INFO FAMILIAS

👨‍👩‍👧‍👦 Ola, Familias! Desde ANPA ATHENEA esperamos que a rapazada gozase moito da festa de fin de curso e que comezásedes ben o verán.


🌞 Un verán no que vos invitamos a gozar do agasallo que vos fixemos chegar.

Porque o verán é tempo para lecer, pero tamén para fomentar a lectura e o coñecemento da nosa lingua.


📖 📚 Os libros e contos cos que quixemos agasallar á rapazada ían acompañados dun marcapáxinas, no que encontraredes información sobre a ANPA. Convidámosvos a entrar en QUE FACEMOS e coñecer o traballo que estamos a desenvolver desde a recén renovada directiva.


👉 Invitámosvos a facervos socias, para que xuntas poidamos sacar adiante iniciativas coma esta de fomento de lectura, e tamén outras iniciativas que queremos poñer en marcha o vindeiro curso escolar.


✍️ ✅ Para que poidades ser parte activa desta comunidade educativa precisamos actualizar a base de datos, polo que se a vosa familia:

- É SOCIA: cubre o formulario (ata o vindeiro curso non se pasarán novos cargos de cotas, pero precisamos actualizar os datos de contacto).

- NON É SOCIA: animámoste a asociarte, son só 12 €/ano e xuntas conseguiremos facer moito polas crianzas e as familias do Quiroga Palacios.


Moitas grazas.

Xunta Directiva da ANPA ATHENEA