Campamento de Nadal 2019/2020

O campamento de Nadal 2019 ten como obxectivo facilitar a conciliación familiar ao mesmo tempo que ofrecer unha proposta na que os cativos/as pasen unhas vacacións de nadal lúdicas e divertidas a través da realización de xogos, xinkanas e obradoiros manuais, fomentando os valores de, cooperación, convivencia e igualdade, a educación para a paz, e desenvolvendo a súa creatividade.

Organiza: FEDERACIÓN DE ANPAS COMPOSTELA

Destinatarios: nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, escolarizados no segundo ciclo de educación infantil ou en Educación Primaria durante o curso 2019/2020.

Datas: 23, 24, 26, 27, 30, 31 de decembro e 2, 3, e 7 de xaneiro

Horarios:

CAMPAMENTO: 09:15 a 14:15

MADRUGADORES: 07.45 a 09:15

COMEDOR: 14:15 a 16.00

Data límite de inscrición: 13 de decembro!!