Investigamos

Neste trimestre imos aprender un pouco máis sobre as ras.

Para isto, elaboramos un issu onde imos atopar información moi interesante sobre este anfibio que en tantas ocasións é protagonista de diversos contos infantís.

Actividades: Para ver as fichas que estamos a facer, preme na ra.

Aquí tedes algunhas ideas para xogar a ser creativos cos vosos peques:

Presentación manualidades from amafilfa

Como xa sabedes a observación forma parte da nosa metodoloxía de traballo, por iso temos nas aulas a nosa charca particular, para poder seguir in situ o ciclo vital da ra, deste xeito facemos un seguimento dende que son cágados ata que se converten en ras.

Tamén estamos facendo unha exposición con todos os traballos que están a facer @s nen@s na casa coa súa familia, unha vez máis:

¡MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN E O VOSO ESFORZO!

(Esta é unha pequena mostra de todo o que nos está a chegar.)

Dentro da aula tamén fixemos algunha que outra manualidade, a continuación presentámosvos algunhas delas:

Un pouco de movemento non vén nada mal, aproveitamos para aprender un xogo popular ao que xa xogaban os nosos avós e tamén para facer unha carreira de ras de papiroflexia entre outros xogos.

En 5 anos estiveron traballando o conto de: "La rana Sarita".

E este é o resultado final da exposición que temos no cole con todos os traballos que fixeron os peques coa axuda da súas familias. Graciñas por esforzarvos tanto facendo nalgúns casos auténticas obras de arte.

Estamos moi satisfeitas polo voso grao de implicación.

Espectacular !!!