Recensión do libro: Romper el círculo, de Colleen Hoover

Por Ainhoa Losada Fernández 3º ESO 

“Ás veces quen máis che quere é quen máis dano faiche”.


Esta é a premisa do libro para comentar esta vez, e é que Lily non sempre o tivo fácil.


Foi criada nunha contorna tensa, onde o seu pai abusaba da súa nai desde que lily tiña memoria, pero, cando finalmente o seu pai morre e ela é elixida para dar un discurso no día do enterro, négase a falar xa que as palabras que ten para el non son bonitas nin adecuadas para o momento no que se atopa.


Esa mesma noite coñece a Ryle, quen mais adiante sería o protagonista dos seus pesadelos, pero que á súa vez, indirectamente axudaría a lily a reencontrarse co seu exmozo da adolescencia: Atlas Corrigan 


Este libro reflicte o que é atoparse nunha situación de violencia de xénero desde dentro, estando enganchada a alguén que che está facendo dano psicolóxico e físico. De feito, retrata a situación persoal da autora, onde na nota final do libro indícanos que a maioría de situacións de violencia relatadas ao longo do libro son reais e que tivo que ver cos seus propios ollos cando vivía cos seus pais de pequena.

Con este libro puiden sentir cada palabra encaixada no meu corazón e cada golpe no meu corpo.


Foi un libro que no seu momento fíxome chorar e reflexionar, e poucos conseguen facerme chorar como o fixo leste.


Sabemos que este libro conta con segunda parte desde hai uns anos, aínda que eu aínda non me atrevín a compralo e sentarme a ler.

3ª Edición do concurso: Hai debate

BASES DO CONCURSO

1. Poderá participar todo o alumnado 1º bacharelato matriculado no IES Monelos no curso 2022-2023. 

 

2. O obxectivo do concurso é fomentar o uso oral da lingua galega por parte do alumnado deste nivel. Por outro lado preténdese fomentar un ambiente de tolerancia dentro das discrepancias que hai dentro das opinións que mantemos as persoas. 

 

3. O concurso durará 2 semanas. Empezará na semana do 17 de abril de 2022 e rematará na semana do 24 ao 28 de abril. 

 

4. O concurso desenvolverase coa colaboración do departamento de filosofía e desenvolverase nas sesións de aula destes niveis.

 

5. O tema escollido na fase inicial e final quedará establecido polo departamento de filosofía. 

 

6. O concurso estará estruturado da seguinte maneira: • Durante a primeira semana (17 ao 21 de abril) desenvolverase un debate nalgún dos grupos de 1º de bacharelato. • Na semana do 24 ao 28 de abril realizarase a final. 

 

7. As sesións dos debates poderán ser gravadas. 

 

8. Haberá dous premios únicos por cada nivel: 

 

• 1º Premio contará cun vale que se poderá intercambiar na cafetería do centro Alfredo’s Bar. • 2º Premio contará cun vale que se poderá intercambiar na cafetería do centro Alfredo´s Bar. 

 

9. A participación neste concurso suporá a aceptación destas bases.

Concurso literario das Letras Galegas 2023

BASES DO CONCURSO

PRIMEIRA.- Poderá participar neste certame calquera alumna/o matriculada/o no IES Monelos durante o curso 2022-2023. Para este concurso estableceranse dúas categorías: 

 

-1ª Categoría (1º, 2º e 3º ESO). 

-2ª Categoría (4º ESO e Bacharelato). 

 

SEGUNDA.- Cada participante de cada unha das categorías poderá presentar unha proposta a calquera das dúas modalidades: Poesía e Narración breve

 

- Modalidade de poesía: presentaranse dous poemas como mínimo, de tema e forma libres. 

- Modalidade de narración breve: a extensión máxima será de cinco páxinas por unha soa cara e o tema libre. 

 

TERCEIRA.- Os traballos estarán escritos en lingua galega e deberán ser orixinais, inéditos e non premiados. 

 

CUARTA.- Deberán estar escritos con ordenador, en tamaño A4, espazamento entre liñas simple e tamaño de letra 12; paxinados e sen asinar. 

 

QUINTA.- Os traballos presentaranse por correo electrónico enviándoos á dirección endliesmonelos@gmail.com. 

