A graduación do alumnado de 2º de Bacharelato do IES Monelos foi un acto cheo de emoción e orgullo. As familias, o profesorado e os nosos alumnos e alumnas compartiron momentos inesquecibles nunha celebración moi especial. Houbo discursos, música e moitas lembranzas. Un final de etapa que marca o comezo de novos camiños.
O martes 10 de xuño as alumnas e alumnos de 4 PDC fomos de excursión ao Museo de Pontevedra.
Este ano cúmprense 75 anos da morte de Castelao. A Xunta declarou este 2025 ano Castelao.
Castelao foi un dos membros fundadores deste Museo. Alí hai depositadas 1800 pezas, unha selección está na sala do edificio que leva o seu nome.
A través do caderno ‘ Os mundos de Castelao’ aproximámonos á súa inxente obra: o Álbum Nós, os Álbumes de Guerra ( Galicia Mártir, Atila en Galicia e Milicianos), As cruces de Pedra, Debuxos negros…
Castelao escribiu tamén unha obra de teatro, Os vellos non deben de namorarse e realizou os deseños dos decorados, vestiario, máscaras; ao final do percorrido puidemos ver esta parte.
Foi un día para a cultura e a convivencia.
Os alumnos e alumnas de 4º de ESO este curso non paran de acumular experiencias e aprender tamén fóra das nosas aulas.
Despois de Bruselas viaxaron ata Asturias, esta vez acompañados de Pedro Vázquez e Antón Orosa.
Disque pasárono moi ben, e iso parece, fixádevos que fotos tan bonitas!!
O alumnado de 3º, 4º ESO e 1º Bacharelato de Bioloxía realizou os días 7 e 8 de xuño , dentro do programa Coawa, unha “Ruta interpretativa y experiencial” pola cunca do Río Mero e a contorna do embalse de Cecebre. Esta é unha zona de Especial Protección (ZEC) e forma parte da rede Natura 2000 de espazos protexidos da Unión Europea e, ademais tamén se atopa dentro do territorio de Reserva das Biosferas Mariñas- Coruñesas e Terras do Mandeo.
A ruta comezou na zona protexida do Observatorio de Aves do Embalse de Cecebre, onde naturistas do grupo Hábitat fixeron unha introdución interactiva sobre a flora e a fauna que habita na contorna.
Na segunda parte da visita os grupos adentráronse na fraga nunha visita “experiencial” para poder coñecer de cerca as especies xa vistas.
Queremos dar as grazas aos monitores polas súas explicacións, por amosarnos as especies tan de cerca , mesmo na man e polo respecto que nos transmitiron cara ao noso medioambiente .
Aquí tedes o esperado lipdub deste ano do alumnado de Segundo de Bacharelato.
Grazas a Nico Castro pola edición!
Botarémoste de menos na revista!
O alumnado da materia de Empresa e Deseño de Modelos de Negocio realizou unha visita moi especial ás instalacións centrais de Inditex en Arteixo, facendo un pequeno parón na súa preparación para a PAU.
Durante a xornada, tivemos a sorte de ter a Merche como guía, que nos contou que leva nada menos que 35 anos traballando na empresa. Grazas a ela puidemos coñecer de preto distintas áreas clave do grupo: a zona de deseño, o departamento comercial, a sección de e-commerce, as salas de simulación de tendas, os espazos adicados ao deseño de escaparates, e tamén os estudos de fotografía e vídeo. Tamén tivemos a sorte de ver o ximnasio, o comedor e o magnífico auditorio nos novos edificios da compañía.
A continuación, acompañounos Elio, padriño dun dos nosos alumnos, que nos amosou a impresionante zona de loxística, onde puidemos entender mellor como funciona a distribución global dunha das empresas máis importantes do país.
Queremos agradecer enormemente a Merche e a Elio a súa atención, amabilidade e explicacións. Grazas a eles, esta visita converteuse nunha experiencia enriquecedora e motivadora que nos permitiu aplicar o aprendido na aula á realidade dunha empresa galega con impacto internacional.
A partir de agora moita sorte a todos e todas na PAU! Ídelo facer moi ben!
O Concurso de fotográfia Xurxo Lobato destinado a alumnado de toda Galicia, chegou á súa edición número 20. Por este motivo, o concurso organizado pola asociación de ex-alumnos do IES Monelos, fixo a entrega de premios no Concello de A Coruña. No salón de plenos e en presenza da alcaldesa Inés Rey foron entregados os premios.
Este ano o alumnado do IES Monelos recolleu 2 premios:
Neréa Márquez un primeiro premio na categoría a Mellor fotografía da cidade de A Coruña e
Alejandro Lorenzo unha Mención de honra na categoría xeral.
Parabéns!
O día 10 de maio estivemos a participar no Día da Ciencia na Rúa que se celebrou, coma todos os anos no parque de Santa Margarita.
Os alumnos: Pedro Burgos, Lucía Morandeira, Sofía Regueiro, Daniel Rey e José Santaló, de 1º de Bacharelato, coordinados polo seu profesor Carlos Álvarez, propuxéronse o seguinte reto:
Queremos demostrar como a presión atmosférica actúa sobre os obxectos mediante experimentos simples e visuais. O noso obxectivo é que o público entenda a súa importancia na vida cotiá de forma divertida e interactiva.
O alumnado de 3º ESO B: Elena Álvarez, Eva Paz, Sabela Gago, Inés Insua, Vera Otero e Carmen Pérez, coordinados polo seu profesor Pedro Martín levaron a cabo un interesante proxecto sobre díxitos de control e probabilidades.
Este ano o Día das Letras galegas está dedicado á poesía popular e, por suposto ás cantareiras e pandeireteiras; vemos, pois, que a relación entre literatura e música é fundamental e a nosa cultura e tradición así o recollen.
O Departamento de Música e de Lingua Galega quixemos conmemorar esta data facendo partícipe e protagonista ao alumnado de secundaria e para iso, Rosa e Antón organizaron un concerto para toda secundaria o día 16 de maio.
Os profes de música encargáronse de ensaiar varias pezas coas nosas cantareiras e pandeireteiras: Carolina, Noa, Paula e Carmela; as pezas que logo interpretaron foron Negreira e Oroso. Ademais de ensaiar coas rapazas tamén o fixeron con parte do alumnado de 3º ESO e 4º ESO para que interpretasen a peza titulada Teño unha morena e rematasen o acto cantando o himno galego.
Grazas a todo o alumnado que nos deleitou coa súas voces e pandeiretas.
Xa temos a revista do EDLG do curso 2024-2025. Aproveitade e botádelle unha ollada! (premede na foto)
Ademáis podedes escoitar en Radio Monelos os programas elaborados por Raúl Orosa e Noa Vázquez de 3º ESO. O primeiro programa está centrado sobre a introdución á música tradicional galega e o seu impacto na actual. O segundo trata das cantareiras e pandeireteiras homenaxeadas neste ano 2025:
Cantareiras:
Adolfina (1912-2009) e Rosa Casás Rama (1914-2005) naturais de Vila da Igrexa (Cerceda)
Eva Castiñeira (1925-2008) natural de Agranzón (San Martiño de Ozón-Muxía)
Pandeireteiras:
Manuela Lema Villar (1913-1993)
Teresa García Prieto (1914-1979)
Prudencia García Prieto (1905-1993)
Asunción Garrido Ameixenda (1915-2007)
Todas elas da parroquia de Mens en Malpica de Bergantiños. Precisamente coñecidos como as Pandeireteiras de Mens.
O alumnado de 3º de ESO disfrutou o martes 1 de abril dunha visita ao Parlamento de Galicia. No contexto do currículo da materia de Xeografía e Historia, coñeceron de primeira man a sede do lexislativo galego, sendo acompañados na visita guiada polas dependencias do edificio.
Do aproveitamento da actividade son mostra estas fotografías...
O xoves 27 de marzo, o alumnado de 3º de ESO e 2º de Bacharelato da materia de Xeografía, visitaron a Granxa Ecolóxica "Casa Grande de Xanceda".
No percorrido polas instalacións, o alumnado puido coñecer as características da produción de lácteos de sello ecolóxico; así como disfrutar do contacto cos animais criados en condicións de respecto e benestar.
A nosa visita rematou cunha deliciosa degustación de iogures e queixos ecolóxicos.
O noso alumno de segundo de bacharelato Fernando López quedou finalista no certame ao mellor comentario estilo PAU organizado por "La Voz de Galicia" dentro do programa prensa-escola. O xurado elexiu a tres finalistas entre os cales está Fernando. Do seu comentario destacan as súas excelentes observacións, análise crítica e estilo fluido.
Parabéns, Fernando!
Xa temos preparados algúns dos vídeos de este enttroido. Comezamos coas rapazas de 1º de ESO que o fixeron así de ben contando a historia de Alicia no país das marabillas. Grazas a todas por participar!
As rapazas de segundo van facer ben enviándonos ao espazo porque non sabemos que pasou co sistema de grabación "profesional" co que contabamos, pero non se grabou a súa actuación. Se alguén ten un vídeo delas, que nolo faga chegar a través do correo arredemo@iesmonelos.edu.es. Perdoade queridas, aínda así os que estivemos alí poidemos gozar do ben que o fixestes.
Modo avión é a comparsa de 4º de ESO e estivo moi conseguida. O que non está tan conseguida é a sincronización do vídeo coa música pero que máis dá, o que importa é pasalo ben, verdad Marta? 😜
Os macarras de primero de bacharelato tamén o fixeron realmente ben aínda que como todo na vida, os hai que teñen máis ritmo que outros 😁
O mellor grupo sen dúbida é o de segundo de bacharelato A, ou o B, ou o C, non sabemos moi ben... Así pois, aínda que esta revista non ten confirmación oficial, imaxinamos que o tongo de todos os anos tamén produciuse neste. Agardamos que así sexa e se non, dobre tongo!
Xa temos o palmarés da competición de comparsas e mellores disfraces:
Comparsas
1º premio: O mellor curso 2º de bacharelato A.
2º premio: Team Beach Movie de 1º de bacharelato.
3º premio: Alicia no país das marabillas de 1º de ESO.
Disfraces
1º premio: Sheila Candal de 2º de bacharelato.
2º premio: As esquiadoras de 1º de ESO.
3º premio: Diego Insúa e Daniel Rey de 1º de bacharelato.
O alumnado de segundo de Bacharelato da materia de Empresa e deseño de modelos de negocio poideron aprender moito de impostos o pasado martes 25 de febreiro, coa axuda de dous representantes da Axencia Tributaria na sede da Coruña.
O alumnado de primeiro de bacharelato acudiu ao Ágora o venres 21 de febreiro á representación teatral de "El licenciado Vidriera".
O licenciado Vidreira é un dos relatos que compoñen as Novelas exemplares de Miguel de Cervantes Saavedra, publicadas orixinalmente en 1613. Adóitase clasificar entre as novelas de corte realista, centrada na descrición de personaxes e situacións verosímiles e descritas cunha técnica realista.
O licenciado Vidreira conta a historia de Tomás Toro, un neno pobre que vai estudar a Salamanca cos seus amos para logo viaxar por Italia e Flandes. Volta a Salamanca para terminar os seus estudos, é envelenado por unha dama que quere conseguir o seu amor. Como consecuencia vólvese tolo, crendo que está feito de vidro.
A rapazada de cuarto de ESO da materia de Economía puideron aprender sobre finanzas dentro do marco Eduemprende 24-25 e no programa Finanzas para mortais. En concreto aprenderon como xestionar unha conta bancaria, entre outras cousiñas que vanlles ser de moita utilidade na súa vida adulta.
O xoves 20 de febreiro o alumnado de 4 ESO fomos ao Centro Ágora para asistir á representación dunha obra de teatro da Compañía Amorodio titulada A nai.
É a historia de tres amigas que atopan un libro, Memoria de ferro, de Antón Patiño. Nel cóntase a historia real de tres irmás de Ribadavia que rexentaban a cantina da estación de tren e salvaron da morte a centos de xudeus.
Xa dispoñemos das primeiras probas gráficas do ben que o pasaron os rapaces e rapazas que estiveron na neve andorrana.
A visita permitiu ao alumnado da materia de Tecnoloxía e Enxeñería coñecer as instalacións dunha fábrica e observar os distintos procesos que se realizan, afianzando e ampliando os contidos que previamente se traballaron en clase.
Tras unha exposición inicial na que se explicou a actividade que realiza a empresa, a súa historia, a descrición dos procesos que realizan e os obxectivos que se expoñen alcanzar a medio e longo prazo, como os referidos á seguridade no traballo e impacto ambiental da actividade que desenvolven, puidemos realizar un percorrido polas instalacións e observar as distintas etapas do proceso de fabricación.
