DePoRtE e SaúDe

II TORNEO INTERCENTROS RUGBY CINTA

Este mércores 6 de marzo o alumnado de 2º ESO participou no "II Torneo Intercentros de Rugby Cinta ACEA DE AMA”. Foi unha mañán moi divertida chea de emoción e deportividade. Cada equipo foi acollido por un adestrad@r, que os acompañou e guiou durante toda a xornada. Os encargados desta tarefa, con moito cariño e ilusión, foron os estudantes do Ciclo de Formación Superior en Ensinanza e Animación Sociodeportiva. 


A mañán consistiu nunha serie de partidos entre os institutos participantes, contanto coa arbitraxe das xogadoras profesionais do CRAT Rugby. Ao remate do torneo, todos os equipos bailaron xuntos unha HAKA, creándose un ambiente cheo de festividade e deportividade tras unha fantástica mañán practicando este deporte.


CHARLA UDC PRIMEIROS AUXILIOS

Charla de primeiros auxilios co alumnado de primeiro de bacharelato. Foi impartida por Miguel Ángel Talavera Valverde dentro dun grupo de investigación da UDC que traballan principalmente na elaboración de formas novidosas de ensinarlle este contidos aos alumnos e alumnas, e que estes á súa vez poidan ensinalos na casa aos seus  familiares.

RUTINAS DUNHA XIMNASTA DE 1º DE ESO

Por Laura Virosta:

Eu vou os sábados pola mañá de 10:00 a 12:00  ao club Rítmica Coruña, e entreno no polideportivo dos Rosales.

Cando chegamos, nos poñemos a calentar sobre 45 minutos, e logo facemos algún xogo con aparatos e con elementos de rítmica. Estes últimos días ademáis estivemos facendo un baile para a exhibición navideña na que todas a ximnastas do club facemos un baile relacionado coa rítmica e coa Navidad.

Tivemos esta exhibición o sábado 16 de decembro no pavillón do barrio das flores.

O baile do meu grupo foi un baile sinxelo e o fixemos cuns nenos pequenos de seis anos (aproximadamente). Eu e as miñas compañeiras máis maiores levabamos una girnalda no pescozo, unha camiseta negra, uns pantis negros e un tutú verde, mentres os nenos pequenos iban disfrazados de elfos. 


ENTREVISTA Á XOGADORA DE FÚTBOL E ALUMNA DE MONELOS: 

CARLA MARTÍNEZ CASTREJE

Entrevista feita por Martín Jaspe e Mario Barba 3º de ESO

Martín: Benvidos e benvidas a Arredemo, a revista do IES Monelos. Eu son Martín Jaspe e o meu compañeiro é Mario Barba. Hoxe imos entrevistar á xogadora de fútbol de segundo de bacharelato Carla Martínez. Imos comezar coa primeira pregunta, Carla, cando comezaches a xogar ao fútbol?

Carla: Bueno, pois comecei con cinco anos no equipo do meu pobo, xogando con nenos. E dende alí ata agora.

Mario: Cando xurdiu a posibilidade de xogar en Coruña?

Carla: Pois cando tiña oito anos vironme uns dun equipo de aquí de Coruña, o Viaxes Amarelle, onde ainda xogo, chamaronme e empecei a vir a entrenar un día á semana, logo pasou a ser dous, tres, e acabei tendo que vivir aquí.

Martín: Algo moi importante no ámbito deportivo é a motivación, entón, cales son os teus referentes no deporte?

Carla: Pois a día de hoxe son xogadoras de fútbol sala de primeira división, unha é Anita Luján que é unha das mellores xogadoras do mundo e outra Mayte Mateo. Pero cando era pequena os meus referentes ao final eran homes porque so coñecía ese ámbito e o feminino case nin se vía e buscaba sempre referentes homes de fútbol.

Mario: No ámbito económico tes pensado vivir do fútbol?

Carla: Bueno, a verdade é que sendo fútbol feminino a día de hoxe é difícil. É moi difícil vivir o resto da miña vida coas ganancias que ten o fútbol feminino. A día de hoxe, xogo en primeira división e estou segura de que o fútbol sala non da para vivir excepto en casos excepcionais.

Pero se segue evolucionando todo e podo seguir xogando e ganando un plus, por así dicir, pois sempre está ben.

Martín: Última pregunta, cal é o teu máximo obxectivo a nivel deportivo?

Carla: Pois, a día de hoxe, o meu obxectivo deste ano é volver coa selección española e poder chegar a xogar algún europeo, algún mundial a largo tempo. E o meu equipo, chegar a xogar os play offs de liga e nada, seguir evolucionando.

Martín: moitas grazas pola entrevista.

Carla xogando coa selección española.

Carla e as compañeiras do seu equipo actual.

CHARLA DIVULGATIVO-CIENTÍFICA MOCHILAS ESCOLARES: IMPACTO MUSCULOESQUELÉTICO.

