Fondo de libros 24/25

É o mesmo que o fondo de libros da Xunta?

Non, é un programa complementaria xestionado pola propia ANPA, recibindo doazóns de libros das familias cando o alumnado remata un curso, e atendendo as solicitudes de préstamo das familias cando van comezar un novo curso.

 

Que libros se poden doar e pedir en préstamo?

Aqueles nos que o alumnado non ten que escribir directamente, xa que estes non se poden reutilizar.

 

En que cursos faise doazón e préstamo de libros?

3º e 4º de educación primaria. En infantil e en 1º e 2º de EP os libros son dun so uso xa que o alumnado ten que escribir directamente sobre eles. En 5º e 6º o cole traballa baixo o proxecto E-dixgal, con libros dixitais accesibles a través de tabletas facilitadas pola Xunta de Galicia.

 

Que libros se poden doar e solicitar en préstamo ao remate do curso 23/24 para o curso 24/25?

Os de 3º e 4º de EP

 

Quen pode doar e solicitar en préstamo libros a través do fondo da ANPA?

Calquera familia. Nas doazóns tede en conta que se os vosos libros son os prestados desde o fondo de libros da Xunta deberedes devolvelos ao cole. Nas solicitudes tede en conta que dependemos das doazóns recibidas. Se non hai doazóns, nin devolución de libros prestados, non hai préstamo. Establecemos como criterio de preferencia no reparto o de ter solicitado tamén o fondo de libros da Xunta, para o que o prazo remata o 21 de xuño.

 

Cando podo facer a doazón de libros?

O alumnado deberá deixar os libros nas súas aulas e nós os recollemos. Si non podes facelo así escríbenos a anpa.athenea e buscamos outra opción.

 

Cando podo facer a solicitude de libros de texto?

As solicitudes de préstamo de libros para o curso 24/25 realizaranse ata o 16 de xullo enviando un correo a anpa.athenea@gmail.com, indicando o nome do/a alumno/a, un teléfono de contacto, que libros se precisan, e adxuntando copia da solicitude ou resolución de adxudicación do fondo de libros da Xunta, se esta foi tramitada, pois dará prioridade na asignación.

 

Cando saberei se podo obter todos os libros que preciso a través do fondo de libros da ANPA?

Trataremos de confirmar a adxudicación de libros na semana do 15 ao 21 de xullo.

 

Cando poderei recoller os libros se me foron adxudicados?

O primeiro día de clase do curso 24/25, fixado para o 11 de setembro.

 

Que se fai ao remate do curso cos libros que recibín en préstamo?

É necesario devolvelos á ANPA para poder destinalos a novos préstamos a outras familias.