APUNTAMENTOS

ÍNDICE

2. Que é a rede xeográfica da Terra?

1. Como é o planeta Terra por dentro e por fora?

Os apuntamentos están tomados maioritariamente dos libros de texto das editoriais Santillana, SM, Baía e Vicens Vives.

ESTRUTURA | AS CAPAS DA TERRA

O planeta Terra é o resultado da evolución dun longo proceso que durou millóns de anos. Ao principio a Terra era unha gran masa de material incandescente e fundido. Estaba máis preto do Sol e era azoutada por choques de meteoritos. Segundo o planeta situábase no seu lugar do Sistema Solar, foise arrefriando e os choques dos meteoritos diminuiron. Durante ese tempo foron diferenciándose capas de distinta composición e grosor formadas por algúns elementos sólidos, líquidos e gasosos.

Se cortásemos a Terra ata o seu centro, desde a zona máis exterior á máis interior, mostraría unha estrutura en capas concéntricas. Segundo a súa composición e características diferénciase as seguintes capas:

Las capas de la tierra para niños - Atmósfera, biosfera, hidrosfera y geosfera (1080p_25fps_H264-128kbit_AAC).mp4
Smile and Learn: Las capas de la tierra: Atmósfera, biosfera, hidrosfera y geosfera

SECCIÓN BILINGÜE

National Geographic: La Tierra 101

ACTIVIDADE DE AMPLIACIÓN | NON OBRIGATORIA

A entrega das actividades de ampliación remata un mes antes da data de avaliación.

Cales son as capas da Terra?

Esta actividade de ampliación consiste en aplicar os coñecementos da unidade para realizar unha maqueta das capas do planeta Terra.

Para realizar a actividade debes mirar os vídeos que hai a continuación e realizar a túa maqueta como máis te guste. Procura empregar materiais de reciclaxe. A maqueta ten que sosterse en pe e ter diferentes carteis cos nomes e información relavante das diferentes capas en galego e tradúce os nomes das capas ao inglés.

maqueta de las capas de la tierra (480p_22fps_H264-128kbit_AAC).mp4
ANAL Lessdy art: Maqueta de las capas de la Tierra
COMO HACER LAS CAPAS DE LA TIERRA CON UNA BOLA DE ICOPOR paso a paso (1080p_25fps_H264-128kbit_AAC).mp4
hagamos algo ya: Como hacer las capas de la Tierra
Origen de la Tierra HD - Documental Completo 2016 (720p_25fps_H264-192kbit_AAC).mp4
National Geographic: A orixe da Terra (DOCUMENTAL)
SCI_Earth_101_ES~~~~~es~mux~~1_273024581063_mp4_video_1920x1080_4000000_primary_audio_eng_6.mp4
National Geographic: A Terra 101 (DOCUMENTAL)

ESTRUTURA | HISTORIA XEOLÓXICA

Durante o seu proceso de formación, o planeta tiña unha grande actividade volcánica. Por esta razón, na parte exterior da codia formáronse outras capas que están interrelacionadas e deron lugar á Terra como a coñecemos hoxe en día:

Neste proceso, os continentes foron mudando de forma (e segue a ser así). De feito, existen probas fósiles e xeográficas que demostran que, nalgún momento, os continentes estaban unidos nun gran supercontinente que se coñece como  Panxea.

SECCIÓN BILINGÜE

MATERIAL COMPLEMENTARIO | NON OBRIGATORIO

¿Por qué hay vida en la Tierra_ [video infografía] (1080p_25fps_H264-128kbit_AAC).mp4
BBVA: Por que hai vida na Terra [video infografía]
Evolución de la Tierra (II)_ Catástrofes globales (720p_25fps_H264-192kbit_AAC).mp4
BBVA: Evolución da Terra (II) Catástrofes globais

2. Como pode moverse un continente?

Os apuntamentos están tomados maioritariamente dos libros de texto das editoriais Santillana, SM, Baía e Vicens Vives.

FORMACIÓN DOS CONTINENTES | TECTÓNICA DE PLACAS

As áreas do planeta non cubertas polos mares e océanos divídense en grandes masas de terra ás que chamamos continentes*. Na actualidade existen seis continentes: Europa, Asia, África, América, Oceanía e a Antártida.

SECCIÓN BILINGÜE

Para explicar a formación dos continentes, Alfred Wegener propuxo en 1912 a Teoría da Deriva Continental. Esta teoría demostraba que, nalgún momento da historia da Terra, os continentes estiveron unidos e que, aos poucos, separáronse formando os continentes actuais. 

Non obstante, esta teoría non podía explicar como se movían os continentes polo que nos anos 60 apareceu a Teoría da Tectónica de Placas. Esta teoría demostrou que a codia está dividida en placas tectónicas* que flotan e se desprazan sobre o magma da capa inferior. Sobre as placas aséntanse os continentes e os océanos.

