QUE FACEMOS

A LABOR DAS ASOCIACIONS DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS ven integrada por distintas iniciativas

-PRESENZA E REPRESENTACION ANTE OS ORGANOS DA ADMINISTRACION PUBLICA, a nosa asociación ten a posibilidade de plantexar as súas demandas ante a administración publica competente (CONCELLO DE SANTIAGO, CONSELLERIA DE EDUCACION)

Por este motivo no momento actual temos presentadas distintas iniciativas tendentes a conseguir a ampliación do noso colexio

-PRESENZA E REPRESENTACION ANTE A DIRECCION DO CENTRO E NO CONSELLO ESCOLAR

A nosa ANPA celebra reunións periódicamemente coa dirección do noso centro para presentarlle as demandas dos pais e tamén para colaborar dentro do posible coa organización de eventos promovidos polo colexio como así foi no caso da celebración do aniversario do QUIROGA PALACIOS

Asimesmo a ANPA ten dereito o nombramento dun menbro do CONSELLO ESCOLAR con acceso as suas reunións onde participa a dirección e o profesorado.

- PRESENZA EN COMISIONS DE SEGUIMENTO DE SERVIZOS RELACIONADOS COS CENTROS ESCOLARES

A nosa ANPA forma parte da FEDERACION GALEGA DE ANPAS que interven coordinando as distintas asociacións e dentro desta labor estamos presentes en distintas comisións tales como

1. COMISION DE NECESIDADES ESPECIAIS

2.COMISION DE COMEDORES

3.COMISION DE TRANSPORTES

-XESTION E ORGANIZACION DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES