Preinscrición
Estimadas familias,
Desde a ANPA Athenea xa temos configurada para o vindeiro curso a oferta de actividades extraescolares que promovemos para favorecer a conciliación e facilitar o acceso á formación complementaria de calidade e a prezo competitivo a todas as crianzas.
Trátase dunha oferta continuista na que, esencialmente, mantemos as actividades (e horarios) que xa se viñan impartindo no curso pasado, pero incorporamos tamén algún cambio: por unha banda, a inclusión na oferta da actividade de pandeireta, que era unha demanda latente dende fai algún tempo que se viu reforzada este ano coa vinculación do día das Letras Galegas ás cantareiras; por outra banda, o cambio de provedor na actividade de Robótica, que pasa a ser Stemrobots; e, finalmente, a ampliación dos horarios dispoñibles na actividade de natación da USC. Podedes consultar toda a oferta no cadro adxunto.
Queremos destacar tamén que se trata dunha oferta inclusiva. Desde a ANPA Athenea estamos comprometidos coa igualdade de oportunidades e a inclusión, e estamos moi satisfeitos co traballo feito no pasado curso, no que unha alumna cunha discapacidade significativa puido participar en varias actividades extraescolares e mesmo actuar co resto dos seus compañeiros no festival fin de curso dunha delas, cunha coreografía adaptada. Isto foi posible grazas á colaboración desinteresada de Teresa, a nosa conserxe, á quen aproveitamos para facer este recoñecemento público, e ao compromiso dos nosos provedores. Sen embargo, non podemos seguir a abusar da boa disposición e o bo corazón destas persoas, e as limitacións motoras desta alumna aconsellan que conte cun monitor de apoio que a acompañe nas actividades nas que participa.
Así, neste vindeiro curso as cotas mensuais de todas as actividades extraescolares veranse incrementadas nun euro solidario que destinaremos a sufragar o coste deste monitor, tal e como se anunciou na última asemblea de socios. Na meirande parte das actividades, ademais, os provedores están a aplicar un incremento de 1-2 euros na cota mensual. Na actividade de natación aínda non está confirmada a suba, á espera de que se aproben os prezos oficiais na USC.
E por último, outra novidade importante e que, para favorecer a planificación da axenda do vindeiro curso, este ano estamos a abrir en xullo o período de preinscrición. Ata o 29 de xullo podedes formalizala a través do seguinte enlace:
🔵 Compartimos con vós o calendario de actividades extraescolares para o curso 2024-2025.
🗓 No cadro podedes ver as actividades e o seu prezo.
As actividades darán comezo o próximo 1 de outubro.
🟢 Matrícula gratuíta para familias socias da ANPA. 🔴 NON Socias: 25 €
Si queres asociarte cubre o formulario. 📁
🖋️ Inscricións: do xoves 19 ao luns 23 de setembro neste enlace:
https://avanzaserviciosescolares.easymanager.app/gl/XyS21c/course_reservations/new
📆 Comunicaremos os admitidos o 27 de setembro. En caso de haber máis solicitudes que prazas farase sorteo.
🧩 Lembrade tedes á vosa disposición a ludoteca en horario de 16.30 h a 17.30 h durante o mes de setembro.
📩 Para solicitar o servizo debedes ENVIAR A SOLICITUDE ao correo santiago@avanzaserviciosescolares.es e darvos de alta na plataforma a través deste enlace.
Estimadas familias,
esta é a oferta de actividades extraescolares previstas para o curso 2023/2024 no CEIP Cardeal Quiroga Palacios.
Comenzarán en outubro.
🖋️ Inscricións: do martes 12 ao luns 19 de setembro no enlace: https://actex.argosgalaica.com/inscripciones/QUIROGA
📆 Comunicaremos os admitidos o 22 de setembro.
MATRÍCULA: Socios: gratuíta Non socios: 15 €
Lembrade tedes á vosa disposición a ludoteca a horario completo desde o 11 de setembro, para facilitar a conciliación das familias que o precisen. Inscricións no correo santiago@actex.es
Estimadas familias,
Esta é a oferta de actividades extraescolares previstas para o curso 2022/2023 no CEIP Cardeal Quiroga Palacios (PENDENTES DA CONFIRMACIÓN DEFINITIVA DE ESPAZOS).
PRAZO DE MATRÍCULA
A matrícula realizarase entre o 9 e 14 de setembro (ámbolos dous días incluídos).
No caso de haber máis solicitudes que prazas procederase a un sorteo tal e como foi aprobado na última Asemblea da ANPA que, previsiblemente, terá lugar o 16 de setembro. Manterémosvos informados de si é preciso realizar dito sorteo e en que actividades así como o horario no que se realizará.
MATRÍCULA ONLINE
Para matricularvos nas actividades extraescolares debedes facelo de forma telemática a través do seguinte enlace: https://actex.argosgalaica.com/inscripciones/QUIROGA
PREZOS
Para participar nas actividades extraescolares é necesario pagar 15 € en concepto de matrícula ou facerse socio da ANPA (12 €/ano/familias). A información para asociarvos podedes atopala na páxina web da ANPA.
BALONCESTO (2 horas/semana): 18 €/mes
FÚTBOL: (2 horas/semana): 18 €/mes
JUDO (1 hora/semana): 15 €/mes
NATACIÓN (ver información específica)
INFORMÁTICA E ROBÓTICA: 18,00 €/mes (actividade de 1 hora á semana. Escollerase entre un dos horarios ofertados para cada idade)
INGLÉS LÚDICO (2 horas/semana): 21 €/mes
ZUMBA/BAILE MODERNO (2 horas/semana): 21 €/mes
KARATE, DIVERTIDANZA, IOGA, XADREZ, PINTURA*, XIMNASIA RÍTMICA, PREDEPORTE, DEPORTES DE RAQUETA**, XADREZ (1 hora/semana) : 13,50 €/mes
LUDOTECA***
*A actividade de Pintura ten unha cota anual de 25 € en concepto de materiais.
** Na actividade de deportes de raqueta practicarase tenis e bádminton tendo que levar cada participante a súa propia raqueta.
*** A inscrición farase enviando un email a santiago@actex.es adxuntando este formulario.
Debido ao protocolo Covid da Consellería de Educación, a directiva da ANPA Athenea tomou a decisión de NON ORGANIZAR ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES. Así mesmo informamos ás familias que esta asociación non pode realizar ningún tipo de certificado que así o indique.
Dende a ANPA, notificamos ás familias socias que nos días 18, 19 e 20 de setembro, no horario de 9:20 a 10:20, daremos comenzo ás inscricións para as actividades extraescolares.
IMPORTANTE: Neste curso as inscricións sólo serán recollidas no local.
Realizarase unha inscrición por actividade.
A realización das actividades están suxeitas a un mínimo de alumnos e a un máximo.
Unha vez recollidas as solicitudes, a ANPA pasará os listados as persoas responsables de cada actividade.
Lembramos que é necesario ser socio da ANPA: 12€ por familia.
CUPO PECHADO - 2h/semana 16€ / mes_luns e mércores de 16:15 a 17:15 (E. Infantil, 1°a 4°. E.P)
2h/semana 16€ / mes_luns e mércores de 17:15 a 18:15 (5° e 6° E.P)
CUPO PECHADO - 2h/ semana 18€/mes_ martes e xoves 16:15 a 17:15 (E.Infantil e E. Primaria)
2 h/ semana 15€ / mes _martes e xoves de 17:15 a 18:15 Multideporte (E. P)
CUPO PECHADO - 1h/semana 10,50€/mes_ luns (E. Infantil e 1° E. Primaria)
1h/ semana 10,50€/mes_ mércores(2°a 6° E. Primaria)
1h/ semana 18€/mes_luns de 16:15 a 17:15 ( 1° a 3° E. Primaria)
1h/ semana 18€/mes_xoves de 16:15 a 17:15 ( 4° a 6° E. Primaria)
1h/ semana 10,50€/ mes_luns de 16:15 a 17:15( E. Primaria)
1h/ semana 10,50€/mes_martes de 16:25 a 17:15( E. Infantil e E. Primaria)
1h/ semana 10,50€/mes_ luns de 17:15 a 18:15 ( E. Infantil, 1° y 2° E. Primaria)
CUPO PECHADO - 1h/ semana 10,50€/mes_xoves de 16:15 a 17:15
1h/ semana_ martes de 17:15 a 18:15( nen@s e pais/ nais) prezo por trimestre pendente de confirmar.
CUPO PECHADO - 1h/ semana 17€/mes_ xoves de 16:25 a 17:15
2h/ semana 32€/mes_ luns e mércores de 16:15 a 17:15(3° a 6°E. Primaria)
2h/ semana 32€/ mes_ luns e mércores de 17:15 a 18:15( 1° e 2° E. Primaria)
2 h/ semana_ luns e xoves de 16:15 a 17:15( 3° e 4°E.P) prezo variable de 36€/mes dependendo da demanda de alumnado.
2h/ semana_ luns e xoves de 16:15 a 17:15(5° e 6° E.P)
1h/ semana_ mércores de 16:15 a 17:15 ( 1° e 2° E. P) prezo variable 17€/mes dependendo da demanda de alumnado.
Piscina Universitaria, hai que ter cumpridos os 6 anos.
Martes de 17:15 a 18:00 54,€ cuadrimestre
E os sábados de 11:15 a 12:00 68€ cuadrimestre.
O prezo varia en función das horas contratadas. Neste curso hai que facer unha inscrición a maiores coa da Anpa:
luns a xoves 1h/ semana 10€/mes 2h/semana 14€/mes... .
todos os días agás os martes de 16:15 a 18:15.
Tamén que se pode facer uso da Biblioteca de 16:15h a 18:15h.
A inscripción deberá realizarse entre o 24 e o 28 de setembro, entregando a folla de inscripción no local da asociación o vía mail. Recordamos que as actividades están suxeitas a un número mínimo de alumnos e alumnas, e así mesmo un número máximo.