 

No asunto figurará o PSEUDÓNIMO do autor. No corpo do texto figurarán o PSEUDÓNIMO, TÍTULO DA OBRA e MODALIDADE. Enviaranse dous arquivos adxuntos en PDF. O primeiro deles coa ficha de inscrición do concursante sinalando o seu nome, apelidos, idade e curso; no segundo arquivo irá o traballo que levará o PSEUDÓNIMO e o TÍTULO da obra. 

 

SEXTA.- Haberá un premio por modalidade, aínda que o xurado poderá declarar deserto calquera deles no caso de considerar insuficiente a calidade dos traballos presentados. 

 

O importe dos premios será de: 

 

Modalidade de poesía 1ª categoría: vale de 30 €. 

Modalidade de narración breve 1ª categoría: vale de 30 €. 

Modalidade de poesía 2ª categoría: vale de 30 €. 

Modalidade de narración breve 2ª categoría: vale de 30 €. 

 

SÉTIMA.- O prazo de entrega de traballos comeza o 11 de abril e remata o día 5 de maio de 2022. 

 

OITAVA.- A composición e o fallo do xurado darase a coñecer 12 de maio de 2023. 

 

NOVENA.- A organización do Certame publicará os traballos premiados na revista dixital do EDLG do IES Monelos Camiño do Corgo. Tamén poderán ser publicados algúns traballos non premiados se o xurado o considera oportuno. 

 

DÉCIMA.- O xurado e a organización do certame están facultados para tomar as decisións que consideren oportunas ante a aparición dalgún imprevisto non recollido expresamente nas presentes bases. A participación neste certame implica o coñecemento e a aceptación íntegra destas bases.


Xadrez e fotografía

Por Diego Ínsua Puente de 3º de ESO A

Como ya sabréis, actualmente  tenemos en la entrada del instituto una exposición dedicada al ajedrez. Esta exposición nos la prestó otro instituto (IES Mosteirón) a cambio de que nosotros le añadiésemos nuevas secciones que finalmente fueron: una sobre ajedrez y fotografía, y otra sobre el ajedrez y el cine. De esta última os voy a hablar en este pequeño reportaje.

Pode que os sorprenderades ao ver a dous estrelas do fútbol como son Messi e Cristiano xogando ao xadrez pero nada máis lonxe da realidade. A fotografía foi tomada na Copa do Mundo por Annie Leivobitz e é en realidade propaganda de Luis Vuitton. Unha curiosidade: a posición das pezas sacouse dunha partida de Carlsen e Nakamura, os máis grandes, o Messi e o Cristiano, do xadrez actual.

Esta imaxe mostra a un árabe un xudeu cunha posición de xadrez nun taboleiro. A ilustración provén do “Libro de los xadrez, dados tablas” de Alfonso X o Sabio, no século XIII.

Estas fotografías tomadas polo fotógrafo checo Michael Hanke foi un dos proxectos gañadores do World Press Photo 2017. O mencionado fotógrafo fixo unha reportaxe fotográfica sobre torneos axedrecísticos infantiles no seu país. Ademais dese premio foi nominado a outros premios como o Sony World Photography, o maior concurso de fotografía a nivel mundial.

Estas fotografías representan o estadounidense torneo Millonaire Chess, de Las Vegas e foron tomadas polo asturiano David Llada. Como se pode deducir da cidade dos casinos, os premios son dos máis elevados que hai nestes torneos, polo que viñeron grandes do xadrex como o campión do mundo Magnus Carlsen, ao que podedes ver na segunda fotografía de abaixo e Hikaru Nakamura. Aínda así a favorita do artista e a primeira de todas, que amosa o apretón de mans hai que darse ó iniciar unha partida.

El ajedrez, un juego de mesa que dio para muchas historias

Por Daniel Rey Rodríguez de 3º de ESO A



La primera película a la que me referiré es “Game over: Kasparov and the machine”.


Esta película trata sobre un suceso real: la primera vez que una máquina derrota a un campeón de ajedrez.


Deep Blue era una máquina diseñada para derrotarlo y, aunque perdió la primera partida, en la revancha Kasparov fue vencido.







Nuestra segunda película es “Searching for Bobby Fischer”


Cuenta que la familia de un niño Ilamado Josh Waitzkin descubre que este último tiene un don para el ajedrez, así que contratan a un instructor para que le enseñe a jugar de forma más agresiva que Bobby Fischer. 


El problema es que Josh no quiere ser misántropo (una persona que desprecia al ser humano), como era Bobby Fischer.






A continuación os hablaré de “The Queen’s Gambit" (Gambito de Dama).


Es una serie basada en una novela del mismo nombre que se puede ver en la plataforma Netflix. 


