Info Extraescolares 22/23

INFO EXTRAESCOLARES 22/23

🔴 INFO EXTRAESCOLARES:


🏘 Ola, familias!


Grazas polo interés mostrado nas actividades de este ano, hai unha gran participación. Estamos moi agradecidas e encantadas de poder levar a cabo todas as actividades posibles.


Recibidas todas as inscricións informámosvos de que ESTÁN TODAS AS SOLICITUDES ACEPTADAS coas seguintes puntualizacións:


🎨 Pintura

A actividade non se desenvolverá por non chegar a un mínimo de inscricións, ábrese prazo para novas solicitudes e poder xuntar grupo.


🏸 Deportes de raqueta

Quedan prazas dispoñibles, sería clave para poder abrir esta actividade poder contar con máis inscritos.


🤖 Robótica

É probable que haxa que realizar sorteo nun dos grupos do martes, informaremos ás familias interesadas individualmente.


👯 Divertidanza

Dado o elevado número de inscricións hai que facer sorteo e levarase a cabo o venres día 23. Valoramos a opción de un segundo grupo e estase buscando monitor, de atopalo formarase grupo cos que queden fóra no sorteo.


♟ Xadrez

Quedan prazas, ábrese prazo para novas solicitudes.


🥋 Iudo

Quedan prazas, ábrese prazo para novas solicitudes.


🏊 Natación USC

Teremos máis información en breve, quedan plazas libres nos grupos dos luns, martes e sábado.


📒 Resto de actividades

Todas as solicitudes están admitidas.


Si alguén reservou praza para algunha actividade e non vai facer uso dela, por favor que escriba a santiago@actex.es indicando o nome e a actividade para poñer dispoñer dela para outro alumo/a.


📅 O prazo para novas inscricións remata este MÉRCORES 21 ás 23:59 h.


🔗 Novas inscricións: http://ir.gl/d98cbd


Moitas grazas.

Xunta Directiva da ANPA Athenea.