Ex-alumnos/as

PABLO FERNÁNDEZ ANS E A SÚA ÚLTIMA NOVELA

En que anos estiveches estudando no iES Monelos?

Entrei no ano 1989, procedente do Colexio Público Concepción Arenal, e rematei no ano 1993 coa Selectividade.

Que é o primeiro que se te ven á cabeza cando lembras aqueles anos?

A primeira relación é asociar os anos no Monelos coa adolescencia, cando un descubre todo, deixar atrás a etapa infantil e asomarse ao borde dun inmenso val pendente de ser explorado; nesa aventura o Instituto Monelos foi un marabilloso catalizador.

Gardo un sentimento de proximidade, de sentir arroupado polos meus profesores e mailos compañeiros, a quen vía a diario, e que transmitían esa sensación de familia. Pero aquilo non foi so unha cousa do pasado, manteño os mesmos amigos, eses lazos prenden para sempre.

Respecto ás lembranzas funcionan como relampos: o bocata de tortilla no bar; “a xaula” que era a clase na planta baixa xunto as escaleiras; o futbolín no bar que había na Costa do Corgo; a carpeta con fotos de Lou Reed; as lecturas en clase de Rebeldes (Susan Hinton) e os de Suso de Toro (Land Rover, Polaroid); dunha obra de teatro que fixeran os compañeiros da clase; os intercambios cos Institutos de Sant Nazaire e Lisboa; a biblioteca; e por suposto pois moito estudio e o estrés en COU antes da Selectividade, ou de cando recibín o premio de Fotografía Xurxo Lobato no 2007, xa fora do Instituto.


Podes falarnos dalgún dos profesores que te deron clase e que dalgún xeito influiron positivamente na túa evolución?

Todos eles supuxeron un enorme aporte positivo nos meus anos de estudante, e mesmo con algún deles coincidín cando se celebrou o 50 aniversario do IES Monelos. A día de hoxe teño a memoria de cada un deles como personaxes peculiares, non eran xente común, de feito danme ganas de poñerlles alcumes e metelos nunha novela. 

Podería citar a Xavier Seoane, de cando traballamos na edición de “O Cómic en Galicia” publicado pola Deputación da Coruña no 1993; a ironía de Paco Pernas e Vilasuso, os profesores de química e física; a simpatía de Pilocha; as excursións ós Picos de Europa con Javier de Educación Física; das clases de filosofía que faciamos no patio exterior cando había bo tempo; do profe de Música que nos falaba da “Ars Nova” e da “Ars Antigua”; a esixencia das profesoras de Historia e Bioloxía; a risa contaxiosa de  Santolino... Son moitos os recordos que teño, e por suposto todos eles influíron positivamente en min, pero non baixo unha memoria morriñenta nin nostálxica, senón da alegría dun pasado compartido con eles.

En que medida as vivencias no IES Monelos influíron na túa vocación profesional?

Despois do Instituto fixen a carreira de Arquitectura Técnica na Universidade da Zapateira, pero tampouco tiven nunca unha vocación definida, simplemente o meu paso polo IES Monelos serviume para canalizarme pola póla de ciencias cara á Selectividade, unha cousa ben pragmática con pouca aventura posíbel.

Sen embargo as vivencias si que supuxeron, de xeito inconsciente, un intenso pouso no eido persoal, unha pátina que sen decatarse queda impregnada de por vida. Entre elas a máis importante é que a día de hoxe, pasados 30 anos, aínda conservo o mesmo grupo de amigos de entón, é un orgullo.

Respecto á vocación por escribir tampouco podería relacionalas directamente, comecei a escribir tardiamente, e quen sabe, ao mellor o xerme metéuseme algún día polos corredores ou no bar do Instituto, e non foi quen de espertar ata anos despóis. Pero as vivencias sempre inflúen, por exemplo, teño unha anécdota de cando tiraban con balíns ós viandantes, dende un dos edificios próximos ao Instituto, e que incluín na miña actual novela, pendente de publicar.

Como eres capaz de manter a constancia precisa para levar ata o final a escritura e publicación de duas novelas?

Penso que o alimento da constancia é a obsesión, ser algo testalán para acadar un obxectivo. Se son sincero, ás veces escribir é un fastío e preferiría facer outra cousa, pero a teima mantenme esperto para finalizar unha novela. Levo anos escribindo cousas, tanto no eido dos artigos científicos como relatos, e tan son foron as dúas últimas novelas as que tiven a sorte de que saísen publicadas. Publicar paréceme moi difícil, supoño que estas manteñen unha mínima calidade necesaria, así que quedo coa satisfacción de que que algo mellorei.

No meu caso comezo a escribir unha historia cando a teño a idea desenrolada, gardo moitas notas no Google Keep e antes de comezar fago un pequeno esquema previo dos capítulos e das historias que dentro do relato quero contar, de feito que me serva de fío condutor durante a escrita, porque se non un pérdese no labirinto con tódalas cousas que poden ser relatadas nun libro, moitas veces as personaxes desvíanse do camiño, e hai que atalas algo.