Cuenta la historia de una huérfana prodigio del ajedrez que trata de ser campeona de ajedrez en un tiempo en el que se veía mal el que una mujer jugase al ajerdrez y tiene que enfrentarse a la vez a sus demonios internos.






La siguiente película a la que me referiré es un documental que se Ilama “Magnus”.


Está basada en la vida de uno de los mejores ajedrecistas de todos los fíempos, desde su inicio hasta convertirse en campeón del ajedrez.


“Cuando abrió el séptimo sello, se hizo silencio en el cielo como por media hora.Y vi a los siete ángeles que estaban en pie ante dios; y se les dieron siete trompetas.”

¿Reconocéis esto?

Es de la biblia, Apocalipsis 8, el séptimo sello.


Significa que la última película es: "The Seventh Seal"

Esta película es una obra maestra del cine sueco.

La he visto recientemente y voy a aprovechar entonces para hacer un pequeño resumen de la misma (ojo, ¡hay muchos spoilers!). Cuenta la historia de un caballero de las cruzadas que se encuentra a la muerta que viene a por él. Para salvarse, le propone jugar al ajedrez y que le deje vivir si gana; cosa que no da resultado ya que nadie puede vencer a la muerte. En el tiempo que tiene trata de conocer a Dios pero no lo consigue, ya que ni siquiera la muerte lo conoce.

Conocemos a otros personajes, como a una familia de juglares y a una chica que dicen que es bruja pero ven que no lo es y que no conocía al diablo, lo que les aterra porque parece que nada existe en el más allá.

Nos situamos en tiempos de la Peste negra y vemos el terror de esas gentes que solo podían explicar la peste como un castigo divino.

Al final, la familia de comediantes consigue escapar de morir al separarse del caballero ya que el padre ve visiones y así pudo verlo jugar con la muerte, y decidieron huir.

Es una gran obra, la recomiendo a los amantes de las historias filosóficas y a la gente a la que le gusten los grandes clásicos.


ADIVIÑA MITOLÓXICA

O Departamento de Grego rétache a adiviñar os personaxes 

QUINTO RETO 

A solución considerarase corrrecta cando se identifiquen acertadamente o(s) personaxe(s) en cuestión e se expresen as razóns válidas que xustifiquen esa identificación.

Cada semana ofrecerase unha pista, mentres ninguén acerte.

Primeira pista: 

Anímate a participar: envía a túa solución ó departamento de grego (departamentodegrego@gmail.com)

Gañadoras/es do quinto reto : 


Nina VO

Kevin Rojas

Cristina Paz

Iria



Entrevista a Manuel Gago

As nosas reporteiras Sabela Castro e Victoria Caraballo entrevistan a Manuel Gago, xornalista, director de culturagalega.gal, profesor da Universidade de Santiago de Compostela e editor de Capítulo 0.

Noraboa rapazas por esta interesantísima entrevista!


Vostede é profesor e xornalista, pero sin embargo abrangue campos moi alonxados da súa profesión, como son a historia ou a arqueoloxía. Se tivera que escoller un deses traballos, con cal se quedaría? Cal lle parece máis fascinante?

Pois fíxate, en realidade todos eses campos non están tan distanciados entre si. Vivimos nunha época de carreiras e saberes demasiado especializados. Isto está moi ben para profundar en coñecementos moi específicos, en técnicas moi concretas, pero ten varios problemas, e o primeiro é que non nos permiten ter unha visión global que faga que conectemos saberes. Eu fixen o meu propio camiño. Combinando coñecementos de comunicación cos das ciencias do pasado podo explorar o ámbito da divulgación científica, que en Galicia está moi pouco traballado e no que hai todo un mundo por desenvolver e inventar. E podo facelo de xeito moito máis creativo que un historiador que carece de coñecementos de comunicación e un comunicador que carece, ou se sinte inseguro, nos coñecementos históricos.

Sabemos que vostede fai unha labor importante con respecto a divulgación da historia antigua de Galicia e que participou dalgunha excavación arqueolóxica, como a do poboado da Lanzada, un castro do século VIII a.C. Pensa que pode haber todavía moito que descubrir en Galica arqueolóxicamente falando? É realmente tan fascinante o mundo da arqueoloxía como o vemos na televisión?

