OITO ALUMNAS DE MONELOS FARÁN PRÁCTICAS CON INVESTIGADORES/AS DO CICA

ENTREVISTA PROGRAMADORES INFORMÁTICOS

Por Iria Hidalgo Novoa 2º Bacharelato

Entrevista programación

CONMEMORACIÓN DO 11F

Aquí tedes o traballo realizado polos alumnos e alumnas de 4º de ESO A e PDC polo día da muller e a nena na ciencia. Parabéns, rapaces e rapazas! Bo traballo!

ONDE BOTAMOS OS RESIDUOS?

Sogama vén de lanzar un buscador web (www.sogama.gal/ondevai) co que pretende axudar aos cidadáns a resolver as súas dúbidas, en tempo real, sobre o correcto depósito dos residuos máis habituais.

 

Concibido para teléfono móbil, tablet e computadora, este buscador conta cunha listaxe de 275 residuos nos que se concreta o contedor de destino ou puntos de achega, á vez que ofrece unha explicación sobre os erros máis comúns.

 

O obxectivo último desta iniciativa é que a poboación conte coa información necesaria para facer unha boa separación do lixo en orixe e contribuír en maior medida á reciclaxe.


CONCURSO NOVOS POLIEDROS

O alumnado de segundo de ESO gañou o concurso de Igaciencia novos poliedros co "Poliedro Fontán" da man da súa profesora de matemáticas, Cristina Villalobos. Parabéns!

InShot_20231201_215834690.mp4

Parte do alumnado de 2° e 3° da ESO participaron na terceira edición do concurso Novos Poliedros de Igaciencia, organización que traballa para la promoción de actividades científicas en Galicia e o emprego da lingua galega na ciencia.


O reto consistía en fabricar un poliedro dos propostos pola organización e "bautizalo" cun nome en galego. Tras moitas deliberacións a figura escollida polo IES Monelos foi unha "Classical Menger Sponge" que construimos fabricando cubos de papel de cores con módulos sonobe. Os trinta e sete cubos foron unidos con paus de madeira e silicona quente. As cores azul e amarelo fan referencia ao noso instituto como embaixador do Parlamento Europeo. O nome, proposto polo equipo de dinamización da lingua galega do centro, foi "Fontán", en honra a Domingo Fontán, ilustre matemático galego coñecido polo traballo xeométrico e cartográfico da nosa comunidade.


O día 11 de decembro fomos ao pazo de San Roque en Santiago a recoller un dos primeiros premios otorgados por Igaciencia para o concurso que consistía nun cheque por valor de 100€, unha colección de libros en galego que foron doados á biblioteca e un diploma.


 Vídeo da participación no concurso de Igaciencia de "Novos Poliedros" e que foi editado pola alumna de prácticas Lucía López López. 

VID-20231128-WA0004.mp4

Historia Do Tempo

Por André Cuñarro Rodríguez - 1º Bacharelato

Este é un dos libros máis famosos de divulgación científica. Publicado no ano 1988 este libro está redactado sobre unha base de coñecementos e teorías físicas de , non solo o británico, moitos científicos que se adicaron ou se adican ao estudo do universo pasado e futuro. 

Nesta obra, Hawking mergulla aos lectores na fascinante historia do universo. Comeza coa explicación do Big Bang, o momento inicial no que se cre que o universo se formou, e percorre o desenvolvemento do cosmos ata chegar aos buracos negros. Hawking explora temas como a teoría da relatividade de Einstein, a mecánica cuántica, as partículas elementais e a estrutura do universo. 

Un dos aspectos máis destacados de "Historia do Tempo" é a habilidade de Hawking para presentar ideas complexas utilizando unha linguaxe clara e accesible. Aínda que a temática pode parecer “intimidante” de primeiras, o autor fai un esforzo por evitar o uso excesivo de tecnicismos e usa exemplos cotiáns e metáforas para axudar á comprensión. 

Outro aspecto notable deste libro é a maneira en que Hawking aborda preguntas fundamentais sobre a natureza do tempo e o universo. A medida que avanzamos na lectura, somos levados a reflexionar sobre cuestións profundas, como a existencia doutros universos e a posibilidade dunha teoría do todo que explique todas as leis fundamentais da física. Desde o meu punto de vista, o libro é moi interesante, se che gusta o espazo e a física pero á vez moi complicado de entender e fundamentalmente requírense uns coñecementos para dominar estes temas, os cales non teño. Con todo, facer esta análise axudoume en gran medida a entender este libro, probablemente mellor do que me esperaba.