Despois ofrecéronnos un tentempié e entregáronnos uns obsequios.
Moitas grazas a todas as persoas que nos atenderon e ao xefe de produción que nos mostrou as instalacións e contestou a todas as nosas preguntas.
(Visita ofertada polo Concello da Coruña dentro do programa “A Coruña de Aventura”)
Os nosos reporteiros do xornal "DEFRIT" estiveron nas instalacións de "La voz de Galicia" nunha visita guiada polo grande profesional Carlos Ocampo.
Moitas grazas por esta magnífica acollida!
O pasado 16 de decembro o alumnado de segundo de Bacharelato da materia de Métodos Estatísticos e Numéricos.
O martes 10 de decembro tivo lugar unha charla informativa para 1º de Bacharelato, da axencia de Doazón de órganos de Galicia. A mesma estivo a cargo do Doutor Fernando Mosteiro Pereira, Coordinador de Transplantes da Oficina de Coordinación de Transplantes de Galicia.
Resultou de gran interese, para concienciar aos alumnos sobre a posibilidade de converterse en potenciais doantes cando sexan maiores de idade.
Moitas grazas ao doutor e á receptora dun órgano que o acompañao
O martes 3 de decembro o alumnado de 4 PDC visitou a Cidade da Cultura para ver a mostra internacional ‘ Unha vida viquinga’. Nela desmóntanse estereotipos como por exemplo que levaban casco con cornos.
Un día para o recordo.
O 28 de novembro tivo lugar unha charla sobre os perigos que entrañan as relacións sexuáis sen proteción, e as principais enfermidades de transmisión sexual a través delas. Foi impartida pola doutora Beatríz Alvar Martiñán, xinecóloga experta neste tipo de enfermidades no hospital Materno Infantil dá Coruña.
Participaron alumnos de 4º de ESO e demostraron moito interese polo tema.
Agradecemos á doutora pola charla tan educativa.
Dentro das actividades organizadas polo Concello da Coruña para o Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, o 26 de novembro, no Centro Cultural Ágora, asistimos á obra de teatro DeSexos da compañía Talía, e posteriormente a un coloquio con David Cerón sobre as relacións afectivo-sexuais na adolescencia.
Por Catalina Bago Pérez de 4º de ESO B
O mércores 13 de novembro o noso alumnado de 1º de ESO cumpriu coa tradición de facer a caminata polas Fragas do Eume.
Lembrade que as fotos que vos tomaron durante a marcha as veredes de novo cando os graduedes alá polo 2030!
Tamén queremos informar desde a revista que os profesores e a profesora acompañantes viñeron encantados co voso comportamento e a vosa alegria.
Parabéns rapaces e rapazas!
Por Sina Suárez Maceda de 1º ESO A
Este pasado xoves 7 de novembro de 2024 o escritor Nando López visitou aos alumnos de primeiro da ESO. Este acto realizouse no salón de actos desde as 10:30 ata as 11:30 da mañá.
Neste tempo, contoúnos todo sobre os seus libros. Ademáis, tamén nos dixo que fora profesor e que moitos personaxes están basados nos seus alumnos e alumnas.
Falamos sobre o seu libro "El reino de las tres lunas". Contoúnos o por que dos nomes dos personaxes e de onde viñan. Nós xa fixéramos antes un proxecto sobre este libro.
Aprendimos moito sobre el e sobre as súas obras, algunhas basadas na realidade.
Ao ser un escritor tan famoso algunhas das súas obras as converteron en series ou películas, e tamén podcasts e obras de teatro.
Os meus compañeiros fixeron moitas preguntas e el as respondeu.
Ao final accedeu a firmar os nosos libros deixándonos mensaxes cariñosas a cada un de nós.
Hoxe 21 de outubro de 2024 tivemos a sorte de ter connosco a Anxo González Guerra que, xunto con Vitoria
Ogando, é o creador de ogalego.eu, o blog máis utilizado nas aulas de lingua. Como escritor ten un libro moi especial Contos do avó Anxo para o neno Aldán, o seu
neto. Por todo o labor que realizou a prol da cultura galega, recibiu no ano 2018 o premio Xoán Manuel Pintos do concello de Pontevedra, cidade onde foi profesor durante moitos anos e no 2023 entréganlle o Billó de Ouro os concellos da comarca de Chantada, perto da súa aldea natal, Trasar de Carballo.
Anxo é ademais o irmán da mellor conserxe do mundo, a nosa querida Carmen, que hoxe se xubila e que botaremos tanto de menos.
Foi un día moi especial para o centro, quedará para sempre no noso recordo.
Acabamos de pechar o curso 23-24 en Arredemo. Moitas grazas aos nosos reporteiros e reporteiras polo voso traballo. Aquí tedes os premios á mellor reporteira, a mellor reportaxe e a axuda técnica. Ademáis demos unhas mencións especiais a aquelas rapazas que axudaron a que esto saia adiante. Esperámosvos o curso que ven!
Premio á mellor reporteira: Catalina Bago
Premio á mellor reportaxe: Eva Paz pola entrevista ao seu avó, ex-profesor de Monelos.
Premio á axuda técnica: Iria Hidalgo
“Recitamos o tempo” é un proxecto desenvolvido co alumnado de 3º ESO durante o curso 2023-24.
Ben sabemos que a nosa literatura -calquera que sexa o xénero que nos interese- está inzada de alusións aos diferentes fenómenos meteorolóxicos, nós imos centrar as nosas lecturas no xénero lírico.
“Recitamos o tempo” centrarase nos períodos da literatura obxecto de estudo en secundaria. Percibiremos como as voces poéticas que recorren a nosa breve escolma se achegan á meteoroloxía ou se aproveitan dela para recrear temáticas e temas de todos os tempos: amor, desamor, morte (paso do tempo), soidade, denuncia social, emigración, morriña e mesmo nos atoparemos coa personificación destes fenómenos.
Os nosos alumnos e alumnas máis brillantes recolleron hoxe o seu merecido diploma por estar entre os mellores expedientes de Galicia ABAU 2024.
Parabéns a Raquel Gantes Fernández, Jorge López Cuns, Andrea Valentina Suleimán Casalderrey e Juan Vilariño Rabuñal.
Case a piques de finalizar o evento, o grupo galego The Rapants cantou para todos os asistentes ao acto.
Entre as autoridades presentes no MEGABAU24 estiveron a Alcaldesa da Coruña Inés Rey, o Conselleiro de Educación Román Rodríguez e os reitores das tres Universidades públicas galegas: A Coruña, Santiago e Vigo.
Xa está dispoñible o documental sobre o programa YAM que se gravou no noso centro. O YAM (Youth Aware of Mental health), é dicir, mozos conscientes da súa saúde mental, céntrase en traballos grupais para debater como resolver problemas da vida diaria e situacións estresantes. Baseándose nun xogo de roles, represéntanse situacións complicadas e vías de solución.
A semana pasada remataron as sesións de Proxecto Competencial adicadas á realización de actividade física para os ex-compañeiros do CEIP San Francisco Xabier.
En concreto realizouse unha sesión por parte do grupo A para nenos e nenas de 3º e 6º de primaria e outras dúas a cargo do grupo B para nenos e nenas de 4º curso.
As actividades realizadas foron moi diversas: baile, un para un de fútbol, entradas a portería de balonmán e xogos como, por exemplo, atrapar a bandeira ou o crocodilo.
Penso que todos o pasamos ben e temos que darlle as grazas, tanto a directiva do cole como a Hugo, o profesor de educación física destes cursos por falicitarnos tanto a labor como o material que precisábamos. E como, non, tamén ao profesorado do instituto que proporcionou algunha hora a maiores para poder facelo.
Somos un equipazo!
A rapazada de 2º ESO paseou pola zona vella coruñesa co fin de documentar novas narracións radiofónicas no Castelo de S.Antón e de coñecer como a escritora María Solar creou a súa historia, "Os nenos da varíola", que leron este curso, a partir da información que conservamos sobre a Expedición Balmis e o antigo Hospital da Caridade da nosa cidade. Por eso coñeceron a rúa que leva o nome de Isabel Zendal; o Museo Militar onde hai unha réplica da goleta María Pita que levou aos nenos a América; o torno das Clarisas; a Casa Cornide onde se atopa actualmente o portalón de entrada ao vello hospicio; o instituto Zalaeta, que ocupa o solar dos nenos orfos doutro tempo, lembrado pola Rúa Hospital da Cidade; e a Igrexa de S.Nicolás, onde se gardan os restos de Teresa Herrera quen axudou a creación dese primeiro Hospital.
Por Catalina Bago Pérez
O pasado martes 28 de maio, os alumnos de terceiro da ESO fomos de excursión polos arredores de Ponteceso. Comezamos o día visitando o dolmen de Dombate, na parroquia de Borneiro, en Cabana de Bergantiños. Alí, escoitamos e aprendimos toda a historia do dolmen contada polo guía. O dolmen, formado por un conxunto de xigantescas pedras é un túmulo no cal soterraban aos mortos da época neolítica. Ademais, puidemos ver a réplica das pinturas rupestres que se atopan no interior da cámara. Estas teñen un valor moi especial xa que hoxe en día consérvanse moi poucas pinturas parietais en toda Europa. Mais...non todo ía ser teoría e tocaba poñer en práctica todos os coñecementos aprendidos durante a visita ao dolmen. Con lanzas e propulsores similares ás do Neolítico, fixemos un taller de caza co obxectivo de capturar algún cervo... O resultado... acabamos xantando uns bocatas en vez de carne de cervo! O noso non é a supervivencia.
A seguinte visita foi ao Castro de Borneiro. Avanzando na Prehistoria uns cantos anos, sumerxímonos na Idade do Ferro grazas á explicación do profesor de historia, Santiago Dans. Contounos como eran os fogares daquela época, os castros, e a forma de vida que levaban...Todo terceiro da ESO entramos nun dos castros e botamos unha bonita foto de recordo.
Antes de xantar, subimos ata a cima do Monte Branco, onde fomos recompensados coas maravillosas vistas da desembocadura do río Anllóns na Ría de Corme e Laxe. Dende esta gran altura, puidemos divisar o que sería o próximo destino onde acudiríamos para comer baixo o pinar: a praia de Balarés. A verdade e que o bo tempo acompañounos ao longo de todo o día, con isto, desfrutamos da espectacular praia xogando e incluso algúns mollaron un pouquiño os pés no mar.
Para rematar, fixemos un tramo do paseo ao lado do río Anllóns chegando finalmente a Ponteceso. Deunos a benvida a casa natal de Eduardo Pondal.
Este curso recuncamos e recibimos outra vez a visita de Andrea Maceiras. A autora falounos da súa obra: Conta nove estrelas e Miña querida Sherezade.
O alumnado de 1º ESO que leu no terceiro trimestre Conta nove estrelas e os integrantes do club de lectura, tamén de 1º ESO, que realizaron a lectura de Miña querida Sherezade, tiveron a sorte de compartir con Andrea Maceiras impresións sobre ambos libros.
Iniciouse a visita de Andrea Maceiras cunha breve presentación que realizaron dous alumnos de 1ºESO B: Xiana López Fuentes e Iago Martínez Gil. Achegáronnos cuestións relacionadas coa biografía da autora e a súa obra, que non deixa de ser xa extensa para a súa xuventude. Axiña, foi a autora, que nos visitou o día 16 de maio, a que tomou a palabra e compartiu con nós unha presentación na que foi explicando o proceso creativo e as vivencias familiares que a levaron a escribir ambas historias. Cóntanos, a autora, que todo este mundo creativo comezou cando era nena e lle contaba contos a súa irmá.
Amósanos, Andrea, fotos do seu gato, inspiración dos Bobós, protagonistas indiscutibles de Conta nove estrellas. Respecto a Miña querida Sherezade, a autora tamén compartiu con nós fotos nas que vemos o libro de Calleja que “vivía” e segue a facelo na casa da súa avoa ou os estudos que a autora realizou sobre a roupa empregada nas distintas épocas en que vive o libro.
O alumnado realizoulle a Andrea un sinfín de preguntas e, xa no remate, a autora asinou os exemplares dos libros. Marcharon todas e todos contentos cos debuxos e as dedicatorias.
Grazas, Andrea, desfrutamos moito coa túa visita!
O xoves día 23 foron entregados no IES Monelos os premios aos gañadores da 19 edición do concurso de fotografía Xurxo Lobato. Este concurso esta dirixido a alumnado de secundaria e está organizado pola asociación de amigos do IES Monelos.
Por moitas máis edicións!
A nosa alumna Sofía Regueiro de 4º de ESO levou o accésit da VII ª edición do Concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María. Este sábado 11 de maio o xurado do certame, composto polo realizador Omar Rabuñal Varela, o profesor e guionista, Eduardo Álvarez González, e a profesora e guionista, Anxa G. Refoxo, concedéronlle un accésit a nosa alumna polo videopoema Rosas, en que o xurado salientou “pola intelixente solución visual que xogando coa dobre cor, a luz e o ritmo, consegue transmitir a beleza da palabra poética”.