Alamy: Alfred Wegener en Groenlandia
How Earth Will Look In 250 million Years (1080p_24fps_H264-128kbit_AAC).mp4
Insider Tech: How Earth Will Look In 250 million Years

FORMACIÓN DOS CONTINENTES | MOVEMENTOS DE PLACAS

MOVEMENTO DE DIVERXENCIA

Cando as placas se separan orixinan fendas ou fracturas por onde sae o magma do interior da Terra formando, fallas como o Rift Valley, a dorsal atlántica no fondo do océano ou illas volcánicas como Islandia. Este proceso supón a creación de nova codia terrestre .

Dorsal Mesoatlántica
Valle del Rift, el milagro de los maratonistas (1080p_25fps_H264-128kbit_AAC).mp4
Un mundo Inmeso: Valle del Rift, el milagro de los maratonistas
Valle del Rift en África

MOVEMENTO DE CONVERXENCIA

Cando dúas placas de dureza similar chocan provocan o pregamento ou a fractura da codia dando orixe a sistemas montañosos como o Himalaia

MOVEMENTO DE SUBDUCIÓN

Cando dúas placas de diferente dureza chocan a máis branda  deslízase baixo a outra dando orixe á aparición de sistemas montañosos como os Andes, foxas oceánicas como o Abismo de Challenger e illas volcánicas como Xapón, Filipinas e Indonesia. Este proceso supón a desaparición de codia terrestre e provoca unha gran actividade sísmica e volcánica especialmente visible no  Cinturón de Lume do Pacífico. 

Anillo de Fuego, la gran zona de terremotos y volcanes (1080p_25fps_H264-128kbit_AAC).mp4
Un Mundo Inmenso: Anillo de Fuego, la gran zona de terremotos y volcanes
Fotografía da Cordilleira dos Andes tomanda dende o espazo.

SECCIÓN BILINGÜE

Plate Tectonics for Kids _ Tectonic plates explained (1080p_30fps_H264-128kbit_AAC).mp4
Learn Bright: Plate Tectonics for kids
What Are Tectonic Plates_ Our Earth and Its Movements (1080p_25fps_H264-128kbit_AAC).mp4
ClickView: What Are Tectonic Plates? Our Earth and Its Movements

FORMACIÓN DO RELEVO | AXENTES INTERNOS E EXTERNOS

O relevo terrestre está en continua transformación como consecuencia da acción exercida por:

EFECTOS PROVOCADOS POLAS
FORZAS INTERNAS DA TERRA

3. Cales son as principais formas do relevo?

Os apuntamentos están tomados maioritariamente dos libros de texto das editoriais Santillana, SM, Baía e Vicens Vives.

FORMAS DO RELEVO | RELEVO CONTINENTAL

Clasificaremos as formas do relevo segundo a súa posición con respecto aos continentes:

As principais formas do relevo que atopamos no interior dos continentes son:

FORMAS DO RELEVO | RELEVO COSTEIRO

A costa é a zona de contacto entre a terra emerxida e os océanos ou mares onde podemos atopar os seguintes elementos do relevo:

FORMAS DO RELEVO | RELEVO OCEÁNICO

As principais formas do relevo que atopamos no fondo dos océanos son:


4. Como é o relevo europeo?

Os apuntamentos están tomados maioritariamente dos libros de texto das editoriais Santillana, SM, Baía e Vicens Vives.
ANAYA: Mapa físico de Europa

EUROPA | RELEVO CONTINENTAL

No relevo de Europa predominan as superficies planas, as chairas, no centro e norte do continente, formando a Gran chaira europea. No sur do continente encóntranse as grandes cordilleiras montañosas de grande altitude e formas abruptas: Pirineos, Alpes, Apeninos, Cárpatos e Cáucaso. Nestas cordilleiras encóntranse os picos máis altos de Europa: o Elbrus, no Cáucaso, con 5.642 m; o Montblanc, nos Alpes, con 4.807 m, o Aneto, nos Pirineos, con 3.404 m. No noroeste e no norte predominan as mesetas e os macizos antigos, moi erosionados, con formas redondeadas e de altitudes menores, como os Montes Escandinavos e o Macizo Central Europeo.

Os ríos europeos están organizados en diferentes vertentes. No Océano Glacial Ártico desembocan o Pechora e Dvina setentrional. No Atlántico, o Dvina, Vístula, Elba, Rin, Sena, Loira, Texo e Guadalquivir. No Mediterráneo, o Ebro, Ródano e Po. No Mar Negro, o Danubio, Dniéster, Dniéper e Don. No Mar Caspio desenbocan o Volga e o Ural.

EUROPA | RELEVO COSTEIRO

As costas europeas son moi recortadas e existen diversos tipos de relevo costeiro: