABORAMOS MATERIAL

Fixemos unha presentación para ir coñecendo dun xeito visual:

algún oficio, os aparellos que utiliza cada artesán

e o resultado final do traballo de todos eles.

Tamén na cortiza de cada unha das aulas, temos colgados os BITS dos "oficios artesáns"

e que vos presentamos en forma de libro dixital:

Na biblioteca atopamos un libriño que nos daba a coñecer diferentes artesáns da zona do Eume:

Oficios artesáns

Escollemos os artesáns que pertencen aos nosos concellos e facemos unha presentación, para ter "a man" na aula e poder acceder á información en calquera momento.

(Lembrade que podedes atopar máis información no blogue de infantil "AULA DE ILUSIONES").

Prema aquí.

Utensilios de traballo:

- Do serrachín:

https://sites.google.com/site/recursoseducativosandrade/home/infantil/proxectos/oficios-artesans/aprendemos/serrachin-ferra..jpg

- Do zoqueiro:

https://sites.google.com/site/recursoseducativosandrade/home/infantil/proxectos/oficios-artesans/aprendemos/SKMBT_C28015111009442.jpg

- Da cesteira:

https://sites.google.com/site/recursoseducativosandrade/home/infantil/proxectos/oficios-artesans/aprendemos/herramientas4.jpg

- Do canteiro:

https://sites.google.com/site/recursoseducativosandrade/home/infantil/proxectos/oficios-artesans/aprendemos/herram10.jpg

-Roda de afiar:

https://sites.google.com/site/recursoseducativosandrade/home/infantil/proxectos/oficios-artesans/aprendemos/roda%20afiador.jpg

Investigando sobre o proxecto enterámonos de que non moi lonxe do noso cole, no concello de A Capela, había un Museo etnográfico e decidimos ir visitalo. A saída realizouse o luns 23 de novembro e foi unha experiencia moi positiva pois puidemos ver e observar "in situ" todos os aparellos e ferramentas de diferentes artesáns que estivéramos a descubrir na aula a través de libros, internet ...

O museo estaba ilustrado con diferentes paneis que vos mostramos a continuación:

https://sites.google.com/site/recursoseducativosandrade/home/infantil/proxectos/oficios-artesans/aprendemos/museo%20etnografico%20-a%20capela%20001.png
https://sites.google.com/site/recursoseducativosandrade/home/infantil/proxectos/oficios-artesans/aprendemos/museo%20etnografico%20-a%20capela%20002.png
https://sites.google.com/site/recursoseducativosandrade/home/infantil/proxectos/oficios-artesans/aprendemos/museo%20etnografico%20-a%20capela%20017.png
https://sites.google.com/site/recursoseducativosandrade/home/infantil/proxectos/oficios-artesans/aprendemos/museo%20etnografico%20-a%20capela%20018.png
https://sites.google.com/site/recursoseducativosandrade/home/infantil/proxectos/oficios-artesans/aprendemos/museo%20etnografico%20-a%20capela%20019.png
https://sites.google.com/site/recursoseducativosandrade/home/infantil/proxectos/oficios-artesans/aprendemos/museo%20etnografico%20-a%20capela%20031.png
https://sites.google.com/site/recursoseducativosandrade/home/infantil/proxectos/oficios-artesans/aprendemos/museo%20etnografico%20-a%20capela%20042.png

Se queredes ver todas as imaxes da visita podedes facelo no blogue "AULA DE ILUSIONES".

A nosa experiencia cun grupo de artesáns

Cando pedimos colaboración ás familias para poder elaborar entre tod@s este proxecto, unha das ideas que suxerimos era que podían implicarse avós e avoas, ou algún veciño que tivera experiencia ou información sobre o tema que estabamos a abordar e como non esperabamos menos, así foi...

O luns 7 de decembro tivemos unha visita moi especial para nós, viñeron algúns avós e avoas a deleitarnos e achegarnos os seus coñecementos sobre algúns oficios que estivemos a traballar na aula.

Contamos coa presenza de :

Un zoqueiro:

https://sites.google.com/site/recursoseducativosandrade/home/infantil/proxectos/oficios-artesans/aprendemos/Artesa%CC%81ns%20infantil-0058.png
https://sites.google.com/site/recursoseducativosandrade/home/infantil/proxectos/oficios-artesans/aprendemos/SKMBT_C28015120711520.jpg

Un redeiro:

https://sites.google.com/site/recursoseducativosandrade/home/infantil/proxectos/oficios-artesans/aprendemos/Artesa%CC%81ns%20infantil-0026.png

Un grupo de palilleiras:

https://sites.google.com/site/recursoseducativosandrade/home/infantil/proxectos/oficios-artesans/aprendemos/collage-2015-12-13%20(2).png

As fiandeiras de Cabanas rural:

Estas ensináronnos parte do proceso da la e algún traballiño que se pode facer con ela.

... E tamén algunha curiosidade... ¡FAN LA CON PELO DE CAN!

https://sites.google.com/site/recursoseducativosandrade/home/infantil/proxectos/oficios-artesans/aprendemos/collage-2015-12-13.png
https://sites.google.com/site/recursoseducativosandrade/home/infantil/proxectos/oficios-artesans/aprendemos/collage-2015-12-11%20(2).png
https://sites.google.com/site/recursoseducativosandrade/home/infantil/proxectos/oficios-artesans/aprendemos/Artes%C3%A1ns%20infantil-0036.png
https://sites.google.com/site/recursoseducativosandrade/home/infantil/proxectos/oficios-artesans/aprendemos/Artesa%CC%81ns%20infantil-0016.png

Tamén aprendemos que hai moitos tipos de fuso, aquí tedes un par deles:

https://sites.google.com/site/recursoseducativosandrade/home/infantil/proxectos/oficios-artesans/aprendemos/collage-2015-12-11.png

Aquí déixovos un enlace para ver a fía da la desta asociación de mulleres:

Fía da la 2015.