Con ese “fío de Ariadna comezo o proceso rutineiro de escritura, durante o cal tento facer un mínimo de tres follas ao día. Escribo normalmente durante as tardes ou noites, xa que durante o día traballo; ás veces costa moito, e cando un escribe diálogos pois é algo máis agradecido porque avánzase máis. Gústeme moito escribir nas Bibliotecas, son recantos de tranquilidade que axudan, con tanta xente concentrada, e se non pois na casa. Ese período de escritura “en bruto” pode levarme uns catro meses, e despois comeza unha primeira revisión ortográfica, feixes de consultas na web da Real Academia Galega, que precede a unha primeira lectura e reescritura, e logo outra e outra máis. Ao final un libro dunhas 200 páxinas finalízoo nuns nove meses.

Despois comeza o período de envialo a concursos e Editoriais na procura da sorte, é un mundo complexo porque aínda que hai moitas publicacións no mercado a verdade é que hai moi boas novelas editadas. Opino que non hai ningunha facilidade ata que alguén non gaña un concurso literario, iso abre as portas do mercado, pero iso da igual, como escritor afeccionado é unha enorme satisfacción recibir unha caixa cos exemplares publicados do teu libro. 

En parte todo ese proceso, incluído o fracaso, contémplanse no libro “Xénese, historia dun fracaso”, que relata a historia dun escritor frustrado, así que co final desta entrevista podemos dar comezo a lectura do libro.


MANUEL RIVAS FALA DO SEU PASO POR MONELOS

Hai uns días Álex Fidalgo, do podcast "Lo que tú digas", entrevistou a Manuel Rivas sobre como evolucionou a literatura e sobre o seu último libro: "La tierra oculta". Aproximadamente no minuto 10 tedes a posibilidade de escoitar un relato do seu paso polo Instituto de Monelos nos anos 80. Monelos foi o primeiro instituto público mixto da Coruña e el foi dos primeiros alumnos en experimentalo. Ademais relata como lembra con agarimo a dous dos profesores que pasaron por aquí: a escritora e poeta Luz Pozo Garza e o seu profesor de matemáticas José Pérez. 

Aquí tedes o manifesto que escribiu para o noso instituto: Manifesto de Monelos

Tres xeracións de alumnos de Monelos na mesma familia!

Por Lucas Eiroa de 4º de ESO A

Para coñecermos mellor a historia do noso instituto e da nosa zona non nos queda outra que recorrer aos relatos da xente. A través desta entrevista a tres persoas de tres xeracións distintas dunha mesma familia que estudaron no Monelos poderemos ver como cambiou a contorna e mesmo o propio edificio, ademais das experiencias de cada un dos entrevistados.

Que mellor que aprender sobre o noso instituto!

Faustino Eiroa Rial (1957), de 1969 a 1974 en Monelos. (F.E.)

Sergio Eiroa Candal (1982), de 1996 a 2000 en Monelos. (S.E.)

Aldara Eiroa Vázquez (2009), desde 2021 en Monelos. (A.E.)

Como fuches parar a Monelos?

F.E. : Entrei no primeiro ano como instituto mixto, unha novidade daquela, algo case experimental. Dous anos antes, comezara tamén meu irmán Pepe, no ano de inauguración do centro. Antes tiven que pasar por un curso de ingreso na Academia Cisneros e no Colegio Dequidt, unha proba de acceso ó Bacharelato por vir dunha escola unitaria, en Zas.

Como era o instituto e a súa contorna naquel tempo?

F.E. : O acceso ao recinto estaba no mesmo sitio que hoxe, pero aquelo era un camiño de terra cara Montes, nunha cota bastante máis baixa que agora, e con dous lavadoiros públicos onde hoxe queda a fonte. Todo estaba rodeado de leiras, casas baixas, camiños... Un entorno rural. O recinto non estaba pechado como agora no perímetro, non se fixera aínda o muro, e a planta baixa do edificio era totalmente diáfana salvo no primeiro bloque, onde estaba a residencia do bedel.

Había moitas carencias no equipamento e lembro que pasábamos moito frío nas aulas. Cada familia tiña que pagar unha cota anual se queríamos ter calefacción, e esta consistía nunha estufa de butano que, curiosamente, sempre estaba a carón da mesa do mestre. Faciamos educación física diante do centro ou sorteando as columnas da planta baixa cando chovía.

S.E. : Nos anos 90 aínda quedaba bastante daquel Monelos de arrabalde. Xa facían sombra os edificios altos do Castrillón na fachada do instituto, o recinto estaba protexido co valado actual, tiñamos o pavillón, a cafetería de Alfredo... Pero seguía estando Montes coas súas casas baixas e a tasca de Fidel convertida en Bar Peña para as nosas partidas de futbolín. O camiño do Corgo, onde faciamos contrarreloxos coa bici por aquela costa infernal, a finca do reformatorio que hoxe forma parte do parque de Oza, a carpintería ó final do Corgo...