Xa hai uns cantos anos a comunidade científica da Universidade da Coruña participa nas das G-Night, un evento que achega a ciencia ás rúas, museos e outras institucións. O departamento de Educación Física convidou ao alumnado de 1º ciclo de secundaria a participar delas mais como a asistencia non foi demasiada quixemos ir mais aló e traer o Colexio de Fisioterapia ó IES Monelos para facer chegar ó alumnado de 1º ESO a información tan interesante que tiñan para compartir. 

A charla, que tivo lugar na Sala Xurxo Lobato o 31 de outubro, fíxonos saber da importancia de escoller ben a nosa mochila, de que xeito enchela e como levala. Estos aspectos son todos moi importantes porque desde moi pequeños ata adultos levamos mochilas e isto ten un impacto directo sobre o noso corpo. De feito Isabel Tuñas, investigadora da Universidade da Coruña, que veu moi amablemente a impartir esta docencia, insistiu en que non so ten un impacto nas nosas costas, senón tamén no noso xeito de andar, no equilibrio e ate na nosa respiración. 

A sesión foi moi didáctica porque ademáis o alumnado puido pesar as súas mochilas,  experimentar como se diferencia a carga dun peso se está preto ou alonxado do corpo e tamén facer un test utilizando cartulinas verdes ou vermellas para decir se era verdadera ou falsa a cuestión que se propuña.

 O alumnado participou por grupos e cremos que nos quedou claro que a mochila con rodas non é nada saudable. Se non tes claro o por que, sempre lle podes preguntar a alguén de primeiro para que che conteste.

Cartel_GNIGHT(1).pdf

TORNEO DE RUGBY

O xoves 15 de xuño  alumnos e alumnas de 2ª de ESO do IES Monelos participarán no I Torneo intercentro de rugby  que se celebrará en Acea Da Ma nos campos de rugby da Universidade Laboral.

 

A organización do torneo corresponde a varios centros da contorna con colaboración da Federación Galega de Rugby, o Concello de Culleredo e clubes da cidade.


O obxectivo é fomentar a práctica de actividade física e deportiva, e sen dúbida ...PASALO BEN.


Acrosport 3º de ESO 

Tiago Torea: taekwondista en 2º de ESO

Entrevista realizada pola redactora de 2º ESO A Catalina Bago Pérez.

Tiago Torea, taekwondista e alumno de 2º da ESO do noso instituto, fálanos deste deporte e da súa recente participación nun campionato nos Países Baixos.

Cando comezaches a practicar taekwondo? E por que este deporte e non outro?

Dende pequeno practiquei moitos deportes. Comecei co taekwondo cando tiña uns nove ou dez anos. Despois de probalo, gustoume tanto que deixei todos os outros deportes.

A que club perteneces?

Eu vou a un club que se chama JFR Taekwondo que é moi novo, creado polo meu entrenador. Antes formabamos parte doutro club, o Natural Sport, de toda Galicia.

Cantas horas entrenas ao día? E á semana?

Entreno todos os días unha hora e media aproximadamente. Sempre facemos media hora de físico, que é o calentamento, e despois temos unha clase normal: facendo patadas, estirando e ao final facemos un combate.

Que se necesita para practicar este deporte?

Para facer taekwondo e participar nunha competición galega, necesitas un dobok, que é o traxe que temos que levar para competir, unhas proteccións que son: antebraceiras, espinilleiras, e unhas luvas. Nos pés levamos uns calcetíns especiais que teñen imáns que ao golpear nos petos e nos cascos que levamos postos avisa a un ordenador que suma os puntos.

Como lle explicarías a alguén que non coñece nada de este deporte en que consiste?

Practícase nun tatami, que é a superficie onde pelexamos. Un xogador leva o peto azul e o contrincante o peto vermello. O taekwondo consiste en pegar as máximas patadas e que sumen punto, tes que pegar cunha forza que mide o peto para poder sumar punto. O que máis puntos teña ao final do combate, gaña. Os puntos inferiores valen 2 e os puntos superiores 3. Mais, se fais un xiro antes de pegar a patada, súmanse dous puntos á acción.

Recentemente participaches nun campionato nos Países Baixos, foi toda unha experiencia, non?

Si, a verdade é que estaba moi nervioso. Cando mo dixeron en decembro estaba nerviosísimo; é o campionato que fun máis lonxe. Gañei o primeiro combate, pero tiven unha lesión. Dinlle un golpe na man ao contrincante coa man e rompinme o dedo meñique.

E había máis españoles no campionato?

No campionato había un montón de españoles, sobre todo galegos que viñan coa Selección Galega. Eu ía por parte do club. De feito, había campións de España como Hugo Arillo. Tamén habían de todos os países, estadounidenses, israelís, que foi contra quen fun eu...

