O noso museo 

De que vai tratar o noso museo?

Os museos, e as exposicións que conteñen, serven para ensinar algo. E cando digo ensinar referímonos tanto a “amosar obxectos” como a “explicar algo” sobre eles. Por iso, para facer un museo, precisamos saber que imos ensinar e que se pode aprender dese tema.

1. Escolle un dos seguintes países europeos como tema do museo:

Grecia

 37°N 23°E

Dinamarca

 37°N 23°E

Alemaña

52°N 13°E

Noruega

 59°N 10°E 

Francia

48°N 2°E

Italia

41°N 12°E

Países Baixos

52°N 4°E

Austria

48°N 16°E

TEMÁTICA | XEOGRAFÍA EUROPEA

O museo de cada país debe tratar obrigatoriamente os seguintes apartados:

Elaboración dun mapa político de coordenadas.

Elaboración e análise dun climograma.

Análise dunha pirámide
de poboación.

LINGUAS

Elección de
obxecto libre.

GASTRONOMÍA

Elección de
obxecto libre.

ARTE

Recreación dunha obra de arte que haxa nese país.

Todos os museos deben ter obrigatoriamente os seguintes obxectos á disposición dos visitantes:

PLANO

Distribución dos obxectos e percorrido que realizan os visitantes.

CARTELAS

Carteis coa identificación das pezas e a información máis importante.

TRÍPTICO

Folleto informativo coa información básica sobre o museo e a súa temática

2. Decidide en grupo sobre as seguintes cuestións e anotádeas nos vosos cadernos:

Quen traballa nun museo? Todos!

FUNCIÓNS | OS TRABALLOS DOS MUSEOS

3. Visualiza as páxinas do libro que tes a continuación e responde ás preguntas:

4. Distribuide, entre as seguintes opcións, a función que vai ter cada membro do grupo:

COMISARIADO

Persoa encargada de organizar a exposión e organizar o percorrido dos visitantes. Tamén deberá dirixir o equipo e manter un bo clima de traballo. 

Que orde van seguir os visitantes?, por que?, vas diferenciar cada apartado por zonas?, cada zona vai ter o seu título?

DOCUMENTACIÓN

Persoa encargada de reunir toda a información sobre os obxectos que se van expoñer. Tamén deberá seleccionar e organizar coidadosamente a información.

Como imos a identificar cada peza?, que información imos presentar xunto ás pezas?,  que quero que os visitantes aprendan?, cal é a información máis importante?

DESEÑO

Persoa encargada de distribuir os obxectos no espazo e asegurarse da presentación. Tamén emprega os textos para facer os carteis de cada peza. 

Vas colocar os obxectos no chan ou vas  colgalos na parede?, como van ser os carteis?, onde os colocarás?