O camiño cara o instituto dende a Gaiteira era un desafío no que había que sortear baches e coches. O gran cambio é que agora o centro está máis integrado no entramado urbano, gracias á demolición da meirande parte das casas de Montes, as do Corgo, e a conversión de todo aquelo nun gran parque.

Mentres construían o bloque novo do instituto, montaron unhas casetas de obra no aparcamento. Aínda que a min non me tocou pasar polos pendellos, sei que era mellor dar clase fóra. Morrías de frío ou de calor, e que non tocase meterse alí despois de Educación Física. Nunca foi tan axeitado o calificativo de “alpendre de soños” que evocou Manolo Rivas para referirse ao noso instituto.

Que ambiente se respiraba naquel Monelos?

F.E. : Soamente había outros dous institutos de ensinanza superior na Coruña: o Masculino e o Feminino, co que a área que tiña que abarcar Monelos era tremenda. Xuntábanse rapaces de todas partes, dos Mallos, Elviña, Palavea, o Barrio das Flores etc. Daquela eran diarias as liortas entre barrios, así que o clima era un tanto hostil, por así dicilo. Quen máis e quen menos levaba navalla no peto. Tamén comezaba a circular a droga na cidade, e nos arredores do instituto, e iso traía consigo algúns roubos e certo ambiente de inseguridade.

Pero o de fóra non tiña nada que ver co académico. Dentro do instituto o ambiente era normal, sempre pensando que estabamos nunha época de moitos cambios e de incerteza (últimos anos da dictadura).

S.E. : A miña promoción pode ser unha das máis numerosas que houbo no Instituto. So hai que ver a orla de Graduación, con 160 rapaces. Eramos catro clases por curso con 30 e moitos ou 40 alumnos en cada unha.

Agora cambiaron as fiestras. No meu tempo eran as mesmas que “disfrutou” meu pai. A iluminación é mediante pantallas led en lugar de tubos fluorescentes, desapareceron as tarimas. Gustaríame ver a aula de informática, porque a nosa nos 90 era de museo. Lembro cando unha alumna meteu un disquete de 3,5 na bandexa de CD-ROM, unha revolución tecnolóxica que tíñamos daquela. Villasuso deixounos sen Informática por “escangallar” o mellor ordenador que tiñamos.

Hai algún profesor que recordes especialmente e como era a relación con eles? E algún compañeiro?

F.E. : Lembro que me deu Literatura Luz Pozo. Pero recordo sobre todo a Maurilio, de Relixión, que logo tería un papel importante opoñéndose ás expropiacións da mina de Meirama, no conflito das Encrobas. Ou Puga, o de Educación Física, que tiña xa métodos bastante modernos para aqueles tempos e comezaba a introducir deportes como o judo. O que peor levaba era que me prohibiran falar galego. Nunca fixen caso.

Entre os compañeiros, destacaría a Xoan Eiriz, que alcanzou fama en Galicia como cantante. E, por suposto, a Manolo Rivas. Pero o meu grupo de amigos estaba máis ben no barrio, na Gaiteira e en Montes. Na tasca de Fidel, ao lado do instituto, xogabamos ao futbolín ou ás cartas (nas horas mortas, e nalgunha lectiva, tamén).

S.E. : A relación cos profesores era cercana, salvo algunha excepción da vella escola. Na nosa xeración podemos presumir de contar cun equipo docente dun nivel altísimo. Sempre lembrarei as clases de Literatura Galega con Xavier Seoane; as de Literatura Castelá con Ánxeles Penas; Mercedes Queixas en Lingua Galega; a Pilocha en Historia; Matilde, que daba clase de Literatura no patio se facía bo día; a Pedro Feal en Filosofía; Xabi en Educación Física co que íamos de ruta polo Courel, os Ancares ou a Andorra...

En canto a nomes propios que despois destacasen na súa profesión está Óliver Laxe, director de cine, co que tamén compartín estudos de Publicidade e Relacións Públicas en Pontevedra. Aínda que seguro que hai moitos máis que despuntaron entre tanta xente.

Recibiches unha formación adecuada ao mundo laboral? Se non é así, que melloras introducirías?

S.E. : No camiño cara ao mundo laboral, o instituto debería xogar un papel fundamental de orientación que eu botei moito en falta no seu día. Non é nada doado escoller un camiño cando eres tan novo. Así que penso que cada centro debería contar cun equipo de orientadores suficiente e preparado, capaz de achegarse individualmente a cada un dos alumnos e coñecer as súas particularidades, as súas habilidades, necesidades e o seu potencial, moitas veces estragado por unha decisión precipitada.

Como foi a integración no instituto? É como o imaxinabas antes de entrar?

A.E. : A miña integración no instituto foi algo complicada durante os primeiros meses. Novos profesores, moitos máis deberes e exames... Foi un cambio grande, pero penso que na segunda avaliación xa estaba bastante adaptada.

Sempre tes na cabeza os institutos que ves nas películas americanas, e antes de entrar pensaba se podería ser parecido.