Roteiro por un Xeoparque Mundial da UNESCO

A UNESCO acaba de declarar oficialmente a zona de Cabo Ortegal como Xeoparque Mundial.


Será o segundo de Galicia, despois do Xeoparque das Montañas do Courel.


A semana pasada un grupo de alumnas e alumnos de 1º de bacharelato da materia Bioloxía, xeoloxía e ciencias ambientais estiveron de roteiro por diversas zona do Xeoparque de Cabo Ortegal


Ademais, contaron coa mellor compaña posible. Durante toda a xornada recibiron as explicacións de Francisco Canosa, doutor en xeoloxía o promotor e director científico do proxecto para acadar a actual declaración de xeoparque.


Atoparon cousas tan interesantes coma :

*  Unha zona en superficie onde se pode apreciar a descontinuidade de Mohorovicic (o límite entre codia e manto).

*  Os maiores afloramentos mundiais de ecloxitas, rochas que poucas veces se poden ver en superficie, que conteñen granates e mesmo diamantes. 

*  Avistar desde a cima do cantil a praia de Teixidelo , única no mundo con area negra de orixe non volcánica.

*  Pregamentos e fallas.

*  Especies de plantas endémicas desa zona, como Centaurea borjae ou Linaria aguillonensis.

...


E, por suposto, desfrutaron dun día ao aire libre rodeados de paisaxes espectaculares.

Día da Ciencia na Rúa 2023

Os nosos alumnos/as de primeiro e cuarto de ESO e primeiro de Bacharelato participaron hoxe no Día da Ciencia na Rúa. O Parque de Santa Margarida celebrou este ano a 27ª edición dunha festa que ten como protagonistas principais ao alumnado e profesorado de centros educativos de diversas localidades galegas, que traen as experiencias que prepararon durante meses para convidar a cidadanía para descubrir, aprender e xogar coa ciencia e a tecnoloxía.

25 de abril: Día Mundial do ADN

O alumnado de 4ºESO e 1ºBacharelato, para conmemorar o Día Mundial do ADN, preparou unhas actividades nas que tivo a posibilidade de participar todo o alumnado do centro.

Comezamos facendo extracións de ADN de plátano e fresa durante os recreos do 25 de abril no vestíbulo do centro, onde se expuxeron diferentes carteis e maquetas de ADN coa axuda do alumnado de 3ºPDC. Esta práctica estivo a cargo do alumnado de 4ª ESO que mostraron as súas dotes científicas realizando a práctica e explicando o observado.

A continuación, todo o alumnado do centro tivo a posibilidade de participar nunha ximcana de preguntas sobre o ADN para seren os gañadores da extracción do seu propio ADN.

Finalmente foron os alumnos de 1ºESO: Diego López, Emma Blanco, Raúl Orosa, Noa Vázquez, Daniela Galcerán, Inés Insua e Paloma Seijas; e de 3º de ESO  María Fernanda Maldonado, os gañadores de dita ximcana e, polo tanto, os que tiveron a posibilidade de observar a extracción do seu ADN por parte do alumnado de 1ºBacharelato que cursa a materia de Laboratorio de Bioloxía e que xa son case expertos no manexo das técnicas de laboratorio.

Foi xenial poder compartir estas actividades entre todos os niveis!

Grazas a todos pola vosa participación!

3ª edición do concurso: "Galego con Ciencia"

LISTAXE DE GAÑADORES DA PRIMEIRA SEMANA QUE PODEN CONTINUAR NA SEGUNDA: 1ª SEMANA

PARTICIPA SEGUNDO O TEU NIVEL:

BASES E OBXECTIVOS

1. Poderá participar todo o alumnado matriculado no IES Monelos no curso 2022-2023. 

 

2. O obxectivo do concurso é fomentar o emprego da lingua galega naquelas materias nas que o galego non é a lingua vehicular na ESO (bioloxía, física e química, matemáticas, tecnoloxía, informática). Tamén preténdese que alumnado acade unha mellora no seu rendemento académico. 