Si, de feito unha cousa que sorprende moitas veces é que o pasado parece inmutable pero en realidade está cambiando continuamente. Segundo pasan os anos acumulamos coñecemento e, nun momento determinado, unha nova visión, unha nova técnica ou a relación con especialistas doutros países fai que sexamos capaces de comprender algo que non se entendía ben, que se pensaba que non existía, e revoluciona todo. Póñote dous casos. Hai quince anos non se tiña nin idea de como fora a conquista romana de Gallaecia.

Durante este tempo, e grazas a tecnoloxías de última xeración, o colectivo romanarmy e outros investigadores fomos capaces de localizar as trazas do exército romano polo territorio durante esa guerra que transformou o que hoxe é Galicia. E pasa o mesmo cuns misteriosos recintos circulares tamén descoñecidos que comezaron a ser localizados tamén hai uns quince anos, e que chamamos, un pouco incorrectamente, ‘henges’. Resultan ser unha especie de recintos sagrados e necrópoles vinculadas ao final da Idade do Bronce e ao principio do tempo dos castros. Diso hai vinte anos non se tiña nin idea e xa apareceron máis de vinte por todo o país. E si, a investigación arqueolóxica é apaixonante.

Unha pregunta en relación ao libro “Vento e chuvia”, un libro que lín e que me resoltou fascinante. Sobretodo porque eu estou en contacto co mundo rural e escoitei moitas historias pero nunca nada semellante o que lin no libro. As historias que contas nel pertencen á tradición oral ou están recopiladas de fontes escritas?

Vento e chuvia é unha recreación dunha mitoloxía de hai dous mil anos, nunha sociedade que era moi distinta á nosa e mesmo moi diferente ao rural galego que coñecemos. Para construír esa mitoloxía botei man de moitas fontes diferentes: desde a arqueoloxía, a mitoloxía comparada con outros países -porque sabemos que hai moitos relatos compartidos-, a antropoloxía cultural e tamén da tradición oral galega, que foi fundamental, así que hai moito de todo. O que sucede é que a tradición oral que hoxe se nos conta é só unha parte moi pequena do que existiu ou mesmo do que a xente aínda coñece pero non quere contar, ou que custa moito que conten. Póñote un caso: hai ducias de razas máxicas distintas na tradición oral galega, pero se hoxe preguntas nunha aldea (mesmo nunha aldea que che pode parecer ‘moi aldea’) practicamente só che van falar dos mouros. Sen embargo, hai cen anos, os mouros eran só unha parte minoritaria de todo ese folclore. Conseguir chegar a esas capas profundas da tradición é algo que leva moito tempo, é moi difícil e ás veces imposible porque xa desapareceu.

Como pode descubrir a relación da árbore xenealóxica de deuses e monstros que hai ao final do libro?

Ten tres orixes. En primeiro lugar, pola mitoloxía comparada. Todas as mitoloxías europeas se parecen moito. Por exemplo, o deus máximo. En Grecia é Zeus, en Roma é Xupiter, pero nun territorio tan distante como Escandinavia, é Odín. Os tres teñen atributos moi semellantes. Sabemos máis ou menos que funcións desempeñan os deuses no mundo indoeuropeo e que relación teñen entre eles. En segundo lugar, pola arqueoloxía e a Historia antiga. Por exemplo, grazas a elas, sabemos que Reue, Bandua e Nauia eran con diferencia os deuses máis presentes no territorio da actual Galicia, o centro dese panteón. E en terceiro lugar, está a imaxinación e a creación literaria. Un caso: o Señor dos Aneis de Tolkien. Parte da liberdade creativa do autor, pero está baseado no seu profundo coñecemento das mitoloxías nórdicas e do folclore rural de Gran Bretaña.

Por que estas historias tan fascinantes non se dan a coñecer? Coñecemos moreas de deuses romanos ou gregos e sin embargo descoñecemos os que estiveron presentes na nosa historia. Cal pensa vostede que é o motivo polo que non coñecemos a nosa historia?

