O día a día da ANPA

A ANPA ATEHENEA promove a organización das actividades extraescolares ofertadas no centro QUIROGA PALACIOS

Sen a existencia da nosa organización non sería posible impartir as actividades posto que a ANPA é a encargada de conseguir a cesión das aulas necesarias e o uso do pavillon municipal para estes tramites foi necesario reunirse coa dirección do noso centro e contar coa colaboración dos tutores que imparten as asignaturas nas aulas

En canto o uso do pavillón municipal tamén é necesario solicitar o concello o uso do mesmo para poder impartir e organizar as actividades de baloncesto e karate.

As actividades extraescolares normalmente están impartidas por empresas e profesionais especializadas (ACTIVIDADES LUDICAS DE GALICIA SL , ACTEX , ACADEMIA KITH no caso da actividade de inglés)

A posibilidade de contratar os servizos por medio da ANPA ten a vantaxe de poder elixir entre bastantes actividades e conseguir unhas tarifas mais axustadas que no mercado libre.

Asimesmo ofrecese a actividade de escola de natación en colaboración coa piscina da UNIVERSIDADE DE SANTIAGO que oferta ós centros escolares un número determinado de prazas en exclusiva e con unhas cotas mais económicas que as ofertadas para o publico en xeral.

As actividades extraescolares permiten os pais facilitar a conciliación profesional e familiar e dalle os alumnos a posibilidade de acceder a actividades que complementan a xornada escolar coa comodidade de acudir o centro escolar e sen necesidade de ter que desplazarse despois da xornada escolar posto que os monitores ofrecen a posibilidade de recoller os nenos que son usuarios dos servizos de comedor

As actividades planificadas tratan de combinar a oferta deportiva e cultural incluíndo cada ano os servizos mais demandados polas familias

Dentro das actividades ofertadas temos as deportivas (piscina, baloncesto, karate)

As culturais/ educativas como iniciación a musica, robótica, inglés,xadrez

As que combinan o exercicio físico e o divertimento coma zumba e baile moderno

Asimesmo tamén contamos co servizo de ludoteca que pola súa flexibilidade horaria adaptase a distintas edades e permite a contratación por dias soltos

-A NOSA ANPA ORGANIZA ANUALMENTE un BANCO DE LIBROS E MANDILONS

Por medio da ANPA os pais teñen acceso a un BANCO DE LIBROS que complementa o xestionado pola consellería de Educación

A través do noso banco de libros as familias poden doar aqueles libros que xa non necesitan e asimesmo o resto dos alumnos teñen mais acceso a libros de texto que os ofertados pola consellería de Educación

Asimesmo tamén se promove a doazón de mandilóns para permitir a reciclaxe dos mesmos e o acceso a aquelas familias que o necesiten.