Chámache a atención algunha das diversas actividades que ofrece o centro?

A.E. : Das actividades gústame o clube de lectura. Apunteime este ano e penso que é unha boa iniciativa.

Como valorarías o teu paso polo Monelos ata o momento?

A.E. : Valoro o meu paso ata agora como moi positivo. Gústanme os profesores que me tocaron e sigo cos mesmos compañeiros que foran conmigo no colexio desde infantil.

Entrevista a Enrique Iglesias Precedo

Enrique Iglesias Precedo, coruñés e exalumno do IES Monelos, foi o primeiro galego que entrou a formar parte da Orquestra Sinfónica de Galicia. Na primeira plantilla desta orquestra formada por músicos procedentes de todo o mundo, a presencia do coruñés Enrique Iglesias, resultou un caso excepcional ainda sendo unha orquestra galega con sede en A Coruña.


É violinista e na actualidade ademais de formar parte da plantilla da orquestra, leva o proxecto da escola de práctica orquestral Pizzicato, na que nenos pequenos que estudan instrumentos de corda teñen a oportunidade de facer a suas primeiras prácticas orquestrais.


Adriana Miranda de 3º ESO C e Raúl Orosa de 1º ESO A que participan nese proxecto, na orquesta Arcos, para nenos un pouco máis grandes, fixeron esta entrevista.

En primer lugar agradecerte que te ofrecieras a realizar esta entrevista  ¿En que momento apareció la vocación en tu vida para dedicarte a la música?


Yo empecé a tocar el violín bastante mayor, tenía ya 12 ó 13 años, pero la música siempre estuvo en conexión conmigo. Empecé a tener cierta vocación musical en la parroquia de mi barrio a donde yo iba de pequeño. Cuando tenía 8 ó 9 años empecé a tocar la guitarra a manera de rondalla. Luego en mi casa siempre había discos; mi madre había sido vendedora de discos en su juventud, y a mí me gustaba mucho la música sudamericana y también la música gallega. En aquel momento había un grupo muy famoso que se llamaba Fuxán os ventos, que hacía música basada en melodías gallegas. También Milladoiro…eso es el principio de mi conexión con la música. Había tambien algunos discos de música clásica en mi casa como la primera película de Disney Fantasía que tiene muchos fragmentos de obras conocidas, y todo aquello fue un caldo de cultivo que influyó en mí. 

Hasta que un buen día, viendo que yo seguía con la guitarra pero no leía música, mi madre me dijo : Quique pero si a ti te gusta tanto la música, ¿por qué no intentas ir al conservatorio para estudiar?  Ella tenía una conocida cuyo padre era violinista y daba clases de música. Allí estuve un verano con él en su casa aprendiendo las nociones básicas de solfeo; me atraía mucho un piano que tenían allí, pero  el problema era que no podíamos comprar un piano porque no teníamos medios ni espacio en casa para ponerlo. Y este profesor como era violinista puso un violín en mis manos. El comienzo de todo surgió ahí, ya tendría yo mis doce añitos…



Piensa una palabra para describir el sentimiento general de los años que pasaste en el IES Monelos.


Fueron años fantásticos, yo venía de un colegio concertado, era un colegio religioso, y mi madre les dijo a los profesores que tenía en 8º de EGB que sus hijos iban a ir estudiar a un instituto público porque no tenemos otra forma de hacerlo. 

El instituto de Monelos he de decir que en aquel momento era un instituto de barrio pues no estaba en al centro de la ciudad, tenía muchos problemas de tráfico de drogas y había que tener cuidado.

Me encontré, en primer lugar, un centro mixto, y para mí que venía de un centro que no lo era supuso la primera, y buena, novedad. Después la otra cuestión es que me encontré allí profesores fantásticos; visto con distancia había obviamente profesores buenos y malos, pero en muchos casos eran profesores muy vocacionales que querían enseñar y fue una etapa estupenda, fantástica.

Allí es donde decidí que mi camino iba a seguir por la música, para tristeza de algunos profesores ya que yo era muy trabajador y estudié Ciencias con Matrícula de Honor. Es entonces cuando les digo que no iba a estudiar nada relacionado con eso.


Por aquello de tener una conexión universitaria, ya que los estudios musicales no lo eran, me matriculé en Magisterio - hoy Ciencias de la Educación- y comencé pero a los pocos meses, cuando vi que era incompatible con mantener mi trabajo en el Conservatorio, lo abandoné. 

Años después muchos de esos profesores me comentaban que había tomado la decisión correcta.


¿Te acuerdas de algún profesor que te diera clase?


Claro, me acuerdo de muchos!! Había un profesor que se llamaba Villasuso, era profesor de física y fue tutor mío en 2º bachillerato. Tengo un gran recuerdo de este profesor y de muchos otros también. Me acuerdo del profesor de química que se llamaba Barral.