 

3. O concurso durará 4 semanas. Empezará na semana do 17 de abril de 2023 e rematará na semana do 8 ao 12 de maio (coincidindo coa semana das Letras Galegas). 

 

4. O concurso terá tres niveis: 

 

• 1º e 2º de ESO. 

• 3º e 4º de ESO. 

• Bacharelato. 

 

5. Tódalas semanas en que haxa concurso, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, fará públicas dez preguntas, por cada unha das modalidades, relacionadas coas materias citadas na base segunda desta convocatoria. Estas deberán ser contestadas polo alumnado participante, antes das 14 horas do venres correspondente. 

 

6. O concurso será eliminatorio, organizado da seguinte maneira: 

 

• Durante a primeira semana (17 ao 21 de abril) poderán continuar participando o alumnado que acerte polo menos sete das dez cuestións formuladas.

• Na segunda semana (do 24 ao 28 de abril) poderán continuar participando o alumnado que acerte polo menos oito das dez cuestións formuladas.

• Na terceira semana (do 1 ao 5 de maio) poderán continuar participando o alumnado que acerté polo menos nove das dez cuestión formuldadas. 

• Na derradeira semana (8 a 12 de maio) poderán ser gañadores unicamente os que acerten todas as cuestión formuladas. 

 

7. O cuestionario será publicado na web do instituto e no blog do equipo de dinamización www.cotarelomonelos.blogspot.com 

 

8. O alumnado deberá responder (accedendo a través da web do instituto ou do blog do EDLG) ao formulario editado en google.docs. Nel indicarase o seu nome, apelidos, curso e grupo. É importante comprobar as respostas antes de contestar. En caso de que un concursante envíe dúas ou máis respostas só será admitida a primeira. 

 

9. O primeiro día lectivo de cada semana en que dure o concurso, farase público na páxina web e no blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e na web do instituto, o alumnado que continua no concurso nos seus diferentes niveis. 

 

10. Para a elaboración e selección de preguntas, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega contará co asesoramento dos departamentos citados na base segunda desta convocatoria. 

 

11. Haberá dous premios únicos por cada nivel: 

 

• 1º Premio contará cun vale que se poderá intercambiar na cafetería do centro Alfredo's Bar. • 2º Premio contará cun vale que se poderá intercambiar na cafetería do centro Alfredo´s Bar. 

 

12. En caso de empate de gañadores a última semana o desempate farase do seguinte xeito: 

 

a) Maior puntuación nas tres semanas previas.

b) De persistir o empate realizarase un sorteo sobre os que teñan igual puntuación máxima, tanto para o primeiro como o segundo posto. 

 

12. A participación neste concurso suporá a aceptación destas bases. 


23 de abril, día do libro... de ciencia.

Para conmemorar o DÍA DO LIBRO, o alumnado de 4º de ESO da materia de Bioloxía e xeoloxía preparou unha pequena exposición.

A idea que se pretende transmitir é que os libros non entenden de letras e ciencias. Hai un libro para cada interese, en realidade, unha morea deles!!

Durante os recreos do luns 24 presentouse unha selección de libros que teñen algunha conexión con temas científicos (ficción e divulgación). Cada libro foi comentado brevemente por un alumno ou alumna, coa intención de espertar a curiosidade pola súa lectura.

Por se o pracer da lectura non fose suficiente, ademais a ciencia danos un montón de boas razóns para ler, como se pode ver nas infografías expostas.

A QUE ESTÁS ESPERANDO? MERGÚLLATE NUN LIBRO!

Conmemoramos o Día Internacional do ADN



Ademais da práctica de extracción de ADN que realizaremos durante os recreos do martes 25 de Abril no vestíbulo do centro e á que estades convidados, desde o departamento de Bioloxía e Xeoloxía lanzámosvos unha breve ximcana de preguntas sobre o ADN.

Serás quen de responder as cuestións que atoparás na seguinte ligazón?

https://quizizz.com/join?gc=11945583

Lembra que participar ten premio! Se queres ser a persoa afortunada e ter a posibilidade de presenciar a extracción do teu propio ADN, só tes que seguir as seguintes normas:

1. Pica na seguinte ligazón: https://quizizz.com/join?gc=11945583 (no caso de que che pida un código, debes insertar o seguinte: 11945583)

2. Escribe o teu nome completo e apelidos. Engade tamén o curso e grupo ao que pertences

3. Sé a persoa máis rápida en completar de xeito correcto todas as preguntas.

4. Terás de prazo desde o luns 24 de abril ata as 23;59 do martes 25 de abril para completar o cuestionario.

5. O cuestionario pódese facer varias veces pero para escoller aos gañadores soamente teremos en conta o primeiro intento de resposta que fagas.

