Ao longo deste curso 2024-25 estivemos traballando na horta coa noso monitora Laura Gaioso. Todos os mércores acompañados polo noso profesor Cristian, baixábamos ao patio e faciamos o traballo que tocaba.
Os días nos que non era posible o traballo ao ar libre quedabamos na aula e repasabamos conceptos teóricos.
Foi un ano moi productivo non só pola colleita se non por todo o que aprendemos. Moitas grazas Laura por transmitirnos o teu coñecemento e por ter tanta paciencia para aturarnos!
O teu alumnado de 3º PDC.
29 de xaneiro de 2025
19 de febreiro de 2025
12 de marzo de 2025
30 de abril de 2025
28 de maio de 2025
Xa temos os bancales preparados do que será a nosa nova horta. Dispoñerá dun sistema de rego automático controlada a través dunha App. O alumnado de terceiro e cuarto de PDC será o que participe da súa xestión.
Desde a perspectiva da innovación educativa e da educación ambiental, o horto como recurso educativo supón un instrumento de primeira orde, debido a que permite poñer en práctica unha aprendizaxe activa e cooperativa baseado na resolución planificada de problemas, así como un eficaz desenvolvemento de actitudes e valores conducentes a uns comportamentos máis comprometidos coa conservación e mellora da contorna e coa utilización sostible dos recursos ambientais.
Moitas grazas á Fundación Paideia pola súa inestimable axuda no financiamento e posta en marcha da nosa nova horta escolar!
Xa temos preparada a nosa primeira horta didáctica do curso. A teñen os nosos alumnos e alumnas de 3º e 4º de Diversificación.
Hotel de Insectos, creado e feito todo a man polo alumnado. Agora as xoaniñas teñen refuxio, e de agradecemento combaten os pulgóns que atacan ás nosas fabas!!
Os nosos alumnos e alumnas de 2º de ESO PMAR foron de visita con Laura Gaioso ás Ecohortas de Eirís.
Fixeron este traballo para mostrarvos o que viron e aprenderon.
Ben feito, rapaces!
Laura Gaioso é a que se encarga de coordinar todo o proxecto do horto. É experta en horticultura ecolóxica e guíanos no deseño dos cultivos en como sanear a terra, en cal é o mellor momento para realizar as plantacións, ensínanos a facer abono ou compost natural, como protexer as plantacións de calquera especie ou animal invasor, como usar as ferramentas de labranza e día a día imos aprendendo máis sobre a horticultura.
Agora mesmo estamos a cultivar chícharos, cenorias, remolachas, ravos, coliflor, coles, leituga…
Traballamos a terra para que sexa posible plantar, regar, fertilizar, saneala e planificamos que plantas plantar xuntas e cales separadas. Retiramos as malas herbas, aireamos o terreo co ¨sacho¨ ou aixada, rastrillamos, abrimos camiños ou orificios onde depositar as sementes, regamos e… a esperar. Todo o que plantamos é orgánico porque non empregamos productos químicos.
Primeiro imos a por as ferramentas e levámolas ao horto. Repartímonos en cada bancal e poñémonos a sanear quitando malas herbas. Despois, poñémonos a plantar e poñémoslle cascas de ovo para que os caracois, babosas,.... non se acheguen ás cousas que cultivamos.