Curso 12-13

CURSO 2012-13

- O xoves 20 de xuño celebramos todo o cole unha "Xornada de Convivencia" na praia de Cabanas durante toda a mañá.

Xogamos, merendamos ...

Se queredes ver máis imaxes na praia, tedes que premer na imaxe.

- O martes 28 de maio fumos de excursión á Casa do queixo de Grixalba:

Chegamos con moitas ganas de aprender cousas novas.

Prestamos atención aos monitores que nos explican as normas da granxa.

Fixemos diferentes obradoiros: papel reciclado, la,

xoguetes de refugallo e queixo.

Despois dunha mañá axetreada, tocaba repoñer forzas.

Para facer ben a dixestión ... un pouco de lecer e tempo libre antes de continuar cos obradoiros

e poñemos fin á nosa aventura ... EN FIN! unha imaxe vale máis que mil palabras.

- O xoves 25 de abril visitounos a ilustradora coruñesa María Lires.

As tres aulas de infantil, como traballo previo a esta visita, versionamos tres contos que ela ilustrou.

Podedes visionalos nestes issuus que vos presentamos a continuación:

Os nen@s de 3 anos ilustraron a cantiga de "Coñezo un gatiño" recollida no libro de cantigas: "Cartas que veñen e van".

Os nen@s de 4 anos versionaron o conto de: "A tartaruga de Martiño".

Os nen@s de 5 anos fixeron a súa propia versión do conto:"La caja del tesoro".