CURSO 15 - 16
DÍA DAS LETRAS GALEGAS:
O 17 de Maio celébrase o Día das Letras Galegas, este ano adicado a Manuel María.
Se queredes información sobre este autor, coñecer a súa obra, escoitar algunha cantiga relacionada cos seus poemas...
só tendes que premer na imaxe e indagar pola páxina.
Tamén podedes ver un telexornal monoráfico de Manuel María realizado polos alumnos do CPI do Dices-Rois.
Isuu onde podemos atopar unha guía de lectura infantil sobre Manuel María publicada pola biblioteca pública da Coruña Miguel González Garcés.
Máis recursos: Neste enlace casamuseomanuelmaría podemos atopar diferente informacion dende a sua biografía ata U.D., pasando por publicacións....
Se premedes no enlace, o primeiro que atopades son poemas musicados, investigade pola páxina e pinchar no que queirades ver.
Dende infantil estivemos coñecendo diferentes poemas:
En 3 anos poemas relacionados cos animais (o cuco, a vaca, o galo, o lobo...).
En 4 anos poemas relacionados cas árbores (o carballo, o castiñeiro, o toxo, o vidueiro...).
En 5 anos poemas relacionados cas cousas (a fonte, o carro, zocas, o arado..).
Se queredes máis información, prema no enlace: Manuel María. Neste sitio atoparedes todo o material que estivemos a elaborar no centro sobre este autor.
FESTA DA FROITA:
Este ano celebramos a 8ª FESTA DA FROITA na que coma todos os anos fixemos diferentes actuacións, exposicións de cabazas e cestas de froitas do outono, así como degustación de sobremesas achegados polas familias e feitos por nós no cole.
Este ano en infantil encargáronnos facer:
- En 3 anos: MARMELADA DE FIGOS.
- En 4 anos: TORTA DE MAZÁ AO FORNO.
- En 5 anos: TORTA DE MAZÁ.
A continuación, mostrámosvos en imaxes esta mañá tan divertida na que fumos cociñeir@s por un día:
Esta semana, decoramos un pouco as aulas con ambiente de Samaín:
Traballamos facendo cabazas, caretas de Samaín...
(Preme nas imaxes para amplialas).
Exposición de cabazas, cestas de froita e postres:
(Pica na imaxe).
No blogue atoparedes máis información relacionada con esta semana. Podedes acceder directamente se premedes na imaxe.