No seguinte enlace podedes escoitar o que están a facer na radio do noso instituto: https://www.ivoox.com/escuchar-audios-endlg-ies-monelos_al_27528448_1.html
Irene González Basanta, nada na Coruña o 26 de marzo de 1909 e finada na mesma cidade o 9 de abril de 1928, foi unha deportista galega, considerada a primeira xogadora de fútbol de España.
Para que a coñezades mellor desde Radio Monelos fixeron un programa sobre ela, en concreto gravaron dúas alumnas de 1º de ESO: Iria Ortega e Sina Suárez Animádevos a escoitalo!
O alumnado de primeiro de bacharelato foi quen de levar ás ondas a obra de teatro escrita por Ágatha Christie " A rateira" coa adaptación feita pola profesora María Luisa Corredoira. Considérase a obra teatral de maior permanencia mundial en cartel, pois desde 1952 presentouse en Londres en forma ininterrumpida ata o 16 de marzo de 2020, cando as representacións teatrais tiveron que cancelarse debido á pandemia do COVID.
Primeira parte: curso 2021-2022
Segunda parte: curso 2022-2023 - Feito polo alumnado de 4º de ESO
Capítulo final: curso 2023-2024
Programa elaborado polos alumnos de 1º ESO Noa Hidalgo e Hugo Pasandín.
Predición meteorolóxica elaborada polas alumnas de 1º ESO A Iria García e Estrella Julián para Meteoescola.
Emisión do segundo programa en directo de "Monelos no ar" realizado este mércores 30 de xaneiro.
Nesta ocasión os embaixadores junior do Parlamento Europeo contestaron ás preguntas que fixo o alumnado de Monelos dentro da actividade "Te lo cuEnto" onde os seus compañeiros manifestaban as súas inquedanzas sobre o funcionamento do parlamento Europeo en particular e da Unión Europea en xeral.
Tamén entrevistamos ao noso alumno Xoel Saavedra que ven de disputar a copa de España co seu equipo CV Oleiros. A entrevista correu a cargo da súa irmá Noelia Saavedra de 3º de ESO.
Coordinaron o programa as profesoras Mónica Alonso e Elena Conde e na presentación estiveron as alumnas de 2º ESO Lara Beade e Inés Insua que o fixeron fantásticamente ben. Parabéns rapazas!
Programa elaborado polas alumnas de 1º de ESO Carolina Barbeito de la Cruz e Laura Virosta Peón.
Xa temos o primeiro programa de radio emitido en directo! Chámase "Monelos no ar" e resultou un bo chute de adrenalina para todos e todas.
Os nervios do directo!
O programa foi realizado no segundo recreo do mércores 20 de decembro dentro do proxecto de Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo. Nesta emisión falamos sobre a celebración do Nadal en distintos países da Unión Europea e presentamos algunhas recomendacións literarias feitas por varios alumnos e alumnas da ESO para estas vacacións.
Coordinaron a actividade as profesoras Mónica Alonso e Elena Conde. Presentaron as alumnas de 3º de ESO Catalina Bago e Sabela García, a productora foi Noa Vázquez de 2º de ESO e a parte da técnica correu a cargo de Alejandro Lorenzo de 1º de Bacharelato.
Moitas grazas as persoas que o fixestes posible.
As alumnas de 1º ESO B Carolina Barbeito de la Cruz e Paula Rial Cernadas mantiveron unha entrevista telefónica este martes 5 de Decembro con Sabela Maneiro unha das compoñentes do grupo Tanxugueiras. Noraboa rapazas!
Programa elaborado pol@s alumn@s de 1º ESO B Noa Fidalgo Garrido e Hugo Pasandín González para celebrar o XIV mes de novembro da ciencia en galego dedicado ao descubridor da penicilina.
Yelina Dopico López (4º ESO C) e Alejandro Lorenzo Naya (1º Bacharelato D) fan unha valoración para Radio Monelos sobre os resultados preocupantes dun estudo publicado en La Voz de Galicia (25/10/2023) no que se sinala que os casos de violencia machista na adolescencia unha nosa Comunidade seguen incrementándose. Unha reflexión para ter en conta este 25 de novembro.
Programa de Radio Monelos elaborado pol@s alumn@s de 1º ESO B Noa Fidalgo Garrido e Hugo Pasandín González.
Na rúa da Merced 24 temos un centro que é algo máis que unha librería. É un espazo cultural de barrio. Claudia Aparicio Ramos e Sara Díaz Ruíz entrevistan a un dos seus socios que se chama Daniel Palleiro. Os outros dous socios chámanse Daniel Blasco e Fran Barcia.
As alumnas Sabela García Blanco (2º ESO A) e María Vázquez Fuentes (4º ESO B) entrevistan a Olga Kirk (directora da Asociación Cultural "Donaire") e a Pablo Díaz (director de contidos musicais da mesma asociación)
Entrevista realizada polas alumnas de 1º ESO B Claudia Aparicio Ramos e Sara Díaz Ruíz.
Entrevista realizada polas alumnas de 1º de bacharelato Soraya Martínez, Celtia Suárez e África Trillo.
As reporteiras con Xurxo Souto ás portas da librería "Sisargas"
Programa elaborado polos alumnos de 1º de ESO A: Raúl Orosa Sanjuán e Noa Vázquez Fuentes, sobre a vella estación de ferrocarril do Norte da Coruña (situada na zona da Cubela).
Programa elaborado polos alumnos de 2º ESO A Catalina Bago Pérez e José Luis Bermúdez Huertas para conmemorar novembro como mes da ciencia en galego. Este ano está centrado sobre a figura da oceanógrafa galega Ángeles Alvariño. Ano das ciencias básicas para un desenvolvemento sostible.
Programa elaborado polos alumnos de 4º ESO A Lucas Eiroa Osoro e Abel Vilariño Gerpe sobre o grupo de música folk "Milladoiro".
Programa realizado polas alumnas de 4º ESO A Amalia García Blanco e Sara Lorenzo Naya sobre o acoso e a violencia nas redes sociais. Como se pode prevenir e denunciar.
Con motivo de sensibilizar para o 25-N escollemos á da Banda da Loba co seu vídeo de "Morra o conto" no que están acompañadas por oito artistas representativas de gran parte dos estilos musicais que se fan en Galicia: Guadi Galego, Patty Castro, Sofía Espiñeira, Nastasia Zürcher, Mounqup, Lola de Ribeira, Anaïs Barbier e High Paw. Amizade, sororidade e música en sentido universal!
Escachemos os espellos
rachemos as ataduras
unamos as voces
coma se fósemos UNHA.
Que MORRA O CONTO!