O concurso de videopoemas que organiza a Casa-Museo Manuel María ten por finalidade potenciar a creatividade artística a través da harmonía entre palabra e imaxe e difundir a obra de Rosalía e Manuel María. Esta sétima edición contou con medio centenar de participantes de centros educativos de Lugo, A Estrada, Portas, As Pontes, Miño, A Coruña, Vigo, Compostela, Pontevedra, Ourense, Sarria, Nigrán, Ponteareas, Narón, Ames, Zas, Cotobade, Ordes, Fisterra e O Saviñao.
O alumnado de primero de ESO fixo unha xuntanza co alumnado do mesmo curso do IES Agra de Leborís de A Laracha. Todos xuntos fixeron unha ximcana por Caión. Pasarono moi ben!
O Banco de España, a CNMV (Comisión Nacional do mercado de Valores) e o Ministerio de Economía, Comercio e Empresa organizan o Programa e Concurso Educación Financeira-Plan de Educación Financeira destinado a docentes de centros educativos de secundaria, bacharelato e formación profesional.
Cinco alumnos e alumnas de 4º de ESO: Iria Domínguez Grobas e Gonzalo García-Armero Brea e primeiro de Bacharelato: Inés Jaspe Rodríguez, Mirko Sahuenza Pita e Laura Gómez Fidalgo participaron o pasado 8 de maio no concurso de Cultura Financeira. Particípase por equipos e consiste nunha eliminatoria de preguntas e respostas. A primeira fase eliminatoria é en liña e os cuartos, semifinais e final serán presenciais.
Moita sorte!
Na gala de premios do certame de Cinema na Escola, a curtametraxe realizada polo alumnado de 1º ESO B, Lavandeira, obtivo os premios de Mellor son 2º premio e Premio en Valores.
A gala tivo lugar no Ágora .
Parabéns!!
O alumnado de 2° da ESO participou no concurso Segura-mente, un proxecto educativo de Afundación Obra Social ABANCA recoñecido co premio "Finanzas para todos" do Banco de España e a CNMV. Esta é a súa proposta para intentar conseguir os 2000€ de premio cos que financiarían a viaxe de fin de curso.
Xa temos listo a curta que nos vai representar no certame Cinema na Escola que organiza o Concello da Coruña. Aí tedes ás nosas alumnas e aos nosos alumnos de primeiro de ESO traballando como se fosen actrices e actores profesionais lembrando o noso río Monelos.
Moi ben feito, rapazas e rapaces, e moita sorte no concurso!
A semana pasada, o alumnado de 2º ESO estivo de excursión no parque de aventura Diverlandhoso en Oliveira (Portugal). Foi unha viaxa repleta de emocións, na que asumiron retos e superaron medos entre risas e diversión.
Na primeira xornada, chegamos ao parque e quedamos pasmados co fermoso lugar onde íamos a pasar a noite. Unhas cabanas enormes no medio do monte... Según deixamos as mochilas, comezamos coa primeira actividade de pontes colgantes. Entre risas, e algún que outro momento tensión, superamos as vertixinosas pontes. A continuación, fomos a comer para repor enerxías de cara ao que nos esperaba a continuación: a vía ferrata e o descenso vertical de 50 metros. Emprendimos o noso camiño en bus á zona de inicio da actividade, e pasamos unha emocionante tarde subindo pola vía ferrata, cun remate descendendo unha parede vertical de 50 metros facendo un atrevido rápel.
E ollo, que o día non remata aquí. Puxémonos guapos e guapas, ceamos e fomos a discoteca. E aínda quedaron pilas para estar ao conto nas cabanas...
A segunda xornada, comezou coa actividade mina laberinto subterráneo, onde tiñamos que ir descifrando pistas co noso mapa para acabar o percorrido no menor tempo posible. Tanta foi a intensidade do xogo, que ata tivemos algunha ferida de guerra. Logo, fomos a darnos un merecido baño nun fermoso Lago e xantamos para coller folgos de cara a tarde. Unha tarde na que voltamos ao Lago e nos lanzamos por unha tirolina que cruzaba o parque de arriba a abaixo. Moi rápida e divertida.
A media tarde, tras un pequeno tropezo que nos fixo pasar pola enfermería (non todo ían ser risas), collimos o bus de volta para Coruña coas enerxías baixo mínimos, pero aínda contamos uns chistes e puxemos uns temazos musicais para amenizar a soneca de volta.
Unha excursión chea de retos na natureza, bo ambiente e moitas risas. Creo que as fotos dan boa conta do ben que o pasamos tanto os profes coma os alumnos e alumnas. Sen dúbida, un bonito recordo xuntos.
Hai uns días, o alumnado de 4º ESO foi de excursión a Asturias. Dúas xornadas nas que os rapaces e rapazas desfrutaron de actividades deportivas ao aire libre, nunha fantástica contorna en Picos de Europa. O 1º día fixeron o descenso do río Sella en Canoa, nun percorrido de 7km rodeado de natureza e divertimento con algunha que outra sorpresa a modo de corrente e pequena fervenza. Unha vez rematada a actividade, fomos a pasear polo pobo de Ariondas e rematamos o día coa cea, chea de risas e ambiente de festividade, volvendo para o hotel ao remate.
Na 2ª xornada, fixemos barranquismo en Peñamellera Alta. A actividade levouse a cabo nunha zona natural fabulosa, percorrendo o descenso dun río con saltos, pozas, tobogáns naturais e un montón de divertidos desafíos, que nos motivaron a superar medos e a gozar dunha actividade de aventura total. Unha vez terminada a actividade, visitamos o fermoso pobo de Cangas de Onís antes de emprender o camiño de volta para Coruña.
Foron 2 días de deporte, bo ambiente e moitas risas, tanto para o alumnado como para os profesores de Educación Física acompañantes.
O pasado venres 10 de maio, como é tradición, o alumnado de 1º ESO saíu a realizar unha ruta de sendeirismo pola fantástica contorna do parque da natural das Fragas do Eume: ruta do “Camiño dos Cerqueiros”. Unha ruta diferente á habitual, por mor dunhas obras na carreteira de aceso á ruta da Ventureira. Tiveron a oportunidade de aprender sobre a biodiversidade da zona e de reflexionar sobre a importancia do coidado dos nosos montes mentres camiñamos. Foi unha ruta circular de 7km, na que paremos a merendar no fermoso “Mirador da Carbueira” cunhas fermosas vistas dende unha das zonas máis altas do parque.
Xa temos de volta aos nosos alumnos de Bacharelato que foron de viaxe a París. Parece que o pasaron estupendamente, as fotos así o certifican!
Luisa VIllalta
PRIMEIRA.- Poderá participar neste certame calquera alumna/o matriculada/o no IES Monelos durante o curso 2023-2024. Para este concurso estableceranse dúas categorías: -1ª Categoría (1º, 2º e 3º ESO). -2ª Categroría (4º ESO e Bacharelato).
SEGUNDA.- Cada participante de cada unha das categorías poderá presentar unha proposta a calquera das dúas modalidades: Poesía e Narración breve. - Modalidade de poesía: presentaranse dous poemas como mínimo, de tema e forma libres. - Modalidade de narración breve: a extensión máxima será de cinco páxinas por unha soa cara e o tema libre.
TERCEIRA.- Os traballos estarán escritos en lingua galega e deberán ser orixinais, inéditos e non premiados.
CUARTA.- Deberán estar escritos con ordenador, en tamaño A4, espazamento entre liñas simple e tamaño de letra 12; paxinados e sen asinar.
QUINTA.- Os traballos presentaranse por correo electrónico enviándoos á dirección endliesmonelos@gmail.com. No asunto figurará o PSEUDÓNIMO do autor. No corpo do texto figurarán o PSEUDÓNIMO, TÍTULO DA OBRA e MODALIDADE. Enviaranse dous arquivos adxuntos en PDF. O primeiro deles coa ficha de inscrición do concursante sinalando o seu nome, apelidos, idade e curso; no segundo arquivo irá o traballo que levará o PSEUDÓNIMO e o TÍTULO da obra.
SEXTA.- Haberá un premio por modalidade, aínda que o xurado poderá declarar deserto calquera deles no caso de considerar insuficiente a calidade dos traballos presentados. O importe dos premios será de: Modalidade de poesía
1ª categoría: vale de 30 €. Modalidade de narración breve
1ª categoría: vale de 30 €. Modalidade de poesía
2ª categoría: vale de 30 €. Modalidade de narración breve
2ª categoría: vale de 30 €.
SÉTIMA.- O prazo de entrega de traballos comeza o 8 de abril e remata o día 3 de maio de 2024.
OITAVA.- A composición e o fallo do xurado darase a coñecer 13 de maio de 2024.
NOVENA.- A organización do Certame publicará os traballos premiados na revista dixital do EDLG do IES Monelos Camiño do Corgo. Tamén poderán ser publicados algúns traballos non premiados se o xurado o considera oportuno.
DÉCIMA.- O xurado e a organización do certame están facultados para tomar as decisións que consideren oportunas ante a aparición dalgún imprevisto non recollido expresamente nas presentes bases. A participación neste certame implica o coñecemento e a aceptación íntegra destas bases.
Texto escrito por Inés Candamio e Ainhoa Prado
O día 2 de abril de 2024 fomos Ainara, Eva , Ainhoa e Inés, alumnas de 4 PDC, con Pilar Tobar a nosa profesora do Ámbito Lingüístico-Social, pasar o día a Lugo. Ao chegar dirixímonos ao Museo Provincial. Inicialmente fomos visitar a exposición "Yo soy. Memoria de las rapadas". Trátase dunha homenaxe ás mulleres represaliadas polo franquismo. Rapábanas e paseábanas semiespidas polas rúas. Ao lado das trenzas cortadas figuraban frases como “Dijo que no se avergonzaba y fue con la cabeza al aire por toda la calle” http://www.muvim.es/es/content/yo-soy-memoria-rapadas
Luís Seoane escribiu o poema "CABO. A Derradeira Imaxe. 1936":
A filla do zapateiro, ou do ferreiro, ou do xastre,
era levada en camisa pol-as rúas,
marcadas a fogo tres letras na fronte,
a cabeza enfeitada, escarnecida,
despoxada dos longos rizos loiros.
Berrábanlle as letras da fronte.
Eran soio ceibes a mar e os paxaros.
(Fragmento)
A seguir fixemos o percorrido completo da Muralla de Lugo mentres comiamos os ricos bocatas de Alfredo.
En conclusión, pasamos unha xornada inesquecible apesar da choiva que nos acompañou na viaxe.
Por Catalina Bago Pérez, alumna de 3º de ESO A
O pasado luns 18 de marzo, o alumnado de 3o da ESO púxolle fin ao proxecto Green Souls, que forma parte da iniciativa EUteens4green patrocinada pola Comisión Europea.
O programa do trimestre contou cunha formación de charlas impartidas pola organización Acción Social por la Juventud. Cada unha das tres charlas xirou en torno a unha temática específica na que se buscaba profundizar: o cambio climático e activismo medioambiental, a lexislación e financiación europeas e o voluntariado e emprendemento medioambiental. O obxectivo final era creación de distintas campañas de concienciación e sensibilización co medioambiente. Con isto, cada clase dividiuse en distintos grupos para crear a súa propia campaña e comenzar a competición Green Souls, que consistía en obter o maior número de likes coas diferentes publicacións que colgaron no Instagram da organización. Así, a través das pantallas, conseguiuse concienciar a moita xente.
Neste acto final, tras 11 campañas, 500 likes e máis de 2k de visitas en total, o equipo gañador foi: "El Greench", que foi agasallado cunha recompensa. Ademais, para completar esta xornada chea de ideas e recursos para combater o cambio climático, viño de visita o alumnado do CPR Plurilingüe San José de Pontedeume. Estes rapaces espuxéronnos as campañas de sensibilización que levaron a cabo noutro proxecto. tamén pertencente a EUteens4green.
Moitas grazas á organización Acción Social Juventud por poñer en marcha o proxecto con nós e noraboa ao equipo gañador! Podedes visitar todas as publicacións no instagram: @accion_ social_ juventud.
As alumnas que se mencionan foron as gañadoras do concurso do "Día da nena e da muller na ciencia" e do "Día da muller" 2024 organizado pola Biblioteca e EDLG do IES Monelos. A entrega dos premios realizouse o xoves 14 de marzo. Parabéns ás gañadoras!
Zeltia Deus Martín (1º ESO A)
Iria Hidalgo Novo (2º BAC A)
Noa Vázquez Fuentes (2º ESO A)
Laura Virosta Peón (1º ESO B)
Por Lupe Costas, profesora en prácticas do máster de secundaria
O pasado mércores, día 21 de febreiro, acudiu ao IES Monelos o catedrático e profesor da Facultade de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Monterroso. O público desta conferencia, a cal levaba por título “Cando a arte e a moda atópanse na historia” foi parte do alumnado de bacharelato. A conversa tivo como foco a función da vestimenta na nosa sociedade e como esta di moito da época, status, relixión, etc., da persoa correspondente. Monterroso tamén analizou o servizo de distinción social que segue cumprindo hoxe en día a moda e como está en constante transformación, especialmente no mundo da instantaneidade no que vivimos. Finalmente o poñente fixo unha aproximación á evolución da moda de alta costura especialmente ao longo do século XX, tratando temas moi interesantes como a representación e función da roupa feminina, así como a posterior ruptura e liberación do corpo da muller a través da moda, moi influenciada pola arte das vangardas durante o século pasado, as que tomará como referente tendo como resultado obras que serán case escultóricas ou pictóricas como o vestido “Piet Mondrian” de Yves Saint Laurent.
En definitiva, a través dunha curta pero intensa ollada á moda ao longo da historia e concretamente a súa relación coa arte das vangardas do século XX, pódese concluír que a arte nos rodea aínda que non nos deamos de conta, é unha linguaxe que está moito máis presente no noso día a día do que nos decatamos.
Fotografía e poesía de 24 autoras integran a mostra "Nós somos elas" que tivemos estes días no Instituto. As fotografías teñen ás mulleres como protagonistas e ás que acompañan poemas de 24 autoras: Ana Romaní, Antía Otero, Luz Pozo Garza, Olga Patiño, etc. A mostra quere poñer o foco nas mulleres e de aí a selección das fotografías, todas elas de José María Vidal que son parte da colección permanente do Museo do Mar de Laxe.
O martes 20 de febreiro fíxose entrega dos premios dos carteis do "Día da paz e da non violencia" organizado polo EDLG do IES Monelos e no que participaron o alumnado de 1º ESO do centro.
Os gañadores foron:
1º premio: Iria Díaz Herrero (1º ESO B)
2º premio: Rosalía López Rouco (1º ESO A)
Premios do xurado popular formado polo alumnado de 1º de ESO: Nestor Daniel Pérez Campo, Luis Felipe Terán Godoy y Daniela Barro García.
Parabéns aos gañadores. E grazas a todos por participar!
O pasado xoves 22 de febreiro os alumnos e alumnas de segundo de bacharelato da materia de Empresa e diseño de modelos de negocio, asistiron á charla impartida por Lorena Otero y Maria Jesús Muñoz da Axencia Tributaria. Durante dúas horas o alumnado de economía fixo un percorrido polos ingresos obtidos polas administraciones públicas a través do cobro de tributos, e os gastos con especial atención aos destinados a servizos públicos vitais coma a sanidade e a educación.
Hai uns días, o ilusionista Joshua Kenneth veu ao noso instituto para brindarnos a ocasión de ver o seu magnífico espectáculo de maxia en inglés. Os afortunados foron os alumnos de 3º de ESO que pasaron un momento de moita ilusión da man deste gran artista.
Joshua Kenneth Illusionist nace no ano 1995 na cidade da Coruña. O interese pola maxia deste mozo inglés-coruñés, comeza no 2006, no espectáculo “Armas baixo control” do Mago Antón. Estuda na 1ª promoción da única universidade de ilusionismo do mundo, en San Lorenzo del Escorial. Ademáis, complementa a súa formación, establecendo contactos con magos galegos, nacionais e internacionais. Participou en diversas actividades organizadas por centros públicos e privados facendo aparicións en televisión galega e nacional, achegando a súa visión da vida a través da arte do imposible.
Tedes uns vídeos no interior da revista!
1º DE ESO - AS HAWAIANAS
1º DE ESO - OS MINIONS
2º DE ESO - OS MILITARES
3º DE ESO - OS VIXIANTES DA PRAIA
1º BACHARELATO - MEN IN BLACK
2º BACHARELATO - AS BARBIES
E aquí tedes aos gañadores! E parece que non houbo tongo...
O alumnado de economía de 4º de ESO visitaron co seu profesor, Rubén Antelo, as instalacións da Coca Cola na Coruña.
O alumnado de 1º de ESO participou nun concurso de carteis coordinado pola profesora de Xeografía e Historia Rosa Gómez. Tamén o Equipo da Biblioteca e o EDLG organizaron un recital poético coordinado pola profesora de galego Luísa Corredoira.
Os nosos alumnos e alumnas de primeiro de bacharelato foron de visita ao fórum para que Xurxo Lobato en persoa lles ensinara as fotografías gañadoras da última edición do concurso.
O pasado 12 de decembro o alumnado de Bioloxía , Xeoloxía e Ciencias Ambientais de 1º Bacharelato visitou o Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía. Neste centro tiveron a oportunidade de coñecer, de primeira man, por parte de investigadores dos grupos UDCsólidos, EXPRELA e BIOCOST as liñas de investigación nas que están a traballar.
Moitas grazas a todo o personal investigador e da área de Comunicación polas súas interesantes explicacións, por amosarnos os seus laboratorios e polo tempo que nos adicaron.
A pasada semana tivemos a visita de Horizon Experiences que é unha ONG para a cooperación ao desenvolvemento que busca dar resposta á búsqueda dunha forma de viaxar diferente, unha maneira de ampliar horizontes e de coñecer o mundo a través de proxectos éticos, reales e sostibles.
Aproveitando a semana antes de Nadal, os problemas matemáticos de mezclas e o material de polos creativos o alumnado de 2° da ESO realizou unha actividade con chocolate. Nesta tarefa tiñan que realizar os cálculos para atopar o precio da mezcla de dous tipos de chocolate (un de repostería e outro de marca branca). A continuación calculaban o presuposto para a elaboración dos bombóns e finalmente o precio de venta ao que deberían comercializar cada unidade para obter uns beneficios para a excursión de fin de curso. Unha vez feitos os cálculos chegou o momento de cociñar, derretimos o chocolate, botamos os cereais e tras poñer a mezcla nos moldes decoramos con anacos de almendoa. O negocio non saiu como se esperaba e comeron os bombóns en lugar de vendelos. Acabaron felices, sen cartos pero cos estómagos cheos!
Aquí tedes as bases do concurso:
1. O concurso está organizado pola materia de Xeografía e Historia de 1º de ESO coa colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro.
2. O obxectivo do concurso sensibilizar ao alumnado nos valores da xustiza e da paz, implicándoos na resolución de conflitos de forma pacífica, partindo da súa realidade cotián e dos problemas de convivencia que existen no orde mundial.
3. No concurso participará todo o alumnado de 1º de ESO. O traballo terá carácter obrigatorio dentro da área de Xeografía e Historia.
4. A proba consistirá na elaboración dun cartel relacionado co tema do día da paz e da non violencia.
5. Os carteis quedarán expostos nos corredores do instituto durante o mes de febreiro de 2024.
6. O xurado estará formado por un representante dos departamentos de xeografía e historia, lingua galega, educación plástica e visual; o representante do equipo de dinamización da lingua galega e vicedirección.
7. Tamén haberá un xurado popular formado por todo o alumnado do centro.
8. A entrega dos carteis realizarase antes do 29 de xaneiro.
9. O mércores 1 de febreiro o xurado reunirase no 1º recreo para deliberar e outorgar os premios aos carteis gañadores.
10. O xurado popular votará ao longo de toda a semana (do mércores 31 de xaneiro ao venres 2 de febreiro) polo cartel que considere mellor.
11. Haberá un gañador e un segundo clasificado que terán premio. Por outro lado o xurado popular (alumnado) concederá un único premio ao máis votado. Os premios consistirán: • O primeiro premio dun vale de 5 bocadillos e bebida • O segundo premio dun vale 3 bocadillos e bebida canxeable na cafetería do instituto. Un agasallo por parte do xurado popular tamén canxeable na cafetería do instituto.
O venres 2 febreiro o EDLG do IES Monelos vai celebrar o Día da Candeloria. Podedes enviar unha mensaxe por escrito nunha carta de afecto a un compañeiro ou compañeira de clase ou do centro que teñades en estima, amistade... Na semana do 25 de xaneiro ao 1 de febreiro podedes entregar a carta (escrita en galego) a un membro do Equipo de Dinamización que se encargará de depositala na caixa de correo ao longo desta semana. No sobre da carta poñeredes o nome e apelidos do destinatario e o curso. O venres 2 de febreiro entregaráselle a carta ao afortunado ou afortunada.
A candeloria é unha palabra que ten a orixe no substantivo latino candela -ae, ‘luz alimentada con cera ou sebo’, termo co que se crea no latín tardío festa candelarum, ‘a festa das candeas’, que chega a nós acurtando a locución.
Celébrase o día 2 de febreiro, época importante no ciclo astronómico, pois coincide coa metade do inverno, no intre xusto entre o solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera, (pola candeloria, medio inverno vai fóra), no momento en que medran os días e a natureza comeza a preparar o estourido de vida que está a chegar. Sendo un intervalo relevante do ciclo estacional non é de estrañar que todas as culturas tivesen celebracións ao redor da data, sempre festexando a volta da luz e do desexo de fertilidade. Así, na mitoloxía celta, chamábanlle Imbolg, celebración na honra da deusa Brigit, protectora das colleitas, o gando e a fecundidade. A candeloria tamén podería estar relacionada coa festa romana das Lupercais, na que, alén de venerar o deus da fertilidade e a sexualidade masculina, Pan, facíase unha procesión onde os participantes zorregaban a xente cunhas tiras de coiro, co obxecto de “purificala”. O catolicismo procurou rematar coa festa –como fixo con moitas outras celebracións pagás–; para iso, o papa Xelasio transformouna na festividade relixiosa da “purificación” da Virxe María e mais a presentación de Xesús no templo; co paso do tempo, fíxose costume nas parroquias bendicir as candeas que se empregarían logo en caso de tronada ou nos velorios para alumear o defunto no camiño ao máis alá. A voda dos paxariños A partir da candeloria, ningunha ave voa soa di o refrán para lembrar que o mes de febreiro comeza, na cultura popular, cunha celebración ben especial, xa que casan os paxariños, ao que comeza o retorno das aves migratorias e os cortexos preludian o renacer primaveral. Da importancia que ten esta representación na imaxinaría tradicional europea dá conta a multitude de estampas nas que, desde tempos inmemoriais, o símbolo do amor e a unión sentimental son apaixonadas parellas de aves xuntando os peteiros. Tal é así que algunhas persoas defenden que, para nós, o 2 de febreiro debe ser a data do amor romántico, e non a que se celebra doce días máis tarde na honra dun crego romano do século III, chamado Valentín, representado cun rapazolo gordecho e voador que anda aseteando a xente… onde vai parar! Non hai comparación!
O alumnado da materia de Empresa e deseño de modelos de negocio de segundo de bacharelato visitou o pasado 12 de xaneiro a sede central de Pull&Bear en Narón. Moitísimas graza ás responsables de Recursos Humanos que nos atenderon durante á visita. Foi moi esclarecedor todo o que lles contaron aos nosos alumnos e alumnas, que ademáis puideron falar con responsables de deseño e producto, os cales aproveitaron a ocasión para facer un pequeno estudio de mercado con eles. Durante o percorrido poideron aplicar os conceptos estudados na aula como por exemplo: localización, dimensión, productividade, RSC, entorno, merchandising, innovación, marketplace, etc. Ata á próxima!
Bo Nadal á toda comunidade educativa do IES Monelos. Moitas grazas á acollida que tivo a realización da II edición do vídeo:
Felicita o Nadal a quen ti queiras!
Un ano máis ides poder felicitar ás persoas que máis queirades. Apuntádevos!
O alumnado de 1º de ESO A e B xunto cos seus titores de 3º de ESO A e B do programa TEI (Titoría entre iguais) asistiron os días 4 e 5 de decembro ao rocódromo de Riazor para realizar prácticas de escalada.
Catalina Bago Pérez, 3º da ESO A.
O pasado venres 1 de decembro, os alumnos de 3º da ESO A, comezamos o mes dun xeito moi musical. Tivemos unha saída ao Palacio da Ópera, onde escoitamos un ensaio da Orquesta Sinfónica de Galicia. Interpretaron a Sinfonía no4 en mi menor, op. 98, de Johannes Brahms e dirixida por Roberto González-Monjas.
Johannes Brahms naceu no 1833 en Hamburgo, Alemaña. Foi un gran compositor, director e pianista pertencente ao xénero musical do romanticismo.
Gustounos moito e esperamos repetir pronto, descubrindo pouco a pouco todos os estilos e compositores da historia da música.
E como non, botamos unha foto de grupo para ter o recordo.
As alumnas Inés Insua Puente (1º ESO B) co relato "A pantasma do lago" e Marta Souto Naveira (3º ESO A) co relato "A miña historia" foron as gañadoras do segundo concurso de relatos de terror do IES Monelos, que organiza a Biblioteca e o EDLG do centro.
Parabéns ás gañadoras e moitísimas grazas aos participantes!
O alumnado de terceiro e cuarto de ESO de PDC aistiu onte á obra de teatro: "Soños". É a primeira obra teatral galega que trata a situación da mocidade tutelada dunha forma integral. Un espectáculo divertido, ameno e sorprendente. Tamén cunha gran forza social. Unha ficción moi realista que nace do contacto directo do autor e directora coa mocidade tutelada. Levan as súas experiencias ao escenario. Soños é unha xanela á realidade da mocidade en risco de exclusión. Ensina o seu contexto, as súas aspiracións e medos. Un espectáculo que chega con moita facilidade ao corazón e cabeza do público adulto e xuvenil.
O pasado venres 17 de novembro tivemos o pracer de ter no noso centro estudantes de cuarto curso do grado de Economía a través do proxecto ApS sobre Responsabilidade Social Corporativa. Estes estudantes puideron explicarlles aos nosos alumnos e alumnas de primeiro de bacharelato os seus traballos baixo a temática da RSC.
Moitas grazas á súa profesora Mayte García Álvarez por elexirnos para desenrolar dito proxecto.
O pasado venres 3 de Novembro o alumnado de 2° da ESO acudiu ao III Encontro de Cyberseguridade celebrado na cidade la Cultura de Santiago. Nesta saída asistimos á final do concurso de Cyberseguridade no cole presentado por Esther Estévez e no que gañou o IES de Foz. Vimos a obra de teatro Amanda T, representada pola Escola galega de artes escénicas que versa sobre un caso real de cyberacoso e participamos nunca charla de Cyberseguridade sobre os perigos das redes sociais e a importancia do uso seguro e responsable.
O pasado martes 7 de novembro realizouse a entrega dos premios da 3ª edición de Cociña de Outono celebrado no instituto o pasado 26 de outubro.
O primeiro premio foi para Carolina Barbeito de la Cruz, Ada Pita Fernández e Paula Rial Cernadas por un Carrot Cake e o segundo para Estela Cao Díaz e Iria Díaz Herrero por alfajores arxentinos.
Parabéns ás gañadoras!
Organizado pola Biblioteca escolar en colaboración do EDLG do Centro.
PRIMEIRA.- Poderá participar neste certame calquera alumna/o matriculada/o no IES Monelos durante o curso 2023-2024. Para este concurso estableceranse dúas categorías: -1ª Categoría (1º, 2º e 3º ESO). -2ª Categoría (4º ESO e Bacharelato).
SEGUNDA.- Cada participante de poderá presentar unha proposta de relato curto. A extensión máxima será de cinco páxinas por unha soa cara e de temática de terror.
TERCEIRA.- Os traballos estarán escritos en lingua galega e deberán ser orixinais, inéditos e non premiados.
CUARTA.- Deberán estar escritos con ordenador, en tamaño A4, espazamento entre liñas simple e tamaño de letra 12; paxinados e sen asinar.
QUINTA.- Os traballos presentaranse por correo electrónico enviándoos á dirección endliesmonelos@gmail.com. No asunto figurará o PSEUDÓNIMO do autor. No corpo do texto figurarán o PSEUDÓNIMO, TÍTULO DA OBRA e CATEGORÍA. Enviaranse dous arquivos adxuntos en PDF. O primeiro deles coa ficha de inscrición do concursante sinalando o seu nome, apelidos, idade e curso; no segundo arquivo irá o traballo que levará o PSEUDÓNIMO e o TÍTULO da obra.
SEXTA.- Haberá un premio por categoría, aínda que o xurado poderá declarar deserto calquera delas no caso de considerar insuficiente a calidade dos traballos presentados. O importe dos premios será de: Modalidade de relato de terror 1ª categoría: vale de 30 €. Modalidade de relato de terror 2ª categoría: vale de 30 €.
SÉTIMA.- O prazo de entrega de traballos comeza o 23 de outubro e remata o día 10 de novembro de 2023.
OITAVA.- A composición e o fallo do xurado darase a coñecer o 24 de novembro de 2023.
NOVENA.- A organización do Certame publicará os traballos premiados na páxina web da Biblioteca escolar, na revista dixital do EDLG do IES Monelos Camiño do Corgo e elaborarase un podcast para ser emitido por Radio Monelos. Tamén poderán ser publicados algúns traballos non premiados se o xurado o considera oportuno.
DÉCIMA.- O xurado e a organización do certame están facultados para tomar as decisións que consideren oportunas ante a aparición dalgún imprevisto non recollido expresamente nas presentes bases. A participación neste certame implica o coñecemento e a aceptación íntegra destas bases.
A misión de ADOS é a de actuar como un instrumento de xestión eficiente para asegurar a doazón voluntaria de sangue, o procesamento, fraccionamento, almacenamento e o abastecemento de compoñentes sanguíneos e hemoderivados, a coordinación de transplantes de órganos e a obtención, procesamento, almacenaxe, distribución e implante de células e tecidos, aplicando os criterios de calidade vixentes no mercado e na lexislación de aplicación, e seguridade marcados tanto pola lexislación vixente como polas guías científicas, e asegurando que se cumpren todos os aspectos éticos inherentes á doazón e ao uso de substancias de orixe humana procedentes dela.
Organizado polo EDLG. Bases do concurso:
1. Poderán participar todos os membros da comunidade escolar do centro.
2. Presentaranse os pratos a primeira hora do xoves 26 de outubro no corredor de entrada do centro.
3. Xunto ao prato deberá adxuntarse a receita que terá que estar escrita en galego.
4. Haberá un primeiro e un segundo premio para o alumnado participante.
5. O primeiro premio terá un valor de 30 €.
6. O segundo premio terá un valor de 20 €.
7. O xurado estará formado por tres profeso@s e dous alumn@s que elixirán os pratos que consideren que son mellores.
8. Durante o segundo recreo haberá unha cata por parte dos membros do centro.
9. A participación neste concurso supón a aceptación destas bases.
O alumnado de TIC de 1º de Bacharelato participou na actividade STEAMdomus asistindo a unha charla sobre animación, videoxogos, produción audiovisual e intelixencia artificial para a mocidade. En grupos, participaron tamén na Escape Room "Misión na Domus".
AESLEME é unha asociación nacional sen ánimo de lucro e declarada de utilidade pública, dedicada á prevención de lesións graves por sinistros viarios. O obxectivo da asociación é conseguir diminuír o número de persoas que sofren as consecuencias dun accidente, mediante campañas educativas propias, que se dirixen a toda a sociedade española.
En 1990, ao redor de 80 persoas tiñan unha lesión irreversible cada día (29.200 ao ano), 30 anos despois a cifra diminuíu a un total 8.308. E aínda que o descenso é moi importante, seguen sendo moitas as vítimas. Non esquezamos, ademais, que a estes números hai que engadir ás persoas que falecen e ás familias que sofren a perda ou a discapacidade dun ser querido
“TE PUEDE PASAR” está enfocada a alumnos de hasta 3º ESO y consta de las siguientes partes: factores de riesgo (peatones, ciclistas, pasajeros, usuarios de ciclomotor, bicicleta o patinete eléctrico), medidas preventivas (uso de casco y cinturón..), actuación en caso de accidente y consecuencias de los accidentes.
Moitas grazas a Daniel por concienciarnos da importancia de cumprir coas normas de tráfico e contarnos a súa historia.
Damos por finalizado o curso 22-23 da revista escolar Arredemo pechando un capítulo cheo de historias. Foi unha viaxe incriblemente enriquecedora, onde compartimos pensamentos, reflexións e emocións a través das nosas páxinas.
Queremos agradecer profundamente a todos os alumnos e alumnas e profesores e profesoras que fixeron posible esta publicación. Esta revista foi unha xanela cara ao mundo interior da nosa comunidade que nos serviu a todos para coñecernos mellor.
Aos nosos queridos lectores, grazas por acompañarnos nesta viaxe.
Volvemos o curso que vén!
Premio á mellor reportaxe: "Tres xeracións de alumnos de Monelos"
Premio á mellor reporteira
Mención especial como colaboradora técnica da revista.
Uxía López Amor, alumna do IES Monelos, recolleu da man da alcaldesa Inés Rey o seu premio.
A promoción de 2023 graduouse nunha preciosa celebración no Ágora. Foi un día especial para toda a comunidade educativa do IES Monelos.
Grazas por deixarnos acompañarvos no voso camiño cara ao gran e prometedor futuro que vos espera.
Desexámosvos o mellor nesta nova etapa!
O venres 9 pola mañá fomos facer unha visita ao castro de Elviña. Recibiunos moi amablemente Nina, a nosa guía.
O primeiro que nos contou foi as medidas do lugar, equivalente a uns vinte campos de fútbol profesional. Tamén nos falou dos pobos que o habitaron, galaicos e ártabros. Mostrounos varios artiluxios da idade dos metais coas súas correspondentes funcións. A seguir vimos diferentes edificacións. Na foto pódense observar os restos dunha casa coa súa lareira. Por último levounos a unha construción que lles servía aos castrexos como pozo.
A excursión foi moi interesante, aprendemos moito.
Alumnado 2 ESO PMAR
Hola Adriana, somos Elena e Mario de 1º E.S.O. B
Elena: Que instrumento ou instrumentos tocas?
Adriana: Violoncelo e piano
Mario: Cantas horas pasas no conservatorio?
Adriana: Todas as tardes e nos fins de semana dúas horas
Elena: Cal é o teu tipo de música favorita?
Adriana: A música clásica
Mario: Como compaxinas o conservatorio cos estudos?
Adriana: Estudo nas horas libres
Elena: Onde era o concurso no que participaches?
Adriana: Mandei un vídeo a Ucraína
Mario: Cal e o teu/ a túa compositor/a favorita?
Adriana: Saint Saëns
Elena: Gústanche as clases de música deste instituto? Son parecidas a las del conservatorio?
Adriana: Non me gustan e non son parecidas
Mario: Que te gustaría ser de maior?
Adriana: Violonchelista
Elena: En un futuro lonxano, cómo te ves no mundo da música? Seguirás, deixaralo...
Adriana: Seguirei na música
Mario: Que te animou a empezar coa música?
Adriana: Escoitaba música de pequena e animeime
Elena: Con cantos anos empezaches a tocar?
Adriana: Con 7 anos
Mario: Que tal che vai no instituto?
Adriana: Máis ou menos…
Elena: A parte de tocar, tamén compós?
Adriana: Non, só toco
Mario: Tes algún irmán/ irmá que tamén toque? Que instrumento?
Adriana: A miña irmá toca o piano
Elena: Cantos premios tes?
Adriana: Gañei o concurso internacional e fun finalista noutros
O pasado mércores 24 de maio, Manolo Arias profesor do CLUBEXA acudiu ao IES Monelos para xogar unhas simultáneas de xadrez.
Participaron 13 alumnos que durante os recreos xogaron contra o profesor e puxeron a proba os avances logrados ao longo deste curso 22-23
O alumnado de 1º ESO estivo de excursión de fin de curso no fantástico entorno natural dos picos de Europa. Moitos momentos divertidos que quedan para o recordo cos compañeiros e compañeiras, así como cos titores Ramón e Cristina, co profe de Educación Física Iván e coa auxiliar de conversa en inglés Gabri. Foron dous días de aventura, que comezaron cunha longa viaxe en autobús na que "a golpe de micrófono" as risas estiveron aseguradas.
Chegamos o martes aos Lagos de Covadonga, onde as condicións meteorolóxicas complicaron o plan de ruta de sendeirismo, comendo e vendo os lagos entre a néboa e a choiva. Baixamos ao hotel, mudamos a roupa, e aproveitamos a tarde para visitar Cangas de Onís e a Capilla de Covadonga coa súa fermosa cova. Logo fomos cear, conversamos, rimos..., ata que volvimos ao hotel para descansar e madrugar o seguinte día.
O mércores, baixamos a almorzar e puxémonos os traxes de neopreno para facer BARRANQUISMO. A actividade comezou cunha camiñata que nos permitiu chegar ao punto alto de Peñamellera, onde escoitamos atentamente as explicacións de seguridade dos monitores de "Los Cauces Multiaventura", e comezamos a descender pola canle do río (vaia aventura). No descenso tirámonos por tobogáns naturais, trepamos, destrepamos, saltamos, nadamos... e, sobre todo, disfrutamos un montón.
Texto escrito polos alumnos e alumnas de segundo de ESO PMAR.
O venres 12 de maio fomos ao Aquarium Finisterrae.
Primeiro, unha guía falounos sobre as diferentes zonas que iamos visitar tanto no interior como no exterior.
A seguir vimos uns grandes tanques de auga con peixes de diferentes ecosistemas de Galicia. Vimos tamén varios animais pequenos: medusas, cabaliños de mar, estrelas de mar... e outros peixes tropicais. Tamén habia ósos de peixes e baleas.
A seguir baixamos á sala Nautilus. Puidemos observar como lle daban de comer a Gaston, o tiburón touro, estrela do acuario.
Por último saímos aos estanques exteriores para ver como alimentaban as focas.
Gozamos moito. Nunca esqueceremos esa mañá!
O día 10 de maio, visitounos no noso centro Andrea Maceiras. E por que nos visitou esta autora? Porque o alumnado de 1º ESO A e 1º ESO B leu este curso Conta nove estrelas, un libro que os engaiola e do que queren saber máis.
Andrea compartiu con nós, alumnado e profesorado, unha presentación na que vai explicando o proceso creativo e as vivencias que a levaron a construír este relato. De todo isto, o que máis lle chamou a atención ao alumnado foi o referente dos “bobós”, que non é outro que o gato da propia autora.
Os nenos e as nenas realizáronlle preguntas a Andrea con moito enstusiasmo, incluso algunhas delas foron sobre outros libros que tamén leron.
Andrea, coas súas palabras, transmitiunos o seu amor pola literatura e animou os pequenos a seren creadores das súas propias historias.
Para rematar, a autora asinou libros cunha dedicatoria persoal.
Foi esta unha visita moi interesante, agardamos que se volva a repetir.
Texto facilitado por María Luisa Corredoira
O pasado mércores, día 3 de maio, alumnado de bacharelato realizou o “Roteiro Rosaliano”
A primeira parada deste roteiro realizouse na Casa Museo de Rosalía de Castro, alí todo o alumnado recibiu unha charla introdutoria á visita posterior pola casa e a súa contorna.
Logo de tirar fotografías e falar sobre cuestións diversas, entre elas: fotos da autora e da familia, aspectos sobre Murguía ou o virtuosismo do seu fillo Ovidio, pasamos á lectura de varios poemas de Rosalía. A lectura dos poemas realizouse desde a solaina e as encargadas de realizala foron África, Antía e Lucas.
Partimos da Casa Museo e fomos dar un paseo pola vila, de seguido partimos para Compostela, segunda parada do roteiro. Visitamos o Panteón de Galegos Ilustres onde o alumnado se interesou polos persoeiros insignes alí soterrados. Diante da tumba de Rosalía, unha alumna, Andrea, e un alumno, Antonio, realizaron cadansúa lectura de textos rosalianos.
Finalizamos o roteiro, achegándonos á alameda compostelá para visitar no Paseo da Ferradura a fermosa estatuta dedicada á memoria da autora.
Texto facilitado por María Luisa Corredoira.
A visita dos alumnos de segundo de bacharelato da materia de Economía de Empresa ás instalacións de Pull&Bear en Narón, resultou unha experiencia enriquecedora e motivadora para os nosos alumnos/as.
Durante a visita, Laura, responsable de recursos humanos de Pull&Bear, guiou aos alumnos polas diferentes áreas da empresa, mostrándolles como funciona a área de loxística, o proceso de deseño e creación de prendas, o departamento comercial e ata a área de fotografía de modelos. Os estudantes puideron coñecer de primeira man o proceso de produción e comercialización das prendas de vestir, desde a súa concepción ata a súa distribución nas tendas.
A visita foi unha oportunidade para que os alumnos puidesen poñer en práctica o que aprenderon na súa materia de Economía de Empresa, vendo como se aplican os conceptos teóricos a unha empresa real.
Dous reporteiros de Arredemo de segundo de ESO: Catalina Bago e Xian Bendaña tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man o traballo do xornalista da Cadea SER Pablo Díaz Bouza. Durante a xornada, estes mozos mergulláronse no mundo da radio e foron testemuñas de como se elabora un programa nunha das emisoras máis importantes do país.
Os estudantes, ávidos de coñecer como é o día a día dun xornalista, decidiron seguir ao reporteiro durante todo o proceso de elaboración dun programa en directo. Desde o inicio da xornada, os estudantes foron guiados polo xornalista, quen lles explicou detalladamente cada un dos pasos que se dan para levar a cabo un programa de radio.
A experiencia foi altamente enriquecedora para Xian e Catalina xa que puideron aprender de maneira práctica como funciona o mundo do xornalismo e puideron apreciar a importancia do traballo en equipo e a colaboración para levar a cabo un programa en directo. A iniciativa destes mozos demostra o seu interese por coñecer de primeira man as profesións que espertan a súa curiosidade e o seu desexo de aprender. Sen dúbida, esta experiencia serviralles como unha valiosa ferramenta no seu futuro académico e profesional.
Xa temos a entrevista. Grazas Pablo por ser tan amable connosco!
Aquí tedes a entrevista que lle fixeron ao periodista Pablo Díaz Bouza da Cadena SER transcrita por Catalina Bago:
Hoy nos encontramos a pie de calle, junto al periodista Pablo Díaz Bouza, locutor de la cadena SER de A Coruña del programa Hoy por Hoy. Concretamente estamos Pablo, Juan Carlos el vicedirector, Xián y yo, Catalina, alumnos de 2º de la ESO del grupo A, en la calle Real. Durante la mañana de hoy estamos siguiendo toda la jornada laboral de Pablo, que diariamente recorre las calles de nuestra ciudad para hacernos llegar a todos sus oyentes las noticias del día.
-¿Desde pequeño tenías claro que querías ser periodista? ¿O querías dedicarte a otro trabajo?
No, la verdad es que no lo tuve muy claro hasta que estuve en segundo y tercero de la eso que más o menos empiezas a darle vueltas a la cabeza de lo que quieres hacer, pero no, no lo tenía claro. Siempre me gustó estar de cara al público, hablar mucho, leer. Entonces digamos que la inquietud estaba, pero no sabía hacia dónde específicamente dirigirla. Pensé en hacer Derecho, pensé en estudiar Políticas... Me decanté por aquí porque era lo que más me gustaba.
-¿Tuviste algún referente durante tus estudios?
Sí, un periodista de Onda Cero, Carlos Alsina, a día de hoy sigue trabajando.
-¿Cuándo hablaste por la radio por primera vez?
La primera locución no siendo periodista aún, fue siendo estudiante, estaría en 4º de la ESO. Nos llevaron de excursión a la Radio Galega. Nos sentaron en un estudio, y yo ahí ya le andaba rondando a la opción de periodismo, lo que decía antes, periodismo, políticas... Y sentado en el estudio dije: "esto mola mucho, está muy guay." Entonces yo creo que ahí fue cuando me convencí.
Luego ya trabajando como tal, o bueno, haciendo las prácticas en este caso que fue cuando estaba a punto de terminar la carrera, en el verano de 2015, fue cuando hice las prácticas del grado que estudié de Periodismo en Santiago, en la cadena SER. Ahí digamos que fue la primera vez "oficial" siendo casi graduado.
-¿Qué es lo que más te gusta de tu trabajo?
El poder salir todos los días... el poder estar en la calle, hablar con gente totalmente distinta todos los días, ver sitios diferentes, hay muchos sitios que podemos entrar nosotros para una rueda de prensa o para algo que normalmente la gente no puede, entonces digamos que ese es uno de los alicientes para hacer este trabajo, desde luego.
-¿Es un trabajo difícil, que requiera mucho esfuerzo?
Depende del día y de lo que hagas. Hay a veces ruedas de prensa que son muy complicadas, cuando hablan de presupuestos, por ejemplo, son muchos números muchas cifras. Luego hay otras que son mucho más sencillas. Depende del día de quién hable, de lo que se hable... Hay temas que son mucho más farragosos, complicados, que primero tienes que entenderlos tú para luego hacérselo entender a la gente.
-¿Sabes cuánta gente escucha la radio todos los días?
La radio no funciona como la tele, en la tele hay unos medidores que miden todos los días la audiencia, siempre se dice al día siguiente la audiencia que tuvo el programa del dí anterior. En la radio no existe, por ahora, un sistema de medición que mida al momento cuánta audiencia tenemos, es decir, mañana no vamos a saber la audiencia que hemos tenido hoy.
Hay un sistema que se llama EGM, es una encuesta, se llama Estudio General de Medios. Cada cuatro meses, es una encuesta que se hace a nivel de toda España, se hacen miles de llamadas. Os podrían llamar a vosotros, a vuestros padres, abuelos, primos, a quien sea, y les van a hacer preguntas del estilo: ¿Escuchas la radio?, ¿a qué hora?, ¿a quién escuchas?, ¿qué programas escuchas?, ¿qué locutor escuchas?
Con la idea de saber de forma verídica, una encuesta, qué es lo que tú escuchas más habitualmente. Luego como cualquier encuesta, se analiza y demás y ahí conocemos los resultados. Como cualquier encuesta tiene sus fallos, tiene sus cosas buenas, sus cosas malas. Nosotros en Radio Coruña por ejemplo, que sale a mediados de abril así que debe estar para salir, en la última, rondamos entre los 50 mil y 60 mil oyentes diarios. Es un cifra aproximada, porque es muy difícil hacer el cálculo, pero más o menos eso es lo que rondamos. No es una cifra exacta como puede ser en la tele, como puede ser a través de un streaming de YouTube, que ves un número de una persona que te está viendo. La idea es,como ahora a través de las conexiones digitales es mucho más fácil averiguarlo, porque es un dispositivo conectado, es mucho más sencillo. Pero aún no está desarrollado del todo como para saberlo exactamente.
-¿Qué noticias te gusta más cubrir?
Las locales. Son las más divertidas y las que yo creo que le llegan a a la gente mucho más cerca. Lo habéis visto antes, visteis a la alcaldesa de tú a tú, eso no lo podéis hacer o es muy poco probable que lo vayáis a hacer con el presidente de la Xunta o con el presidente del Gobierno, hay más lejanía. Es mucho más divertido porque es gente con la que tratas todos los días con la alcaldesa, con el líder de la oposición, con el resto de candidatos del resto de partidos, hay ruedas de prensa casi todos los días, y los ves muy a menudo y sabes más o menos cómo piensan, las propuestas que han hecho... Tú como lector, como oyente de radio, también es mucho más habitual la información que tú recibes a nivel local. Y luego que es más divertido porque son cosas mucho más de calle, de cosas concretas y específicas, de este bache que se tiene que arreglar, esta escuela que tiene estos problemas...Y eso son cosas que tú ves en el día a día, entonces a mí me parece mucho más divertido. Le puedes preguntar directamente a los políticos y entonces eso es mucho mejor.
-¿Le recomendarías a alguien este trabajo?¿Qué cualidades crees que debe tener un buen periodista?
Nosotros lo primero que siempre decimos cuando alguien dice que quiere estudiar periodismo, es no, no lo hagas. A pesar de que sí, trabajando como periodista es una broma que tenemos interna porque lo cierto es que la carrera como tal yo creo que decepciona. O sea, o vas muy convencido de hacerla o a lo mejor te llevas un chasco. Yo me lo llevé estudiando periodismo, lo que pasa es que era a lo que yo quería aspirar con lo cual la hice.
El trabajo es precioso, es muy bonito porque es muy agradecido, porque estás de cara al público...Primero te tiene que gustar el estar de cara al público, y que la gente, en mi caso, te escuche y saber que tienes una relación con esos oyentes, pues el caso de vuestro vicedirector, (aquí presente), que me escucha todas las mañanas. Que te puede decir algo que tú has dicho esa mañana y te has equivocado, o que le ha gustado, o una forma de entender la realidad, que es muy próxima. Este trabajo me gusta mucho, me permite estar en sitios que si trabajase de abogado o de profesor o de arquitecto, no podría entrar, porque no son sitios habituales a los que entre el común de los mortales, pero nosotros sí. Entonces he descubierto y visitado sitios muy chulos, he hablado con gente super interesante, que de otra manera no habría tenido ocasión de compartir con ellos la ocasión. La persona más brutal que yo haya podido conocer fue hace unos años, una señora víctima del holocausto, o sea, superviviente del holocausto, uno de los campos de exterminio. Esa es gente que no te vas a encontrar paseando por la calle Real y que tú puedas hablar con ella. Entonces tener conversaciones con gente a ese nivel o de ese estilo: escritores, músicos, políticos, a mí que me gusta mucho la política...
¿A quién se lo recomendaría? A alguien que le guste todo eso que he dicho que le guste estar muy pendiente de la actualidad, (porque aunque no estés trabajando, estás en Twitter, o estás leyendo o te cuentan algo y tu cabeza dice: uy, anótalo porque mañana esto te puede servir. No llegas a desconectar del todo pero tampoco d¡te gusta desconectar del todo. Es como una relación un poco problemática a veces de desconexión. Pero es muy divertido y os lo recomiendaría a cualquier persona que tenga un mínimo de inquietudes, de interés lector, de hablar, escuchar, es una profesión de escuchar mucho a la gente y...ciertas dosis también de un poquito de ego, que también somos un poco ególatras los periodistas.
-Y para terminar, ¿nos puedes contar alguna anécdota simpática que te haya pasado como periodista?
(Risas).
Tengo una que me pasó ya hace unos años, aún estaba trabajando en Santiago. Por las mañanas, que siempre va todo mucho más rápido cuando estamos haciendo los boletines informativos, a primera hora, (ahora no se hace tanto), antes cuando en las mañanas de la Ser estaba Pepa Bueno, había una cosa que se llamaba la Mesa de España. Era un recorrido por distintas ciudades autónomas con alguna noticia de esa comunidad autónoma. De esa parte me encargaba yo de hacerla mientras mi compañero preparaba el informativo para Galicia yo entraba para contársela.
Fue un día que se nos habían caído los ordenadores, entonces cuando llegamos a la redacción no teníamos la luz, hubo que restablecer la mesa...al estrés ya habitual de preparar el informativo teníamos el de no funciona absolutamente nada, a ver cómo salimos para contar las cosas.
Yo estaba en modo automático, entré con el folio, evidentemente se lee todo lo que contamos, porque claro que leemos, para no cometer errores de ningún tipo. Entonces yo estaba leyendo pero leyendo en modo automático, o sea, daba igual el papel que tú me hubieses puesto delante, yo lo iba a leer y no iba a pensar en lo que estaba leyendo. Cuando mi compañero me despidió, me dijo: un beso, Pablo. Y mi respuesta automática fue: un beso, Pablo. Y salí del estudio sin ser consciente de lo que había dicho. Cuando vi a mi compañero rojo, lleno de lágrimas que le estaban cayendo de la risa...yo no era consciente de lo que había dicho en absoluto... y hubo un cachondeo durante toda la mañana al respecto de ese error simpático y gracioso mío de primera hora.
Y otra anécdota fue en una rueda de prensa que cubríamos. Imagínate que están haciendo aquí unas obras en la calle Real, donde estamos, entonces íbamos para ver la inauguración. Unas obras de Santiago que se habían prolongado durante varios meses, habían asfaltado la carretera. Y yo recordaba haber ido unos meses antes cuando aún estaban haciendo las obras. Y un vecino me había dicho:"Tan facendo mal estas obras. Están poñendo mal o asfalto e a parte da esquerda xa verás que como empece a chover, vai entrar a auga nos locais". Y bueno, como te lo dice un vecino al que no le gustan las obras. Cuando van a inaugurar la obra, un día después, cayó una tromba de agua impresionante en Santiago. ¿Qué fue lo que pasó? El agua se desvió hacia la izquierda y se inundaron todos esos locales. Claro, yo me volví loco porque sabía que había guardado ese audio porque era de un reportaje. Para buscar ese audio de ese señor, lo pusimos en antena y pedimos que si alguien reconocía la voz que por favor nos llamase para contactar con ese señor. Pudimos contactar con él hacia el final del programa. El tipo al principio no quería por si metía a alguien en un lío, a algunos de los trabajadores...Le dijimos que no pasaba nada y que simplemente era por la gracia. Resulta que el señor era taxista y no trabajaba en nada relacionado con la construcción.
Y esas dos diría que fueron mis dos anécdotas maravillosas de la radio: un error mío y luego, otra de cosa simpática que te pasa del día a día, un ejemplo de noticias locales, lo que hablábamos antes.
Muchísimas gracias Pablo, fue toda una gran experiencia acompañarte durante toda tu jornada laboral y un placer entrevistarte. Aprendimos un montón de cosas sobre el mundo de la radio e incluso nos presentaste a gente importante como la alcaldesa, Inés Rey. Estamos muy seguros de que lo que nos has contado hará que más de uno se decante a estudiar periodismo y seguir tus pasos.
Visita realizada guiada ao CITEEC (Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enx. Civil ) do alumnado de Tecnoloxía e Enxeñaría de 1º de BAC.
Puidemos visitar o laboratorio de túnel de vento para ensaios aeroelásticos, o de portos e costas, o de construción e o de hidráulica.
Moitas grazas ao noso guía por explicarnos as probas e ensaios que se realizan polo miúdo e contestar as nosas preguntas.
Charla de orientación académica e profesional.
Daniel Touriño de Altia veu ao instituto para explicar aos alumnos de bacharelato de Tecnoloxía e TIC a súa experiencia académica e profesional relatando que camiño levoulle ao posto que agora ocupa e como é o día a día no seu traballo.
Moitas grazas por contestar a todas as preguntas.
¿Te consideras un apaixonado da fotografía? ¿As túas fotos no reciben os likes que se merecen? ¿Hai dentro de ti un influencer en potencia?
Demostra a túa valía gañando o concurso de Instagram “Cazadores de nubes” presentando a túa mellor foto dunha paisaxe con nubes cun título suxerente e a clasificación das nubes que aparezan na túa instantánea. Consulta as bases en #Cazadoresdenubes#. Aquí tes un exemplo…
Envía a túa proposta a cristinavillalobos.matematicas@iesmonelos.edu.es e publicaranse no Instagram #Fotocazadoresdenubes#.
As tres fotografías con mais likes serán gratificadas con tarxetas regalo do Fnac valorada en 30€, 20€ e 15€ respectivamente.
Xa casi temos montado o noso Polo Creativo!
Os Polos Creativos teñen un deseño modular e innovador e están dotados de equipación especializada. No noso caso o Polo ocupa dous espazo: un na aula anexa ao taller de tecnoloxía e a parte audiovisual nun espazo creado como aula de grabacións. Organízase didácticamente para formentar a creatividade a través da superación de retos, a consecución de proxectos, a resolución de problemas, a realización de prototipos, a construción de resultados tanxibles, etc.
O Polo enfocarase á aprendizaxe conxunta, colaborativa e comunitaria. Tamén poderá albergar prácticas de investigación e experimentación. Terán unha visión ampla e integral do coñecemento e dos retos tecnolóxicos e dixitais en todos os campos do saber (humanidades, arte, ciencias sociais e naturais, artesanía, etc).
Funcionará como centro de actividades no que se traballen tecnoloxías intensivas, o procesado audiovisual e artístico, a impresión 3D, as tecnoloxías de control computerizado e fabricación aditiva, o mecanizado de diferentes materiais, a electromecánica, a robótica e os microcontroladores, entre outras.
Unha proposta das alumnas e alumnos da profesora Ana Rico, na materia de Proxecto competencial, que da visibilidade a este colectivo moitas veces esquencido.
Tamén podes completar a enquisa en:
https://scratch.mit.edu/projects/820641600
O xoves 23 de marzo alumnado bilingüe de 2º ESO A e B asistiron ao Pazo da Ópera. A orquestra estivo ensaiando as suites Carmen e L´Arlesienne de George Bizet. Foi unha actividade moi interesante para poder observar en directo o traballo orquestral, as familias de instrumentos e para facer convivencia con outros centros educativos da cidade.
In my opinion...
I think it was a really cool experience! Anyway I thought that it would last longer, I think it was a bit short.
I really liked the music that orquestra played. It was so relaxing that almost I fell asleep...
Also the public was really rude! They clapped everytime that the orquestra stopped. I don´t know if they were aware that you can´t clap until the of the complete suite.
I had fun.
Covadonga Somorrostro 2º ESO
A Axencia Tributaria vén desenvolvendo desde o ano 2003 o Programa de Educación Cívico-Tributaria (PECT), como un programa educativo cuxo obxectivo é explicar á cidadanía máis nova o impacto que o sistema fiscal, na súa dobre vertente de ingresos e gastos públicos, ten na súa vida cotiá e nas súas perspectivas de futuro. O pasado martes 7 de marzo, dous inspectores de facenda: Francisco Vázquez Rivas e Lorena Otero Forneas viñeron dar unha charla aos nosos alumnos de segundo de bacharelato da materia de Economía da Empresa.
Mario B. Toucedo, unha persoa moi activa nas redes sociais en galego que ten unha canle en youtube que se chama "Olaxonmario" e premio en dous certames de youtubeir@s, presentou a súa proposta para "revitalizar" o galego nas redes sociais co seu proxecto "Gallaecia Pop" no IES Monelos o 1 de marzo de 2023 ante o alumnado de 4º de ESO.
Xa están de volta da viaxe a París os alumnos de Francés de primeiro e segundo de bacharelato. Asegurámosvos que descansaron pouco pero divertíronse moito. Aquí tedes unha mostra do ben que o pasaron.
1º de ESO - El Olimpo de Monelos
2º de ESO - París de Monelos
1º de Bacharelato - KUDUROSPIÑACOLADA
4º de ESO - Los 2 Turritos
Neste Entroido tivemos a sorte de que Lucía, alumna de 3º de ESO C, veu disfrazada do traxe típico de Xinzo de Limia en Ourense.
As Pantallas visten camisa e calzón brancos, capa vermella ou negra, pañoleta (case sempre vermella), polainas negras e zapatos negros. Unha faixa tamén vermella leva na cintura, xunto coas campanillas, así a cadeira sofre menos o rozamento destas. A vestimenta considérase incompleta sen as vexigas, que se repoñen cada vez que rompen.
Deixámosvos un vídeo que repasa os Entroidos máis emblemáticos de Galicia.
Organizado por o departamento de Grego, coa colaboración do departamento de Latín, alumnado de Grego e Latín de primero e segundo de bacharelato realizou unha viaxe de estudios a Roma os días 18 a 21 de xaneiro pasado.
Durante a viaxe visitaron as plazas, monumentos e edificios máis importantes de Roma.
O primeiro día foi dedicado a visitar as plazas máis conmemorativas de Roma como a Fontana de Trevi, o Panteón, a plaza da Navona e a Plaza de España.
2. O segundo día as visitas foron ao foro e museos palatinos pola mañá e pola tarde tivo lugar a visita do Coliseo.
3. O terceiro foi única e exclusivamente dedicado a visitar o Vaticano e os seus museos e a cúpula da Basílica de San Pedro. Pola tarde o alumnado aproveitou para visitar a cidade, gozando dun tempo libre.
4. O último día xa que tiñan moito tempo de espera en Barcelona, polo que aproveitaron para visitar as Ramblas e a Plaza de Cataluña.
Os alumnos de 2º de Bacharelato asistiron ás xornadas de Encontros na USC nas que, a través de 17 itinerarios, puideron coñecer as instalacións da Universidade de Santiago e recibir información sobre os programas de estudo das titulacións do seu interese.
Agardamos que esta visita fose útil. En caso de dúbida, sempre poden “consultar” á Árbore da Ciencia, emblema do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), que ten a súa sede galega no edificio do Pazo de Fonseca en Santiago de Compostela.
Cada póla da árbore é representada por un pergamiño que simboliza as distintas ramas do saber. Dise que antigamente os estudantes indecisos facían un ritual con esta escultura para escoller a súa carreira. Hoxe en día tamén se fai, se ben só como cerimonia dos primeiros días de vida universitaria.
Información facilitada por María Ángeles Porto Prado.
Carteis do alumnado de primeiro da ESO
A visita permitiu ao alumnado da materia de Tecnoloxía e Enxeñería coñecer as instalacións dunha fábrica e observar os distintos procesos que se realizan, afianzando e ampliando os contidos que previamente se traballaron en clase.
Tras unha exposición inicial na que se explicou a actividade que realiza a empresa, mostráronse distintos proxectos que se están a desenvolver así como cuestións relacionadas coa loxística, percorremos as distintas naves e talleres. Puidemos observar como traballan con distintos materiais: aluminio, aceiro, PVC, madeira e novos plásticos como o Solid Surface; así como os diferentes procesos de conformación (inxección de plásticos, moldeado por baleiro, encartado…), mecanizado (corte por láser, alfanumérico…), soldadura e acabado.
Despois ofrecéronnos un tentempié e entregáronnos uns obsequios.
Moitas grazas a nosa guía Marta González, responsable de Marketing, que nos mostrou as instalacións e contestou a todas as nosas preguntas.
Xa estamos a recibir as fotos da semana branca en Andorra. Mirade qué ben o están a pasar!
Bases do concurso para 1º de ESO (organiza departamento de Debuxo e EDLG do IES Monelos)
1. O concurso está organizado pola materia de Educación Plástica de 1º de ESO coa colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro.
2. O obxectivo do concurso sensibilizar ao alumnado nos valores da xustiza e da paz, implicándoos na resolución de conflitos de forma pacífica, partindo da súa realidade cotián e dos problemas de convivencia que existen no orde mundial.
3. No concurso participará todo o alumnado de 1º de ESO. O traballo terá carácter obrigatorio dentro da área de Educación Plástica e Visual.
4. A proba consistirá na elaboración dun cartel relacionado co tema do día da paz e da non violencia.
5. Os carteis quedarán expostos nos corredores do instituto durante o mes de febreiro de 2023.
6. O xurado estará formado por un representante dos departamentos de filosofía, lingua galega, educación plástica e visual; o representante do equipo de dinamización da lingua galega e vicedirección.
7. Tamén haberá un xurado popular formado por todo o alumnado do centro.
8. A entrega dos carteis realizarase antes do 28 de xaneiro.
9. O martes 1 de febreiro o xurado reunirase no 1º recreo para deliberar e outorgar os premios aos carteis gañadores.
10. O xurado popular votará ao longo de toda a semana (do martes 31 de xaneiro ao venres 3 de febreiro) polo cartel que considere mellor.
11. Haberá un gañador e un segundo clasificado que terán premio. Por outro lado o xurado popular (alumnado) concederá un único premio ao máis votado. Os premios consistirán: • O primeiro premio dun vale de 30 € • O segundo premio dun vale de 20 € • Un agasallo por parte do xurado popular.
O xoves 2 febreiro o EDLG do IES Monelos pretende celebrar este día. Para iso pensamos en que podiades enviar unha mensaxe por escrito nunha carta de afecto a un dos compañeiros ou compañeiras de clase ou do centro a o que teñades en estima, amistade... Na semana do 24 de xaneiro ao 1 de febreiro podedes entregar a carta (escrita en galego) a un membro do Equipo de Dinamización que se encargará de depositala na caixa de correo ao longo desta semana. No sobre poñeredes o nome e apelidos do destinatario e o curso. O xoves 2 de febreiro entregaráselle a carta ao destinatario.
A Candeloria é unha palabra que ten a orixe no substantivo latino candela -ae, ‘luz alimentada con cera ou sebo’, termo co que se crea no latín tardío festa candelarum, ‘a festa das candeas’, que chega a nós acurtando a locución. Celébrase o día 2 de febreiro, época importante no ciclo astronómico, pois coincide coa metade do inverno, no intre xusto entre o solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera, (pola candeloria, medio inverno vai fóra), no momento en que medran os días e a natureza comeza a preparar o estourido de vida que está a chegar.
Sendo un intervalo relevante do ciclo estacional non é de estrañar que todas as culturas tivesen celebracións ao redor da data, sempre festexando a volta da luz e do desexo de fertilidade. Así, na mitoloxía celta, chamábanlle Imbolg, celebración na honra da deusa Brigit, protectora das colleitas, o gando e a fecundidade. A candeloria tamén podería estar relacionada coa festa romana das Lupercais, na que, alén de venerar o deus da fertilidade e a sexualidade masculina, Pan, facíase unha procesión onde os participantes zorregaban a xente cunhas tiras de coiro, co obxecto de “purificala”.
O catolicismo procurou rematar coa festa –como fixo con moitas outras celebracións pagás–; para iso, o papa Xelasio transformouna na festividade relixiosa da “purificación” da Virxe María e mais a presentación de Xesús no templo; co paso do tempo, fíxose costume nas parroquias bendicir as candeas que se empregarían logo en caso de tronada ou nos velorios para alumear o defunto no camiño ao máis alá. A voda dos paxariños A partir da candeloria, ningunha ave voa soa di o refrán para lembrar que o mes de febreiro comeza, na cultura popular, cunha celebración ben especial, xa que casan os paxariños, ao que comeza o retorno das aves migratorias e os cortexos preludian o renacer primaveral.
Da importancia que ten esta representación na imaxinaría tradicional europea dá conta a multitude de estampas nas que, desde tempos inmemoriais, o símbolo do amor e a unión sentimental son apaixonadas parellas de aves xuntando os peteiros. Tal é así que algunhas persoas defenden que, para nós, o 2 de febreiro debe ser a data do amor romántico, e non a que se celebra doce días máis tarde na honra dun crego romano do século III, chamado Valentín, representado cun rapazolo gordecho e voador que anda aseteando a xente… onde vai parar! Non hai comparación!
Árbore gañadora de 1º ESO B
Estes días fíxose un concurso de árbores de nadal na materia de plástica con 1º e 3º da ESO. Unha vez terminado o proceso de elaboración, os alumnos de 1º da ESO fixeron unha votación para seleccionar a árbore gañadora de 3º, e viceversa. O premio para os gañadores, consistiu en 15 euros por grupo para facer unha compra todos xuntos e doar o que mercamos ao banco de alimentos.
Árbore gañadora de 1º ESO A
Árbore gañadora de 3º ESO A
Árbore gañadora de 3º ESO C
O 19 de decembro, alumnado de 2º de ESO do IES Monelos visitou a Residencia de Maiores Gonzalo Torrente Ballester para ler aos residentes poemas de Rosalía de Castro e textos en prosa de Xosé Neira Vilas e Castelao. Acompañáronse as lecturas con música interpretada por tres asistentes ao acto. A visita foi organizada pola coordinadora da biblioteca do Instituto, Berta Otero Roca, e a Biblioteca Municipal do Castrillón.
Ao remate da sesión, o alumnado fixo entrega aos residentes de postais de Nadal feitas por eles e os seus compañeiros de curso. Foi unha xornada moi emotiva e chea de momentos inesquecibles.
A alumna de 2º ESO a Catalina Bago Pérez recibiu o primeiro premio na categoría de 1º, 2º e 3º de ESO. Julián Santos Santos obtivo o 2º premio na mesma categoría.
Jia Hao Yang de 2º bacharelato B recibiu o primeiro premio da 2ª categoría (4º ESO e bacharelato).
A actividade foi organizada pola Biblioteca escolar e o EDLG do centro.
Grazas a todos os concursantes que participaron e parabéns aos gañadores.
O pasado martes 13 de decembro de 2022, os alumnos de primeiro de ESO B do IES Monelos, xunto cos nosos titores do programa TEI, de terceiro de ESO, realizamos unha excursión ao Museo Nacional da Ciencia e a Tecnoloxía, máis coñecido como MUNCYT.
Nesta ocasión, a visita centrábase en explicarnos curiosidades sobre a parte do avión que teñen exposto, que é o que máis nos chama a atención aos nenos. Entre algunhas das cousas máis interesantes que nos contaron, está o dicirnos o material co que están construídas as ás, canto pesa o motor, e para que serven as caixas negras que teñen todos os avións.
Unha vez explicárannos todo, deixáronnos subirnos ao avión, e puidemos ver a cabina dos pilotos e a parte onde sentan os pasaxeiros, que mesmo ten a pantalla para ver películas, que por certo unha delas era a de Spiderman. Tamén nos levaron a unha sala de xogos interactivos, onde puidemos xogar a diferentes xogos baseados na ciencia. O máis destacado foi a ambulancia de Marie Curie, que foi a primeira muller científica en recibir o Premio Nobel e ademais a primeira e única persoa que recibiu dous premios Nobel en distintas especialidades.
Outra das actividades que realizamos era o facer un experimento que se baseaba nos materiais acedos, neutros e bases. O experimento consistía en coller unha remolacha e, como ten pigmentos de cor lila, ao mesturala con auga e alcol, e logo macharla, segundo a cor do líquido que saía, sabiamos se ese material era acedo, neutro ou base. Logo fixemos o mesmo con outros materiais, por exemplo mesturamos bicarbonato, auga e unha pinga do líquido que saíu da remolacha. Tamén mesturamos auga con deterxente líquido e outra pinga de líquido de remolacha, e así con algúns materiais máis. Todo iso para saber, segundo a cor do líquido que saía, se eses materiais eran acedos, neutros ou bases.
Ao final, cando terminamos o experimento, deixáronnos xuntar todos os líquidos resultantes para ver o que pasaba, e ao facelo, saíu moitísima escuma de varias cores, que se saíu por fóra da bandexa na que faciamos o experimento.
A excursión estivo xenial, e aprendemos moitas cousas interesantes.
Texto elaborado por: Elena Álvarez-Azurmendi Gutiérrez e Mario Domènech Fernández. Ambos alumnos e redactores de 1º B de la ESO.
Hai uns días, o alumnado de 2º de Bacharelato B visitou o Centro de Información Xuvenil do Fórum Metropolitano. Ademais de coñecer os diversos espazos deste edificio tan singular, os alumnos recibiron información sobre o tipo de asesoramento que poden recibir no CMIX: formación, bolsas e axudas, lecer e tempo libre, asociacionismo, emprego, mobilidade, vivenda, carnés para a mocidade e moito máis...
Asimesmo, tamén coñeceron o programa Nocturnia, o Servizo de Atención Tecnolóxica da Biblioteca do Fórum e outras actividades como os Ciclos de Cinema.
Moitas grazas ao CMIX e ao Fórum por recibirnos!
O noso centro participou nas xornadas de formación para persoas coordinadoras de Polos Creativos. Nestes espazos de innovación os alumnos pode desenvolver proxectos en grupo mediante a experimentación, abordar casos prácticos e realizar fabricación a pequena escala.
No encontro participou o músico e maker Nicolas Brass, internacionalmente coñecido pola creación, deseño e fabricación de instrumentos musicais a través de materiais de refugallo e que despois interpreta en concertos.
CELEBRACIÓN DO 25N NO IES MONELOS
Estes días temos no centro unha exposición de Amnistía Internacional sobre os dereitos da infancia. Pódense ver 17 ilustracións sobre a Convención dos Dereitos do Neno.
Nenas e nenos de todo o mundo sofren violencia de forma habitual en escolas, en institucións pensadas para a súa protección, en centros de detención de menores e, a miúdo, na súa propia casa.
Cando o 20 de novembro de 1989, Nacións Unidas aproba a Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN) , define aos menores como todo ser humano menor de 18 anos, contempla tres tipos de dereitos:
De protección, como o dereito á vida, á convivencia familiar ou contra todo tipo de abuso, violencia ou explotación laboral.
De provisión, como o dereito a coidados sanitarios, a un medio ambiente saudable ou aos recursos para un adecuado desenvolvemento físico, mental, espiritual, moral e social.
De participación, como o dereito a unha identidade e nacionalidade, a recibir información ou a opinar con liberdade.
Estes dereitos baséanse á súa vez en catro principios fundamentais: a non discriminación; o interese superior do menor; o dereito á vida, a supervivencia e o desenvolvemento; e o dereito á participación.
A continuación facémosvos chegar a ligazón para poder seguir en liña o concurso en directo o próximo 10 de novembro de 2022 ás 10h. Ademais do concurso, poderedes seguir o resto de actividades da mañá destinadas á cidadanía. Recomendámosvos (10h-Concurso, 11h-Obra de teatro, 11:30h-HAcking en directo). Ver o Programa completo .
https://us06web.zoom.us/webinar/register/WN_rtNSL00URCqD78ZlNpLV8g
Nota: terá que rexistrarse previamente
Agradecervos de novo vosa implicación na concienciación en materia de Ciberseguridade no ámbito escolar e impulsar esta actividade pedagóxica
O 8 de novembro as alumnas de 1º ESO B Lara Beade Hermida e Paula Seijas Seoane recibiron o primeiro e segundo premio respectivamente do
"II certame do concurso de cociña de outono" organizado polo EDLG do centro
Os nosos alumnos/as foron de visita a AI: More than Human, un ambicioso proxecto expositivo inmersivo e interactivo sobre intelixencia artificial. Cunha impoñente montaxe que ocupa todo o edificio do Cantón herculino, AI: More than Human configura un estudo sen precedentes dos avances tanto creativos como científicos da Intelixencia Artificial, así como da evolución da relación entre os seres humanos e a tecnoloxía.
Ata o 5 de febreiro na Sede Afundación A Coruña.
Os alumnos de 2º de Bacharelato B e D, da materia Promoción de Actividade Física e Saúde, participaron nunha experiencia de remo nas inmediacións da praia de Sta Cristina con monitores do Club de Regatas Perillo.
O grupo de 1º de ESO A pasou á final do Concurso de Ciberseguridade no Cole!, presentado por Esther Estévez (presentadora do Programa “DígochoEu” de TVG) e que terá lugar o próximo 10 de novembro de 2022 no
II Encontro CIBER.gal.
O grupo concursará representado por 2 alumnos acompañados por un profesor, e poderá asistir a presenciar o concurso toda a clase.
Parabéns!