INICIO
Benvidos e benvidas á web da ANPA Athenea do CEIP Plurilingüe Cardeal Quiroga Palacios. Nesta páxina as familias teredes acceso á información do funcionamento da asociación e as actividades que se organizan.
INFO A FAMILIAS
👨👩👧👦 Ola, Familias! Desde ANPA ATHENEA esperamos que a rapazada gozase moito da festa de fin de curso e que comezásedes ben o verán.
BOLSAS COMEDOR
As familias que solicitaron as bolsas de comedor, actividades extraescolares e/ou material escolar para o vindeiro curso 2022/2023, teñen de prazo ata o vindeiro luns 3 de xullo para a subsanación de solicitudes e documentación.
O mércores 29 de xuño realizarase a recollida dos libros 📚 prestados dende o fondo de libros da ANPA, así coma de novas doazóns, pola ventá situada á esquerda da porta de acceso C.
Horario de 9.00 a 10.00 h e de 13.00 a 14.00 h.
Campamento de verán. Plan Corresponsables
O Campamento Verán de Esgrima 2022 está acollido ao Plan Corresponsables, que subvenciona o 100% da actividade.
Máis info: http://ir.gl/0e77
Calendario escolar 2022/2023
Xa está publicado o calendario escolar para o próximo curso.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220602/AnuncioG0655-240522-0001_gl.html
OBXECTOS PERDIDOS
👀 OBXECTOS PERDIDOS
👕 O cole comparte estas fotos de prendas de roupa que están en obxectos perdidos, por se alguén recoñecese algunha.
As familias que queden fóra desta axuda poden optar ó fondo de libros da ANPA, sempre e cando solicitedes previamente esta axuda.
Estimadas familias. Na pasada Asamblea de socias/os do 10 de maio de 2022 acordouse por unanimidade a renovación da Xunta Directiva.
Información sobre actividades extraescolares para o curso 2021/2022
Dende a ANPA, notificamos ás familias socias que nos días 27 e 28 de setembro, no horario de 9:15 a 10:00, daremos comenzo ás inscricións para as actividades extraescolares. Descargar formulario.
Estamos a ter un comezo de curso complicado en canto á organización dos comedores. Consulta aquí toda a información de que dispoñemos ata o momento.
Debido ao protocolo Covid da Consellería de Educación, a directiva da ANPA Athenea tomou a decisión de NON ORGANIZAR ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES. Así mesmo informamos ás familias que esta asociación non pode realizar ningún tipo de certificado que así o indique.
Xornada de Portas Abertas
As familias que queiran coñecer o noso centro, poderán facelo na xornada de portas abertas o vindeiro martes 3 de marzo de 16:30 a 17:30 h.
Serán recibidas polo equipo directivo e o equipo de Educación Infantil e tras unha breve exposición, na biblioteca, sobre as características do centro, farase un percorrido polas instalacións do mesmo.
Poderán acceder ao centro pola porta do patio cuberto.
Campamento de Entroido
Xa está aberto o prazo de inscrición no Campamento de Entroido organizado pola Federación de ANPAs COMPOSTELA no Quiroga Palacios. Máis información
Campamento de Nadal 2019/20
Xa está aberto o prazo de inscrición no Campamento de Nadal organizado pola Federación de ANPAs COMPOSTELA no Quiroga Palacios. Máis información
Información sobre o servizo de comedor
Consulta os horarios de recollida, consulta os menús mensuais, información sobre as rutinas no comedor... Máis información
Información sobre actividades extraescolares para o curso 2019/2020
Dende a ANPA, notificamos ás familias socias que nos días 18, 19 e 20 de setembro, no horario de 9:20 a 10:20, daremos comenzo ás inscricións para as actividades extraescolares. Máis información