Curso 13-14

CURSO 2013-14

LETRAS GALEGAS

De seguido presentámosvos o primeiro ensaio das cantigas que se inclúen dentro dos diferentes actos que imos preparar para celebrar o Día das Letras Galegas.

Como o ano pasado, contamos coa colaboración dos mestres de música que imparten clase na Asociación de Veciños de Xarío.

Saída á CASA MUSEO DE PICASSO

O vindeiro 26 de marzo imos á Coruña á CASA MUSEO DE PICASSO, onde imos facer diferentes talleres.

Previamente na aula estamos recopilando información sobre este pintor, coñecendo algúns dos seus cadros máis importantes e xogando con diferentes actividades que nos ofrece a web.

Aquí vos deixo algúns xogos por se queredes aprender máis cousas sobre Picasso:

LIM PICASSO

A continuación podemos ver un vídeo para coñecer un pouco mellor a este gran pintor:

E algúns enlaces onde atopamos a súa biografía ...

Pablo Picasso (educastur)

Pablo Picasso una biografía para niños

Arte para niños

Iniciación a Picasso para niños

aula infantil: Pablo Picasso

E esta foi a nosa experiencia na "Casa museo de Picasso":

DÍA DE ROSALÍA

O 24 de febreiro celébrase o día de Rosalía e dende o centro faremos algunhas actividades entre as que se atopa unha alborada recitada e cantada. No seguinte video podedes ver a versión que fixo a cantante UXÍA.

NADAL

O día 19 de decembro fomos a Pontedeume onde nos esperaba unha gran sorpresa, iamos poder manter unha charla virtual nada máis e nada menos que ... con Papá Noel!!!!, que nervios.

De un en un, mantivemos unha pequena conversa con el e aproveitamos para pedirlle algún agasallo.

Para que vexades que non é broma aquí tedes as probas.

(Preme na imaxe)

fotos con Papá Noel

Xa estamos a preparar a actuación de Nadal

aí vai algunha pista...

RECETARIO

Fixemos un libro de receitas con diferentes sobremesas de mazá, noces, pasas.

O proceso foi o seguinte:

- Primeiro cociñamos,

- Logo degustamos

- E por último, escribimos os ingredientes.

Este foi o resultado:

Preme na imaxe para vela mellor

Temos máis información sobre a nosa experiencia coma cociñeir@s no noso blog.

Se queredes velo só tedes que picar na imaxe.

blog aula de ilusiones

FESTA DA FROITA

No mes de outubro estivemos cos preparativos da "VI Festa da exaltación da froita autóctona". Este ano como estamos a traballar os castelos e a Idade Media imos montar un Mercado Medieval.

A continuación podedes ver o que estivemos a facer.

Deseñamos o noso estandarte para o día do Mercado Medieval.

E tamén aprendemos a facer papel reciclado para o noso pergameo.

Escribimos a receita da compota de mazá.

E por suposto elaboramos a receita para logo degustar esa exquisita compota.

MMMMMMMMMMMM que rica!!!!

Se queredes ver as imaxes en video, só hai que... premer na imaxe.

http://auladeilusionesandrade.blogspot.com.es/2013/11/vi-festa-da-froita-autoctona.html