Lluis LLach

Lluis Llach naceu en Girona en 1948 e criouse na zona rural de Verges que se convertirá nunha importante paisaxe nas súas obras ("Verges 50"). Pertenceu á nova canço e empezou a acadar certa sona a partir de 1969. Durante catro anos tivo prohibido actuar en Barcelona pola súa hostilidade cara o réxime e despois dun concerto en 1975 tivo prohibidas todas as súas cancións e discos durante case un ano. Nesta época actuou frecuentemente en Paris, onde gravou na famosa sala Olympia o disco en vivo "A l'Olympia". Rompeuse esa prohibición en xaneiro do 76, cun concerto en Barcelona, que tamen se gravou como un disco ,"Barcelona, gener 76", no que toca un bó puñado de cancións miticas contra o franquismo como "abril 74". Na súa producción tamén figuran versións de poemas do grego Kavafis como no seu disco "Itaca", cancións intimistas e románticas "Laura", "Dibuix" ou costumbristas "Pais petit".

Se queredes máis información sobre el clickade aquí, a súa páxina oficial