LUDOTECA SETEMBRO

IMPRESO LUDOTECA QUIROGA - SETEMBRO.pdf

LUDOTECA SETEMBRO

Esta inscrición so será válida para o mes de setembro. De cara aos seguintes meses do curso, teredes que cubrir unha nova inscrición ao mesmo tempo que se faga a matrícula nas actividades extraescolares (aínda estamos traballando neste tema).


O funcionamento da ludoteca no mes de setembro (de luns a xoves) vai depender de que exista un mínimo de solicitudes que permitan soportar o seu custo económico e da cesión de espazos por parte do centro educativo.


Co fin de poder estudar con tempo a viabilidade da posta en marcha do servizo, é necesario que todas as familias interesadas en utilizalo vos inscribades enviando esta solicitude ao correo: santiago@actex.es antes do 22 DE XULLO.