Javier Krahe

Cantautor madrileño que destaca por ser autor de cancións cunhas letras cargadas de intención crítica, con moitas doses de ironía, moi no estilo de Georges Brassens.

Fíxose famoso nas súas actuaciónes na Mandrágora cos seus colegas, Joaquín Sabina e Alberto Pérez. A continuación tedes un fragmento desas actuacións e unha entrevista.

No ano 2012 foi xulgado por ofender os sentimentos relixiosos nun video de 1976 no que se explica como cociñar a Cristo, difundido no ano 2004 nun documental de Canal + sobre o cantautor.