En el IES Monelos es tradición que con cada generación que se gradúa, asista un exalumno a despedirlos, a desearles suerte y a contarles parte de las vivencias que tuvo en el centro. ¿Te acuerdas cuando estuviste allá por el año 2001 en esa despedida que tuvo lugar en salón de actos de la Biblioteca González Garcés?


Sí que me acuerdo con mucho cariño, lo hicimos en la biblioteca. Yo me sentí muy honrado de que me hubieran invitado a mí a aquella entrega de diplomas. Claro que me acuerdo…¡cómo me voy a olvidar!


¿Qué les dirías a esas personas que piensan que la música clásica es un rollo?


Uff... hay mucha gente a la que le cuesta mucho trabajo acercarse a todo tipo de artes. La música clásica no es para nada aburrida, lo que pasa es que, quizá, con los protocolos que hemos creado para la asistencia a conciertos, que tienen su sentido, sí que hemos creado una imagen de algo que solo es para algunos, para unas minorías. 

No obstante pienso que en estos últimos tiempos con todo lo que se ha ido haciendo la música clásica ,se ha abierto mucho más a todo tipo público. Yo creo que todo el mundo es capaz de disfrutar de esta música.  Es cierto que alguna es muy compleja y  que está al alcance de menos gente, pero hay una gran cantidad de música clasica, desde el barroco al Romanticismo o siglo XX, que creo que es música que todo el mundo puede disfrutar. 


La música al fin que es? Es una vía para comunicar emociones, y ahí todos sentimos emociones y todos debemos de estar abiertos a ello, con lo cual yo animaría a todos aquellos que aun no lo han hecho a que lo hagan, y que intenten dejarse llevar por lo que están escuchando y no preocuparse de mucho más, simplemente sentir. 


Y ya está. Empezar por ahí.


Pues, una vez más,  gracias por prestarte a hacer esta entrevista.


Múchísimas gracias a vosotros. Ha sido un verdadero placer teneros aquí… alumnos de Monelos.



ATLETISMO: UN LONGO CAMIÑO

Hugo Vázquez, atleta internacional coruñés y ex-alumno do IES Monelos, conta a Inés Jaspe, alumna de cuarto da ESO, as súas experiencias como atleta, así como a súa actual experiencia nos Estados Unidos.

Como comezaches a facer atletismo?

Basicamente comecei porque uns amigos estaban apuntados, e comezei a picarme con eles xa que eran máis rápidos ca min, así que dixen: por que non apuntarme?

Ti eres saltador de vallas, como comezaches?

A persoa que me fixo facer valos, foi Toto o presi do club, porque debeu ver algo, e ao final pois si que se veu que había algo.

O atletismo é un deporte moi duro, houbo algún momento no que o quixeras deixar?

Si que houbo un ano, fai tres ou catro, que si que o quería deixar, quería cambiar de deporte xa que non estaba contento co atletismo. Logo os meus pais dixéronme que non o deixara e xusto despois viñeron os resultados, así que fixeron ben en dicirme que non parase.

Que campionatos tes gañado e como te sentiches?

Teño gañado moitos campionatos, os máis importantes o segundo posto no campionato de España de 110 metros valos o ano pasado e o primeiro posto no 60 e 110 valos. Os

campionatos galegos, dende fai catro anos os gañeios case todos.

O atletismo é de covardes?

Paréceme que toda a xente que di isto non ten razón, xa me gustaría velos a eles correndo, xa que non é só correr, tes que saber correr. Ás veces necesita sacrificio para preparar

campionatos importantes, seguro que os que din estas cousas serían os primeiros que se o probaran dirían que é moi duro.

Como levabas compaxinar estudos e deporte no teu ano de maior rendemento estando en segundo de bacharelato?

Eu non tiven problemas a hora de compaxinalos, é máis, ir adestrar todos os días axudábame a estar mais relaxado e non preocuparme tanto polos estudos. Non perdín nada a nivel

académico, incluso a primeira semana de exames que non adestrei tiven peores resultados que a segunda semana de exames adestrando todos os días.

Como está sendo a túa experiencia nos Estados Unidos?

Pois de momento non estou tendo ningún problema, o nivel académico e máis baixo que en España pero aínda así aprendes cousas. Tampouco tiven que preocuparme polo inglés xa que en canto chegas aquí metente nunha clase acorde co teu nivel de inglés.

Tes algunha meta?

Pois a verdade estaría moi ben volver a acadar o podio no campionato de España en categorías superiores.

Pois moitas grazas a Hugo por todo e esperamos que siga gozando do deporte como ata agora.

Hugo e Inés durante unha visita a Monelos

Medallas dos campionatos de España

Hugo nun entreno.

Entrevista a Mercedes Peón

Nesta ocasión Cintia García Vegas, ex-alumna de hai varios anos e estudante do grado de periodismo, entrevista a Mercedes Peón unha grande da nosa música e ex-alumna do Monelos nos anos oitenta.

Escoitar cantar con 13 anos a varias mulleres da Costa da Morte supuxo o inicio da súa carreira. Dende entón, as tradicións galegas, os sons da nosa terra e a nosa cultura van da man da súa música.  Catro álbums de estudo, participación en programas de televisión e festivais, numerosos premios, Galega do Ano 2005... e ex-alumna do noso instituto. 

