Radio Monelos: Historia da Coruña e do noso barrio. Capítulo 12: Urbano Lugrís.

Neste ano 2023 cúmprese o 50 aniversario da morte do artista coruñés Urbano Lugrís. Desde Radio Monelos queremos recuperar a memoria deste inmenso pintor que ilustrou o soño desta Coruña mergullida nesta inmensidade atlántica.

As/Os alumnas/os de 1º de ESO Inés Insua Puente e Raúl Orosa Sanjuan realizan este programa de Radio Monelos.

E unha novela moi interesante (máis ben para maiores) sobre Lugrís: "O señor Lugrís e a negra sombra" escrita por Luís Rei Núñez e publicada por Xerais no 2007 que ben merece a pena para coñecer a vida deste grande artista. 

Radio Monelos: a pé de rúa. 

Entrevista a Belén Solleiro Díaz, directora da Biblioteca Municipal do Castrillón

 Entrevista realizada polos alumnos e alumnas de 1º ESO A: Raúl Orosa Sanjuan, Eva Paz Pérez e Noa Vázquez Fuentes.

Entrevista a Inés Rey, alcaldesa da Coruña

O xoves 15 de decembro as nosas reporteiras Lola García e Celtia Suárez foron a entrevistar a alcaldesa da Coruña na inauguración de polideportivo do Castrillón. Grazas a Pablo díaz Bouza pola oportunidade


Aquí tedes unha parte da entrevista. No vídeo atopádela enteira.

Cal é a súa principal motivación para ser alcaldesa?

Con 18 anos tiña unha vida estudiantil na facultade de dereito na universidade da Coruña e anos despois empecei a militar no PSOE. Primeiro empecei militando como base neste partido e aqueles ideais que tiña ao principio os manteño. Fai 4 anos abriuse un programa para elexir cabeza de listas para as elección municipais e decidín comprometerme co meu partido no que levaba militando moito tempo, gañei as eleccións e hoxe estou aquí como alcaldesa da Coruña.

 

Como lle gustaría que fora A Coruña nun futuro?

Creo que temos que conseguir unha cidade máis xusta, solidaria, inclusiva e liderando as transformación. Unha cidade moderna, sostible…

 

Que opina do sistema actual de educación?

España é un país con moitos logros académicos. Temos unha educación pública estupenda que temos que conservar. Antes non tiñas a cantidade de itinerarios que temos hoxe en día, son máis personalizados. Temos tamén un sistema de F.P estupendo que temos que potenciar.

 

Ten pensado volver a presentarse cando remate o seu mandato?

Eu teño un compromiso con esta cidade e si voume volver presentar para ser alcaldesa desta cidade que levaba moito tempo parada. Ter un modelo de cidade non se implanta en 4 anos e por iso voume volver presentar nas eleccións de maio.


Programa de radio sobre o río Monelos

Programa sobre o río Monelos elaborado polas alumnas de 1º ESO B Sara Díaz Ruíz e Inés Insua Puente.

Revivir el río que un día fue

El proyecto ‘MonRiverR’ aboga por recuperar la memoria del arroyo de Monelos, actualmente soterrado.