ArReDeMo?

É o pequeno demo a cabalo que reparte as noticias pola rede. Cólase no teu móbil ou ordenador e cóntache que pasa no Insti Monelos e en todo o Universo. Seguro que escoitaches á xente maior dicir o seu nome cando se enteran dalgunha nova sorprendente.

O arredemo a cabalo da noticia

Contidos

Contáche a actualidade do que Estamos a facer... de luns a venres dentro e fóra das aulas, tamén como imos nos Deportes; publica traballos das materias de Humanidades e Ciencias e calquer tema de interese, feitos polas alumnas e alumnos do IES Monelos; mesmo as propostas de Artistas creando, en forma de debuxos, cómics, contos, etc. Todo isto aberto tamén ó Barrio de Monelos que nos acolle.

O arredemo tamén publica o DEFRIT, o periódico internacional feito en colaboración con outros institutos de Europa e Asia Menor.

Se nos queres coñecer, tamén che dicimos quen somos Nós. Anímate, participa connosco e Apúntate.