Por moitos motivos, todos mesturados entre si. O primeiro lugar, por certo complexo histórico con respecto á nosa historia, que sempre se entende menor en relación a outros. Durante moito tempo, a historia das comunidades da Idade do Ferro foi ignorada en toda Europa en relación á época romana, que foi a máis prestixiosa. Con todo, Galicia é o pais de toda Europa con máis superficie excavada en xacementos e castros da idade do Ferro, e iso é porque temos unha conexión moi especial con esa parte do noso pasado. Pero logo están problemas que moita xente non quere ver, como o feito da clara desconexión entre a ciencia e a sociedade. Un científico comunicase principalmente con outros científicos, non precisa explicar os seus resultados á sociedade nun rexistro fácil de comprender para poder vivir, así que non o fai. Iso provoca mesmo que haxa moi poucos libros de síntese que permitan coñecer, para un publico amplo, o noso pasado e que sirvan como manuais. Todo o coñecemento está disperso en miles de artigos moi pequenos. E en terceiro lugar, porque a propia cultura galega contemporánea ten moitos prexuízos con respecto ao seu propio pasado. Por exemplo, a última novela en galego para adultos sobre a Idade do Ferro foi escrita hai corenta anos. Corenta anos! Creo que a cultura galega contemporánea se tiña que esforzar en conectar coa sociedade –cousa que só fai parcialmente- e parte desa conexión está nos castros, que é un tipo de xacemento que a xente valora moito e do que quere saber máis.

Vostede é un claro exemplo de como se poden empregar as novas tecnoloxías para achegar coñecemento científico á poboación. Na páxima patrimoniogalego.net, da que vostede é fundador, podemos atopar moitas edificacións, petroglifos e diversas construcións que están consideradas patrimonio galego, case 15.000 se non me engano. Supoño que esta páxina foi un longo traballo a través dos anos. Podería explicarnos como xurdiu esta iniciativa?

Pois xurdiu por un cabreo. Amolábame que habendo tantos recursos públicos para proxectos de patrimonio de dubidosa utilidade, non houbera en interese en dispoñer dun catálogo dun recurso tan vulnerable, estratéxico e emocional como o patrimonio cultural. E xa que a Administración non daba investido diñeiro niso, decidin botar man da colaboracion cidadá. Montei o sitio web, contei co patrocinio dunha empresa privada, Dinahosting, para hospedalo nun servidor e preguntei á xente. Un grupo de persoas accederon a colaborar e hoxe en dia o catálogo é enorme, e por incrible que pareza, a administración segue sen ter algo minimamente equivalente.

É doado divulgar a nosa historia? Conta vostede con apoios para facer este traballo de promoción da cultura e a historia galega?

Pois eu non me queixo. Aos galegos apaixónalles a súa Historia, hai moita sede de coñecemento e moitas das iniciativas que facemos están sempre moi, pero moi arroupadas de público. Teño a sorte tamén de poder facer proxectos de grande escala coas principais institucións de Galicia, con empresas, con centros de investigación e con entidades da sociedade civil, como asociacións. Pero tamén fago moito investimento persoal, tanto en tempo como económico, en proxectos que me interesan, e que permiten retroalimentar o resto do sistema, crear oportunidades e non depender, para moitas cousas, da vontade de terceiros.

Pensa vostede que alguna vez poderemos ver a Idade de Ferro en Galicia nun documental do National Geographic ou do canal de Historia? Penso que hai material dabondo para facelo, non cree?

Por suposto. A Idade do Ferro de Galicia é unha das máis espectaculares de Europa tanto desde o punto de vista da monumentalidade dos xacemetnos, que son espectaculares, como desde os materiais recuperados e o que nos contan. Todos os mércores, eu difundo en inglés un castro galego a través de twitter, usando o cancelo #HillfortsWednesday, e os británicos fican moi sorprendidos coa cantidade e diversidade dos xacementos. Non somos nada conscientes do que temos diante dos ollos. O meu traballo tenta axudar a cambiar isto.

Ademáis de todo esto, vostede tamén sabe de gastronomía, pensa que a cocina galega ten rival?

Non son moi de discursos chauvinistas na gastronomía, en plan “somos mellores que o resto”. Cada territorio ten un xeito diferente de se aproximar ao mundo gastronómico e en todas partes hai excelentes produtos, mesmo no Sahara! O que si temos son varias cousas que fan a nosa gastronomía moi diferenciada, moi singular e sobre todo, moi pracenteira. A primeira é a nosa proximidade aos propios produtos, ao campo e ao mar, e esa proximidade impregna toda a nosa cultura e fai que teñamos unha auténtica cultura do xantar e do encontro. E o terceiro é que a nosa gastronomia céntrase, precisamente, en ser esencial, moi verdadeira e auténtica en todo: nos sabores, no xeito de presentala e vivila. E iso si que nos fai únicos e moi valiosos.

Kant máis doado do que pensas

Los fantásticos libros voladores

Un corto en inglés

(CC) Blender Foundation | http://gooseberry.blender.org

Francés fácil I

Latín lingua viva