Todos aqueles participantes que non sigan estas normas non serán tidos en conta para a resolución da ximcana de preguntas.

Avisaremos ás persoas gañadoras durante a xornada do mércores e a extracción realizarase o xoves na primeira hora da mañá.

Animádevos a participar!

14 de marzo: Día Internacional das Matemáticas

Unha maior conciencia mundial e un fortalecemento do ensino das ciencias matemáticas son esenciais para facer fronte a desafíos que se expoñen en ámbitos como a intelixencia artificial, o cambio climático, a enerxía e o desenvolvemento sostible, e para mellorar a calidade de vida no mundo desenvolvido e no mundo en desenvolvemento. Por esta razón, a 40ª Conferencia Xeral da UNESCO proclamou o 14 de marzo de cada ano como o Día Internacional das Matemáticas en novembro de 2019.

En moitos países, o 14 de marzo (3/14) xa se celebra como o Día do Pi porque π, unha das constantes matemáticas máis coñecidas do mundo, pode redondearse a 3,14.

O Departamento de Matemáticas, para conmemorar este día, realizou unha exposición de diferentes xogos e actividades nos recreos.

Día da Muller e da Nena na Ciencia

Con motivo do Día da Muller e da Nena na Ciencia celebrado o 11 de Febreiro de 2023, o alumnado de 1ºESO empregou recursos da Biblioteca do Centro para elaborar unas tarxetas identificativas sobre algunhas das científicas galegas máis importantes. Nestas tarxetas incluíron información relevante sobre cada unas destas mulleres, destacando o importante papel que tivo o seu traballo para a investigación e a súa contribución en diversos eidos da ciencia. Unha boa forma de pór de manifesto a importancia do papel da muller na ciencia e de entrar en contacto co traballo científico e a súa relevancia ao longo do tempo.

Poema de Rosalía de Castro recitado por unha IA

Estamos a probar as diferentes utilidades das IA e neste caso puxémola a recitar un poema de Rosalía de Castro.


Este poema, "Negra Sombra" , converteuse nunha das máis emblemáticas cancións da música galega, porque o músico , Xoán Montés Capón (Lugo 1840-1899) uniu estas letras cun alalá recollido na Cruz do Incio. Foi presentado por primeira vez no Gran Teatro da Habana no ano 1892.


Considérase un dos cantos máis fermosos e elementais de Galicia, e as súas letras fúndense co trazo melódico de modo que xa non se conciben separadamente.


New creative video.mp4

CONCURSO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA (11 DE FEBREIRO) E DÍA DA MULLER (8 DE MARZO)

O EDLG e a biblioteca Nautilus do IES Monelos organizan un concurso no que pode participar todo o alumnado do instituto. O concurso comezará o luns 13 de febreiro e rematará o venres 10 de marzo. Dito concurso consistirá en atopar o nome de 21 mulleres relacionadas co mundo da ciencia en Galicia (física-química, bioloxía, farmacia, medicina, matemáticas, tecnoloxía, informática, etc). A información sobre estas personalidades será publicada na Revista Arredemo.

 BASES 

1. Dirixido a todo o alumnado do centro establecéndose unha única categoría. 

2. Para poder participar e necesario cubrir un formulario este formulario: aquí

3. Gañarán todas aqueles formularios que acerten o nome de todas as personaxes femininas. 

4. Só se concederán ata 5 premios. En caso de haber máis acertantes farase un sorteo público para indicar quen son eses cinco gañadores. 

 5. O premio consistirá nun vale canxeable por 5 bocatas e bebida na cafetería Alfredo’s Bar do instituto. 

CHARLAS UDC PARA OS ALUMNOS/AS DE TECNOLOXÍA

A miña casa está feita de plástico!

Moitas grazas a Manuel F. Herrador, enxeñeiro de camiños, canles e portos e profesor da ETSI Camiños na Universidade da Coruña,  pola súa charla sobre materiais aos alumnos de primeiro de bacharelato. 

