Exemplos de actividades sinxelas que podemos facer na casa:
- Facer parellas (calcetíns, zapatos...).
- Facer grupos clasificando segundo un criterio ou varios (lisos/estampados, por cores, tamaños...).
- Contar obxectos (cantos zapatos temos...).
- Facer series con obxectos que teñamos por casa (cubertos...). A serie pode establecerse por cor, tamaño...
- Buscar unha cantidade de obxectos dada ou incluso elaborar unha recta numérica e ir completándoa con obxectos da casa.
- Facer comparativas coma "temos mais zapatos ou camisetas?"
- Xogos de mesa.
- Contar obxectos nunha habitación facendo un rexistro.
- Unha proposta dunha mestra de infantil: Actividades
Blogues e recompilacións de recursos
- Blog de Lucía: blogue de dúas mestras con exemplos de actividades, materiais imprimibles...