Hoxe falamos con Mercedes Peón, unha artista galega internacional.

Ola Mercedes, ante todo, moítisimas grazas por axudarnos neste proxecto. É un honor poder contar coa túa testemuña.  Antes de nada, en que ano iniciaches os  teus estudos no centro? 

"No ano 80."

E canto tempo estiveches recorrendo os nosos corredores día tras día? 

"Catro anos, dende 1º do antigo B.U.P ata COU"

Cal é o teu mellor recordo daquela etapa da túa vida? Algunha anécdota que queiras compartir con nós?

"É moi difícil escoller un momento en concreto, porque na miña memoria veo como unha experiencia global. Dende @s profesor@s ata as relacións coas compañeirias-os, ata a reflexión e punto de inflexión con respeto á colonización lingüística, as relacións marcadas polo xénero etc. Pero ante todo habería que salientar a unidade existente entre tod@s, incluído profesorado, para manifestarnos en contra de situacións paupérrimas que se vivían daquela. Algunha anécdota que queiras compartir con nós? Pois téñoas á moreas :), Pero unha podería ser unha vez que lle gañei a Cacharón xogando ao frontón nun torneo que se facía informal entre nós (Era un compañeiro que facía físicamente por catro Mercedes, e moi boa xente)."

Se puideras resumir os teus anos no instituto Monelos nunha frase, cal sería? 

"Un dos momentos máis solidarios"

E se tiveses que describir o instituto cunha soa palabra, cal escollerías?

"Auténtico"

 Os profesores son unha parte fundamental na vida dos estudantes. Recordas a algún de xeito especial? Por qué?

"Tod@s Por qué? Por ser concreta, vénseme á cabeza Tareisa por abrirnos os ollos á subxetividade. Ata ese momento eu pensaba que o que lía nos libros de texto era certo ao 100%.  O que fixo foi simplemente partir directamente do noso entorno dun xeito lineal ( como é a historia, unha línea temporal). Con ese posicionamento simple e complexo,  soubemos cales eran as consecuencias directas, e en moitos casos nefastas, da historia no noso territorio e aprendimos que a nós nos afecta directamente. Por exemplo, cortar as oliveiras por mandato de Isabel a Católica, que foi como un demo para a nosa terra, provocando fame durante décadas. Isto faiche desenvolver unha mirada crítica e tentar pescudar que foi o que aconteceu e ollar o mundo con outras subxetividades."

Algunha recomendación para todos eses rapaces que acaban de comezar a súa andadura polo centro?

"Pois non creo que poda aconsellar. O que si sei é que o mundo cando nacemos tenos reservado unha caixiña. Segundo ela ti es a pequena, ou a que ten carácter, ou doce, ou viril, ou competitivo-a, ou orientacións que teñen que ver cuns acordos que xa estaban establecidos, cheos de prexuízos. Cando pasa o tempo pode ser que te decates que facer o que impón a manada para que se che acepte pode ser moi frustrante, porque non o escolliches ti, só te deixaches levar para ser aceptad@, e aí si que creo que polo menos hai que saber  identificalo… Ti quen és?"

Aos 13 anos comeza a túa paixón pola música e a tradición galega. Dende este momento, comezas a túa andadura como artista. A continuación, catro discos, participación en programas de televisión, festivais, moitísimos premios as túas costas... Cal é a clave para conseguir as túas metas? Qué consello lle darías a xuventude de hoxe en día?

"Primeiro teño que decir que non tiven metas. Saía do instituto e collía un autobús para achegarme á Bergantiños. Cunha libreta e un boli petaba nas portas de casas para preguntar se sabían bailar ou cantar e con 13 aniños boteime ás aldeas como se foran a frauta de Amelíe. Quería saber, e o que aconteceu foi que o vivín, vivín un mundo de creación colectiva con outros acordos de vida, totalmente ecolóxicos, convivindo o patriarcado coa matrilinialidade, o transo da música e o baile máis perfectos que escoitara xamais. Eu creo nas vivenzas, esto é o que nos imos levar. O éxito é un constructo que non me interesa, en canto deixen de falar de nós tornaremos seres tristes sen anclaxes e iso rexeitoo totalmente. Eu admiro iso, o saber estar aquí e agora, vivir cada momento sen que o externo diga o que é válido ou non.  

Qué consello lle daría a xuventude de hoxe en día? Que cuestionen os acordos existentes e que tenten ser ecolóxicos no significado máis amplo da palabra ( non me refiro a reciclar que tamén :))"


Entrevista a Marta Iglesias

Neste caso, José Luis Serantes ex-alumno, entrevista a Marta Iglesias que rematou os seus estudos en Monelos no ano 1992, e que actualmente é profesora de Formación e Orientación Laboral no IES Fernando Wirtz Suárez da Coruña. Moitísimas grazas a José Luis polo traballo realizado e a Marta polo seu tempo e por contarnos as súas experiencias vitais no Monelos.