Charlas Matemáticas coa UDC

Probabilidades trampulleiras...ou non tanto: como gañar á ruleta

Nesta conferencia percorren algunhas situacións paradóxicas da teoría da probabilidad que xurden nos xogos de azar: lanzamento de datos, apostas á ruleta, etc. e relaciónanse con problemas semellantes no mundo das finanzas cuantitativas. 

Charla levada a cabo con estudiantes da segunda etapa da ESO e o bacharelato.


Datos. Unha profesión de presente...con moito futuro

Nesta conferencia se presentará unha panorámica sobre a profesión de científico de datos (novo grao da UDC) e algúns exemplos de análises de datos relativos á estimación do número de asistentes a un evento e a distribución do número de nacementos a longo dos meses do ano. 

Charla levada a cabo con estudiantes da segunda etapa da ESO e o bacharelato.

Gañadores da 2ª edición do Concurso Ciencia en Galego 

Organizado polo EDLG en colaboración co departamento de Física e Química do IES Monelos.

1º premio 

Reacción química dun limón efervescente de Nicolás Castro Fontela (4º ESO)

2º premio

Dous experimentos básicos de Martina Iris Estévez Domínguez (4º ESO)

Finalista 

Naipe sobre auga de Victoria Caraballo Hernández (4º ESO)

Entrega dos premios aos gañadores do concurso "videos de ciencia en galego"

1º premio

Nicolás Castro Botana (4º ESO B)

2º premio

Martina Iris Estévez Domínguez (4º ESO A)

Finalista

Victoria Caraballo Hernández (4º ESO B) 

CON-CIENCIA ECO NO NADAL

Nina Varela Ota 

Parte do alumnado de 4º de ESO da materia de Bioloxía e xeoloxía quixo implicarse para divulgar entre a comunidade do centro a idea de procurar uns hábitos más sustentables nunha época moi marcada polo consumismo como é o Nadal.

Recollemos aquí algunhas das súas aportacións.

Moitas grazas a todas e todos!!

Amalia García e María Rodríguez

Sara Mboudou

Sabela García e  María Vázquez

PLUTÓN, O PLANETA ANANO

Coñecedes a historia de Plutón? Sabedes quen o descubriu? 

Hai máis planetas ananos no cinto de Kuiper?

Botádelle unha ollada a este vídeo de José Luis Crespo, máis coñecido como "quantum fracture" en Youtube. É un físico de 28 anos anos que é capaz de explicarche nuns minutos o Big Bang (con axuda dunha botella de auga), cara a onde se expande o Universo ou por que non encaixan a Mecánica Cuántica e a Teoría da Relatividade

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

Bases do concurso 

1. O concurso está organizado polo departamento de física e química do IES Monelos coa colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro. 

2. O obxectivo do concurso sensibilizar ao alumnado na inquedanza investigadora no ámbito das ciencias. Expecialmente na física e química. 

3. No concurso poderá participar o alumnado de 3º e 4º de ESO. O experimento terá carácter voluntario. 

4. A proba consistirá na elaboración dun vídeo caseiro sobre un ensaio relacionado coa materia de física e química. A exposición descriptiva terá que realizarse en lingua galega. 

 5. O xurado estará formado por un representante do departamento de física e química, educación plástica e visual e o representante do equipo de dinamización da lingua galega. 

6. A entrega dos vídeos realizarase antes do mércores 30 de novembro. 

7. O mércores 14 de decembro o xurado reunirase no 1º recreo para deliberar e outorgar os premios aos videos gañadores. 

8. Haberá un gañador e un segundo clasificado que terán premio. Os premios consistirán: • O primeiro premio dun vale de 30 € • O segundo premio dun vale de 20 € • 

9. O xurado poderá declarar deserto calquera delas no caso de considerar insuficiente a calidade dos traballos presentados. 

10. A participación no concurso supón a aceptación destas bases.


O ALUMNADO DE MONELOS INAUGURA O TALLER

 "A MAXIA DA ROBÓTICA"

A tensión superficial na auga

Amalia García Blanco


¿Hasta el infinito y más allá?

¿Puede una partícula influir en el estado de otra aunque estén a años luz de distancia? La respuesta nos la va a dar una propiedad derivada de la mecánica cuántica: el entrelazamiento cuántico. ¿Sabes qué es?