Falando de tantas perosas e nomes...quen é o teu maior referente no taekwondo?

Ademais do meu entrenador, Juan Fernández Rey e o sue irmán, Jose Fernández Rei (de aí ven o nome JFR, as iniciais), o meu refente é Joan Jorquera, clasificado no tercer posto no Campionato Mundial. Nun campamento de taekwondo, axudoume moito a entrenar, lévome moi ben con el, foi o que máis me motivou.

E por último, defínenos o que é para ti o taekwondo en tan só tres palabras. 

Pois... ás veces é felicidade, moitas amizades e sufrir moito, pois é un sacrificio, entrenar todos os días sabendo que cada entreno conta, tes que estar moi mentalizado...


Moitas grazas Tiago, foi un pracer entrevistarche. Desexámoste moito ánimo nas seguintes competicións e unha rápida recuperación da lesión.

Piragüistas en 2º de ESO: Martín, Manuel, Samuel e Lucas

Entrevista realizada pola redactora de 2º ESO A Catalina Bago Pérez.

Hoxe entrevistamos a catro alumnos piragüistas de 2o da eso do noso instituto: Martín Jaspe, Samuel Mariño, Manuel Capelete e Lucas Quiroga. Todos practican no mesmo club o S. D. As Xubias, na praia de Oza.

-Que foi o que os motivou a practicar piragüismo? Que edades tiñades?

-Samuel: Eu fun o primeiro, levo cinco anos en piragüIsmo.

-Lucas: Tiñamos nove anos, estabamos en 5o de primaria, e eu comecei a facer piraguismo porque fixen o cursillo e gustoume moito, tamén porque estaba Samuel.

-En que consisten os vosos entrenamentos? Cantas horas practicades aproximadamente á semana?

-Martín: Practicamos entre sete e oito horas á semá. Consiste en aproveitar os entrenamentos ao máximo posible porque tampouco temos moito tempo. A planificación faina o entrenador, e cada semana é algo diferente. Tamén, acompañamos ás veces co ximnasio ou entrenamento de cardio.

-Dentro de todas as categorías que hai no piragüismo, cal é a que máis vos gusta?

-Martín: Para min principalmente é o K1, (piragua dunha persoa), porque non dependes doutro compañeiro para practicar, entón tes moita máis autonomía.

-Samuel: A min gústame moito o K4, na que imos catro persoas.

-Preferides practicar en mar ou en río? Habitualmente onde facedes piragüismo?

-Martín: É superior practicar no río porque tes as mellores condicións posibles e no mar estorban as olas. E, no río, coa auga plana podes simular un entrenamento que sería nunha pista plana.

-Manuel: Nós practicamos na ría do Burgo.

-Cales son os vosos ídolos no mundo deste deporte?

-Lucas: En categoría masculina Saúl Craviotto e en categoría feminina Teresa Portela.

-Samuel e Martín participaron recentemente no campionato de España. Que nos podedes contar desta gran aventura?

-Martín: Foi un evento moi grande, en Arcos de la Fronteira, Cádiz. Houbo máis de 2.000 palistas, e non coñecíamos a case ninguén. Eu persoalmente o fixen o mellor que puiden e estou contento cos resultados.

-Samuel: Eu tamén o fixen o mellor que puiden e estou bastante contento cos resultados.

-Que é o que máis vos gusta de practicar este deporte?

-Samuel: Que é un deporte acuático.

-Martín: Gústame en canto forma física, xa que ao final é un deporte e mantenche fresco no que é a capacidade física. Tamén axuda mentalmente, adquirindo moita disciplina e responsabilidade. E se sabes practicalo ben, é moi relaxante.

-Lucas: Si, ademais que podes ter novas amizades cos compañeiros nos diferentes tipos de barcos que hai.

-Manuel: Pasalo moi ben, en xeral.

-Hai moitas chicas no voso club?

-Martín: Da nosa idade, hai dous palistas, Eire e Candela, que quedou no posto dieciseis no campionato de España.

-E para terminar, vos gustaría dedicaros profesionalmente neste deporte nun futuro?

-Todos: Si, e poder entrar na Selección Española.

-Samuel: Eu penso que ademais de facer este deporte, teremos que realizar uns estudos para non vivir unicamente do piragüismo.

-Martín: Eu faría unha FP de deporte.

Moitas grazas chicos, foi un gusto entrevistarvos. Desexámosvos moita sorte e ánimo nas seguintes competicións...quen sabe, dentro duns anos podedes estar na Selección Española!


O noso alumno Manuel Vázquez, campión galego de 60 metros vallas en pista cuberta! Noraboa!