¿En qué año entraste en Monelos y cuántos años estuviste estudiando allí?

Entrei no ano 1988 e estiven 4 anos (BUP e COU).

¿Qué es lo que recuerdas con más cariño?

Recordo os anos do Instituto como unha etapa moi chula, na que o pasei moi ben e fixen moitos amigos. Era un centro con moi bo ambiente no que se organizaban bastantes actividades fora do que era o estritamente académico

¿Tu paso por Monelos dejó alguna huella en tu vida que nos quieras contar? ¿Alguna anécdota especial?

Os anos no instituto  foron os meus mellores de estudante e si me marcaron en moitas cousas: comecei a falar en galego, aínda que tardei algúns anos máis en utilizalo como a miña única lingua. Tamén penso que foi no instituto onde empezou a miña inquietude profesional, parecíame que ser profesor podería gustarme, aínda que non o tiña nada claro! 

Non lembro ningunha anécdota en particular! Si algunha falcatruada que vou a omitir...

¿Qué consejo les darías a los chicos y chicas que estudian hoy en Monelos?

Diríalles que disfruten moito, que aproveiten todas as oportunidades que lle ofrece o centro, que participen na súa vida cultural e nas actividades que lles propoñan, e que tamén estuden un pouco claro. Esta etapa vai a ser o inicio de etapas máis duras, outros estudos ou a vida profesional,  e probablemente influirá moito máis do que creen no seu futuro laboral.

¿Recuerdas especialmente a algún compañero de Monelos? ¿Sigues estando en contacto con algunos de estos compañeros de instituto?

Por suposto! A miña mellor amiga é do Instituto e manteño contacto con moitos compañeiros. É verdade que a algúns perdinlles a pista e que con outros recuperei o contacto anos despois cando os reencontrei no barrio, no traballo...

¿Qué profesor/es recuerdas con más cariño? ¿Por qué?

Teño recordos positivos de moitos, pero recordo con especial cariño a Luísa, de lingua castelá. Era moi boa profesora, conseguía que todos  aprenderamos moito e o pasaramos ben. Que máis se pode pedir! Xa me gustaría a min!. 

¿Qué recomendarías a los nuevos alumnos de cara al futuro con los estudios superiores? ¿Deben fijarse más en la salida laboral o en su vocación?

Creo que é máis importante a vocación dende logo. Se cres que algo che gusta e pensas que ademais podes facelo ben, eu intentaría prepararme o mellor posible para conseguilo,  sen dúbida  logo serás quen  de atopar unha saída profesional.

¿Desde cuando tienes interés por el derecho? ¿Tenías clara tu elección de la carrera?

O meu interese polo dereito debo dicir que nunca foi tal se falamos en xenérico. Cando rematei o Instituto, aínda que xa tiña na miña mente o ensino, matriculeime en dereito un pouco porque me convenceron de que había ter máis saídas. Logo pois houbo ramas do dereito que me gustaban moito, como a parte social e laboral, e outras que menos.

¿Por qué preferiste impartir clases en vez de ser abogada?

Nunca tiven moi claro que quixera ser avogada e antes de rematar a carreira xa decidín que ese non había de ser o meu futuro profesional. Encantábame o dereito laboral e tiña unha compañeira que tiña un pai profesor de FOL. Que máis podía pedir, podía adicarme ao ensino na parte que máis me gustaba do dereito. Tíveno bastante claro xa no 4º ano da carreira e saíume ben!

¿Cómo profesora crees que la materia de FOL debería de impartirse en bachillerato aparte de en los ciclos de formación profesional?

Creo que FOL é un módulo que debe propoñerse como algo esencialmente práctico e útil. Gustaríame que a xente que cursara o módulo coñecerá un pouco máis o mercado laboral e que tivera as ferramentas para loitar por melloralo. Paréceme útil para o bacharelato tamén, aínda que penso que son contidos que tamén se traballan en economía e ciencias sociais.


Entrevista a José Manuel Sánchez Santos

José Manuel Sánchez Santos

Profesor titular de la Facultad de Economía y Empresa. 

Universidade da Coruña

Promoción de 1986

Sara Fernández Serrano.

Estudiante de la Facultad de Economía y Empresa. Universidade da Coruña.

Promoción curso 2013/2014

1. ¿En qué año entraste en Monelos y cuántos años estuviste estudiando allí?

 Entré en el año 82, el año del mundial de España, y estuve desde el 82 hasta el 86; en total cuatro años, tres años de BUP y un año de COU.

2. ¿Qué es lo que recuerdas con más cariño de Monelos?

 Lo que recuerdo con más cariño es tanto a los compañeros como a los profesores; la atmósfera que había allí era realmente agradable en todos los sentidos, a pesar de que era una época complicada por problemas que afectaban en aquel entonces a la juventud en los ámbitos urbanos (el tema de las drogas y demás).  A pesar de esto era una especie de oasis, había muy buena sintonía entre el profesorado y el alumnado y yo, que venía de un entorno rural, fui muy bien acogido.

