Fondo solidario

Convocatoria do Fondo Solidario de Libros de Texto e Axudas para libros de texto e material escolar para o curso escolar 2022/23


As familias que queden fora desta axuda, poden optar ó fondo de libros da ANPA, sempre e cando solicitedes previamente esta axuda.


Este ano só dispoñeremos de libros para cuarto de primaria porque entra en vigor a LOMLOE para os cursos impares, polo que nestes cursos os libros serán novos e en 5º e 6º de primaria os libros son dixitais.


Podedes atopar información sobre a documentación que tedes que entregar na páxina web do CEIP Quiroga Palacios.