8M - As  nosas deportistas

Dende o departamento de Educación Física estamos  moi orgullosos das nosas deportistas. Hoxe polo 8M, o profe estivo charlando con algunhas das atletas de 1º ESO sobre  as súas experiencias e inquietudes deportivas. E ollo, isto non e o único: PROXIMAMENTE...  Os alumnos de 3º ESO da materia de Proxecto Competencial, entrevistarán a todas as deportistas do IES MONELOS. Estade pendentes, iremos publicando as entrevistas nos vindeiros días.

Irene Vázquez Guerra, alumna de 2º de Bacharelato e competidora a nivel nacional de tiro con pistola

Irene Vázquez Guerra estudante de segundo de bacharelato do noso centro explícanos o funcionamento básico deste deporte pouco coñecido en Galiza.

O tiro con pistola é un deporte un pouco raro, como comezaches a facelo?

Comecei porque ao meu pai gustáballe e miña irmá tamén tiraba xa, e entón gustoume.

Con cantos anos comezaches?

Con oito anos, porque sendo máis pequeno non te podes federar.

En que categoría estás agora?

En xuvenís, e ao mesmo tempo estou nunha subcategoría que é junior, entón podo competir en absoluto con xente doutras idades superiores.

Como adestras?

Eu adestro na miña casa unha parte, preparación física, que é o equilíbrio, a forza... O equilibrio e moi importante xa que en pistola tiras de pé con unha man. Despois na galería fanse adestramentos técnicos probando diferentes miras, simulacións de competicións...

Que tes que facer, cal é o obxectivo?

Disparar de pé, tanto en carabina coma en pistola, a unha diana a dez metros, nunha galería pechada para conseguir o maior número de puntos.

Como funcionan as competicións?

Depende da categoría, se es pequeno tiras vinte tiros en media hora, máis tarde corenta. Cando pasas a xuvenís xa tiras sesenta tiros ata que se acaban.

Que roupa se utiliza?

Eu en pistola utilizo zapatos planos coma en alterofilia, unha viseira para as luces, uns lentes que tapan un ollo para mellorar a precisión coas que parezo robocop e uns cascos para concentrarse. En carabina utilízanse tamen zapatos planos pero utilizan roupa ríxida que dá estabilidade.

Cal cres que é a complexidade do tiro olímpico?

A postura, a colocación da cabeza, saber concentrarse...

Por que cres que o tiro olímpico se considera un deporte?

Como se considera o axadrez un deporte, aquí realizas un esforzo ao suxeitar a carabina, ao termar do brazo... Pero ao final compites coa túa cabeza, o esforzo mental.



Hai moita xente que o practique?

Non é un deporte moi coñecido aquí pero faino unha morea de xente , na Coruña por exemplo non hai demasiada. Sen embargo, noutras comunidades autónomas como Cataluña faino moitísima xente, xa que teñen axudas, galerías mesmo con calefacción...

Pois moitas grazas a Irene pola entrevista e desexámoslle moita sorte en futuras competicións.

Entrevista realizada pola redactora de Deportes Inés Jaspe

ULTIMATE BACHARELATO

O Ultimate Frisbee é unha modalidade de deporte que se practica cun disco voador.

 En concreto, o Ultimate Frisbee, ou simplemente Ultimate, é un deporte de non-contacto, auto-arbitrado e xogado cun disco voador de 175 gramos de peso, e 27,5 cm de diámetro. 

Unha gozada ver os retos que deseñaron os nosos alumnos de primeiro. 

Parabéns!

Este curso temos entre o noso alumnado a un xogador do Deportivo da Coruña! Trátase de Javier Seoane Sánchez, alumno de 1º de ESO. 

Dous compañeiros quixeron entrevistalo para que todos o coñezamos un pouquiño mellor. Moitas grazas, Javi, pola entrevista e moita sorte! 

En qué equipo estabas antes de entrar no Deportivo da Coruña?

No Ural.


Canto tempo levas no Deportivo?

5 anos


Que relación hai no equipo entre xogadores e adestradores?

A relación é moi boa.


Cal é a túa rutina de adestramento?

Entreno os luns, os mércores e os xoves.


Estás contento no club?

Si, trátanme moi ben e é divertido.


En que posición xogas? Cal foi o teu récord de goles nun partido? 

A miña posición é de lateral dereito. Nun partido marquei tres goles, es decir, fixen un hat-trick.


Cal é o teu rival máis difícil? E o máis fácil?

O Celta é o máis difícil e o Imperator o máis fácil.


En que equipo sería o teu soño xogar?

Gustaríame xogar no Barcelona.


A túa familia apóiate na túa carreira deportiva?

Si, gústalles que xogue no Depor.


Que tal che vai nos estudios?

Ben, saco boas notas.


Que che gusta facer no teu tempo libre?

Sobre todo, xogar ao fútbol.

De esquerda a dereita: David Hernández Barrul, Julián Santos Santos y Javier Seoane Sánchez.

Campionato de Xadrez


O campión do mundo vencido por un rapaz de 17 anos