Comedor - Madrugadores

ÍNDICE

Almorzo/Madrugadores

Xantar/Comedor

Contacto co servizo de comedor-madrugadores

Información sobre o servizo de comedores na pandemia

Reparto de prazas dispoñibles

Segundo a reunión realizada o 30 de setembro entre o Concello de Santiago e os/as representantes das asociacións de nais e pais dos centros educativos de educación infantil e primaria (CEIPS) de Santiago de Compostela, comunicámosvos que os solicitantes de días fixos que non están facendo uso do comedor escolar deberán confirmar a súa praza antes do 8 de outubro.

As familias deberán porse en contacto co coordinador do comedor do seu centro para concretar, confirmar e facer efectiva a súa solicitude. No caso de non ter confirmación decaerá o dereito de reserva de praza, sen prexuizo de que poida renovar a petición posteriormente, que se resolverá nos termos que proceda. No caso de que o número de confirmacións supere as prazas ofertadas, resolverase conforme ao Decreto de comedores do 9 de setembro. No caso contrario as prazas que queden libres estarán dispoñibles para os restantes solicitantes. 

No caso do Quiroga Palacios, todas as solicitudes de demanda de servizo de usuarios fixos ou fixos discontínuos (aqueles que en lugar da semana completa reservan 1, 2, 3 ou 4 días, pero sempre concretando os días da semana) están atendidas. Quedarían dispoñibles (dependendo dos grupos burbulla e das distancias) un número aproximado de 56 prazas. Por este motivo, prégase ás familias solicitantes que aínda non fixeron uso do comedor, que confirmen a praza antes do 8 de outubro.

En relación ás persoas que teñen solicitada praza de forma esporádica, iniciarase o procedemento de resolución a partir do 15 de outubro. A aceptación destas solicitudes estaría condicionada a que a Xunta de Galicia autorice a incorporación destes usuarios non fixos dentro do "Protocolo de prevención de transmisión da Covid-19 nos comedores dos centros educativos non universitarios". Unha vez estea clarificado permitirá establecer se é posible atender esas solicitudes en base aos protocolos covid19 e á capacidade espacial dos respectivos comedores. 

Decreto da Alcaldía sobre o uso de comedores 

Segundo o o Decreto da Alcaldía sobre o uso de comedores do 9 de setembro, debido a situación actual por mor da pandemia da COVID-19 dítanse instrucións da Consellería de Educación con data de 31 de agosto de 2020, onde se indica entre outras cuestións que terase que gardar unha distancia de seguridade entre os comensais e cumprir coas instrucións que determinen as autoridades sanitarias e educativas competentes na materia. Por este motivo, a capacidade de todos os comedores reducirase, polo que na maioría dos casos realizarase dobre quenda de comida (priorizando na primeira quenda os escolares de infantil e primeiros cursos de primaria) ata completar o aforo que se estableza en cada espazo de comedor. Este é o caso do Quiroga Palacios, no que contamos actualmente cunha primeira quenda para infantil e unha segunda quenda para os alumnos de primaria.

Tendo en conta o volume de solicitudes recibidas e atendendo ás restricións que se derivan da situación sanitaria, é necesario restrinxir o número de usuarios que poden facer uso do comedor.

Por este motivo é preciso establecer a seguinte orde de preferencia na asignación das prazas de madrugadores e de comedor escolar entre aqueles solicitantes que fixeron a solicitude nos prazos establecidos:

Sempre e cando existan prazas dispoñibles nos servizos de comedor e madrugadores, unha vez asignadas as prazas dos apartados 1 e 2, asignaríanse as prazas cos seguintes criterios:

No caso de que as familias non fagan uso do servizo de madrugadores e de comedores, nos primeiros días de asignación da praza, sen causa xustificada por razón de forza maior e debidamente comunicada e acreditada , ou ben non fagan uso do servizo en base á solicitude presentada durante dúas semanas continuadas, decaerá o seu dereito de reserva de praza no servizo de comedores e madrugadores, pasando ao último posto da lista de agarda e dando lugar ao cobro íntegro do servizo contratado.

No caso de empate realizaríase un sorteo.

Todas as solicitudes entregadas nos prazos establecidos que non obtiveran praza, quedarán en lista de agarda ata que se produza unha vacante no servizo solicitado, e irán entrando en orde segundo os criterios anteriores.

Non obstante ofrécese a posibilidade de contar cun servizo de comida para levar para aquelas familias que o desexen que consiste nunha bolsa cunha barqueta que inclúe (un primeiro, un segundo, postre e pan) para consumir en casa. A comida entrégase en liña quente. Non é posible combinar as opcións de comer no comedor e o menú para levar, mentres estean vixentes as medidas establecidas pola Consellería de Educación por esta situación de pandemia. O prezo é o mesmo que o menú no comedor e, de non facer uso do servizo, rexerán os mesmos criterios indicados no parágrafo anterior.

Queda aberta a inscrición fora dos prazos establecidos, durante o resto do curso, unicamente co criterio de orde de entrada no Rexistro Xeral do Concello, sempre que haxa praza vacantes e, despois, de que entrasen os usuarios que realizaron a inscrición nos prazos establecidos.

Todas estas medidas estarán vinculadas á evolución da pandemia, podendo ser máis flexibles ou máis estritas en función desta e podendo chegar incluso a suspensión do servizos se as autoridades sanitarias e educativas así o acordan. Podes consultar o decreto completo aquí.

Funcionamento do comedor

Os horarios de comedor e recollida

ALMORZO: 

A partir das 07.30 está aberto o comedor. Ata as 09.00. como moi tarde pódese levar ao neno ás 08.45, máis tarde é inviable para almorzar con calma. O menú de almorzo acostuma a ser leite quente, galletas, tostadas, cereais e unha peza de froita. Existe a opción de apuntar ao neno ao almorzo e que xa veña almorzado da casa (como sempre, mellor avisar a Anxo).

COMIDA: 

Ata 1º de Primaria, os monitores van buscar á aula aos nenos. A partir de 2º de Primaria, van eles sós ata o comedor. Ao chegar, procédese ao lavado de mans, mais algúns cativos de infantil xa o fan na propia clase coa profesora.

Ás 14.15 saen de clase. Sobre as 14.30 h. normalmente están todos sentados nas mesas ata as 15.15 h, polo que os rapaces dispoñen de 45 minutos para comer.

RECOLLIDA: 

INFANTIL E 1º PRIMARIA: A partir das 15.15 h na porta do pavillón ata as 16.25 h.

2º a 6º PRIMARIA: A partir das 16.00 h na porta que hai ao lado da parada do bus ata as 16.25 h.

Normalmente faise uso do patio os días que fai bo tempo. Tamén aos maiores déixaselles ese tempo para facer os deberes.

Monitores

Obxectivos

Documentos de interese

INFORMACION XERAL PARA AS FAMILIAS (1).pdf
PROTOCOLO COMEDOR COVID.pdf