3. ¿Tu paso por Monelos dejó alguna huella en tu vida que nos quieras contar? ¿Alguna anécdota especial?

 Hay un dicho que dice que la patria de uno es donde estudia su bachillerato, en ese sentido yo lo comparto, te marca mucho el sitio donde estudias el bachillerato, tanto o más que la universidad. Por otra parte,  la edad con la que estudias bachillerato es un ciclo de tu vida que te marca en varios sentidos y en cierta medida influye en cómo se va a configurar tu vida en el futuro y me marcó sobre todo el hecho de encontrarme en un instituto con un profesorado muy vanguardista, muy progresista, muy comprometido con Galicia, con la cultura de Galicia. De hecho quizás lo que más me marcó, ahora que desarrollo mi actividad en el ámbito docente, es el trato que tenía con algunos profesores; estoy convencido que eso condicionó la elección que hice en mi vida de dedicarme a la docencia, en este caso a la docencia universitaria, y estoy convencido que también condiciona mi forma de comportarme como profesor.

 4. ¿Qué consejo les darías a los chicos y chicas que hoy estudian en Monelos?

 Primero les diría que fuesen conscientes de que están en el lugar adecuado en el momento oportuno y después les daría un consejo que no es mío, pero por no hacer alarde innecesario de erudición les diría aquello de que estudiasen como si fuesen a vivir siempre y que viviesen como si fuesen a morir mañana, es la clave. Pero, el consejo es evidente, la formación va a ser clave para su futuro y tienen que conjugar el disfrutar con el formarse y están en un muy buen instituto, en ese sentido, para conjugar ambas vertientes.

 5. ¿Recuerdas especialmente a algún compañero de Monelos? ¿Sigues estando en contacto con algunos de estos compañeros del instituto?

 La verdad es que no mantengo contacto frecuente con muchos compañeros, pero sí recuerdo a algunos y hay uno en especial que ahora es conocido en su ámbito de actuación que es Mercedes Peón (cantante e instrumentista gallega) que era de mi promoción. Recuerdo que por aquel entonces, antes de que fuese conocida, ya empezaba con sus inquietudes sobre ese tema y luego cuando ves cómo progresa y la proyección que tiene, pues te hace ilusión. Después sí que he de reconocer que no mantengo relación habitual con mis compañeros pero sí que los recuerdo con mucha nostalgia y cada vez más.

 6. ¿Qué profesor/es recuerdas con más cariño? ¿Por qué?

 Es difícil elegir a uno porque hubo varios, quizás los que más me marcaron, que condicionaron incluso mi forma de actuar en la universidad, fueron  Tino Fraga (Profesor de Biología) y  Paco Pernas (Profesor de Física y Química). Para mí Paco Pernas fue una especie de catarsis, es decir, la forma que tenía él de comportarse, de motivar, de incentivar a la gente, incluso de alguna manera, de despertarnos.. para mí fue el despertar, a mí me ayudó a hacerme fuerte como alumno y luego tengo que reconocer que copié algunos de los elementos de motivación que tenía él y creo que es muy fructífero, independientemente de que a veces lo pasaba fatal, pero me parece que era un buen método.

 Despúes hay otro profesor que se llamaba Carlos que era sacerdote y profesor de religión, y también para mí que venía del ámbito rural, el pérfil de un sarcedote era cualquier cosa menos el que tenía este hombre, era algo atípico para ese entonces y resultaba muy estimulante.

 Pero si tuviese que elegir, elegiría a Paco y a Tino.

 7. ¿Desde cuándo tienes interés por la economía? , ¿tenías clara la elección de la carrera?

 No, creo que no hay muchas vocaciones por la economía. Barajé muchas opciones, una de mis mayores limitaciones era mi inseguridad con el dibujo técnico y eso fue lo que hizo que descartara algún tipo de ingeniería, que sería por lo que yo probablemente tiraría y luego al final acabé escogiendo por algunas razones que no son muy objetivas como la proximidad a tu casa, el coste. Tampoco fue una elección totalmente aleatoria, miré las asignaturas, el programa, y era algo que me llamaba, especialmente porque no tenía idea sobre esos temas y entonces me decía: yo quiero saber de esto. Pero tengo que reconocer que así como no se puede decir que tuviese una vocación cuando entré, ahora estoy encantado de haberlo hecho. La vocación desde luego surgió después de empezar a estudiarla, y volvería a hacer esa elección.

 8. ¿Qué recomendarías a los nuevos alumnos de cara al futuro en relación con los estudios superiores? ¿Deben fijarse más en la salida laboral o en su vocación?

Es muy difícil responder a esta pregunta, pero yo apostaría por la vocación, estoy convencido, y le he dado bastantes vueltas a esta cuestión. Estoy convencido de que si uno elige su vocación siempre va a seguir adelante y tiene muchas más posibilidades de encontrar un empleo que más que un empleo será una forma de vida, que para mí es lo ideal.